Blogia
Calvaris in Deutschland

Frühlingfest

Frühlingfest Onte tocou deixar a Laura no aeroporto. Despois fixen algo de papeleo co caseiro e tal e despois a xantar.
Despois, pola tarde fomos á Frühlingfest outra vez, que había 2x1 en cervexa nunha cervexería. Así que alá fomos. Ao chegar, os franceses animáronnos a ficar con eles, así que así o fixemos. Chegaron tamén todos os españois. Andabamos por alí dun lado a outro, bailando cuns e con outros e tamén collín un bo cagallón que me fixo pasar unha mala noite, pero paseino ben, agás porque a persoa que máis quero no mundo estaba xa camiño da casa :-(
Despois atopeime cos meus veciños e voltei para casa.

0 comentarios