Blogia
Calvaris in Deutschland

Os novos

Os novos Estes días estiven a traballar bastante para ver se pechamos xa a implementación. Hoxe por sorte, puiden rematar dúas cousas que falei con Dominique e ademais, descubrín onde carallo estaban ese 100MB de memoria que estaban camiño a Cuba de memory leaks e resulta que todos os paquetes Hello que enviaba non estaban a ser ceibados. Iso quería dicir, cada nodo xeraba un paquete por segundo que se multiplicaba adecuadamente para entregalle unha copia a cada veciño, así que xa podedes imaxinar. Agora aínda teño algúns, pero de menor importancia e a maioría que creo que non son meus. Por exemplo e podo ceibar todo iso, pero cando o simulador me bota fóra un paquete sen me avisar, a memoria céibaa el, pero ao seu xeito, é dicir, os vectores que eu reservo, vanse ao carallo. Agora o único que fica por facer é enviar correctamente aos nodos a información e que estes a usen para o enrutamento, mais moito soporte para isto xa está feito.

Pois nada, que os españois novos xa están a se xuntar, así que adiviño que o van pasar moi ben todos xuntos, porque parecen moi boa xente. Eu estiven con moi boa parte deles onte no centro, ao que teoricamente iamos xogar ao bolos, pero o sitio ao que iamos estaba cheo e non podiamos agardar por dúas rúas, por sermos 15 persoas. Asi que marchamos á feira do viño, que estaba petadísima, co que só ficaba dar unha volta por aí. Rematamos a noite onde se ve na foto, que é a terraza a modo de praia da que xa falou Laura cando estivo aquí e que eu aínda non visitara. Estivemos aquí un bo cacho e despois algúns marchamos para casa, porque nos tiñamos que erguer cedo. Na foto pódense ver algúns dos novos, pero terei que facer mellores fotos. De todos modos explícovos:

  • O que está sentado na cadeira á esquerda da foto é Juan Pablo, un chileno novo.

  • Á que está de costas que se lle ven as bragas é Iris, unha que estuda arquitectura en Madrid

  • Xusto á dereita dela, está Mario, o alemán de Brandenburg, moi simpático e que parece que lle estaba a facer as beiras a ela, coma di Shin Chan, enchíalle o ollo.

  • O que está na cadeira á dereita de Mario é Juan Gabriel ao que non se lle ve a cara

  • Á dereita de Juan Gabriel está Elena, que parece que lle encheu o ollo ao polaco que está ali ao lado e que non paraba de meter fichas a ver se conseguía o premio. Eu acho que non lle ha faltar moito.



Sen seren novos, pero que aínda non presentei a ninguén, están xusto á miña dereita Jasper, un holandés un pouco raro e despois Till un suevo supersimpático, co que iremos ao fútbol para animar ao Stuttgart.

Hoxe ao saír da facultade tamén, ceei con eles, aínda que me vin antes para falar con Laura e deitarme, iso si despois de botarlle a bronca a un italiano novo, que cría que as miñas cousas eran comúns, pero non contento con iso, deixábaas alí arriba sen lavar, así que ao final entrou polo aro...

0 comentarios