Zahnradbahn

- 1:17 con todo na caché
- 3:33 sen usar ccache
- 4:04 coa caché baleira. Por por de ter que facer os hashes e todo iso .
Como se pode comprobar o uso de ccache aforra moito traballo, sobre todo cunha configuración que non usa Automake, só Autoconf e que cada vez que troco un ficheiro de cabeceiras, fórzame a facer un make clean . Quizais poidese facer algo para arranxalo, pero co ccache xa teño unha boa solución.
Ao chegar a hora, fun buscar a Laura e marchamos a probar un novo método de transporte que descubrín no mapa do U-Bahn. Trátase do Zahnradbahn ou tren da roda dentada, que vai dende Marienplatz até Degerloch. Así que alá nos fomos e puimos comprobar que era como se ve na foto, que provén da Wikipedia. Tendo incluso na parte de atrás (ou de adiante, segundo o sentido no que o collemos nós) un remolque para levar bicicletas (só as bicis, os ciclistas teñen que ir dentro). Foi bastante interesante, lembroume un pouco á miña liña preferida de transposte da cidade, que é algo un pouco exótico. A ver se mañá levamos a cámara para facer unhas cantas fotos ás vistas...
Ao rematarmos voltamos para casa, onde nos puxemos a traballar até agora. Xa nos deitaremos en breve, que temos que erguernos moi cedo mañá.
0 comentarios