Blogia
Calvaris in Deutschland

San Patricio

San Patricio O día 17 de marzal, foi a véspera de San Patricio, pero sen piedade ningunha, clase coma sempre ás 8:00. Pero hoxe na Pausa tiven que ir facer a matrícula, que só abren pola mañá. Só tiven un problema que me levou 20 minutos solucionar. Resulta que aquí para pagar certas taxas, precisas meter un papeliño nunha caixiña do banco, pero con este sistema, non me puxeron ningún selo no recibo. Co cal, eu pagara, pero non tiña constancia, co cal tiven que ir ó banco a facer o extracto de movementos onde se vise reflexado o cargo de 68€ da universidade. E por fin descubrín para que servía o cartonciño azul que nos deran e é para meter estes papeliño que che dá a máquina dos extractos.
Despois pola tarde, véspera de San Patricio, fomos ó centro a ver se atopabamos un pub irlandés onde puidesemos tomar unha pinta, pero despois de dar un rodeo tremendo, voltamos ó do principio, que estaba ateigado de xente, o que nos fixo ir ó bar do lado a tomar unha cervexa ben boa.
De esqueda a dereita: o finés simpático, eu, a autraliana egocéntrica imbécil, o australiano tremendamente gay, pero moi bo rapaz. A australiana simpática e os tres cataláns.

0 comentarios