Blogia
Calvaris in Deutschland

Varios días

Varios días Este martes estiven a traballar bastante porque ao día seguinte tiña bastantes cousas que facer, entre elas traballar, acompañar a Cristian até a consulta, onde tamén traballei mentres estabamos a agardar...
O mércores tiña a cita con Dominique, e co que estiven falando dende as 3 até as 4. Esta vez polo menos, estivo ben. Non me votou bronca coma a outra vez.
Despois fun á proba final do título de portugués na Universität Stuttgart. Resultoume moi sinxelo facela a pesar de que apenas fun a clase un mes para a aprender a ortografía. Iso vai para a xente que di que non son o mesmo idioma ;-) A primeira parte foi unha de buscar pór sinónimos de expresións. Iso non me resultou sinxelo, porque por exemplo, como atopar un sinónimo de "sem dúvida"? Eu ao principio pensei que non se podían usar as palabras coa mesma raíz, ou que había que trocalas todas, pero ao final puxen ahí "induvidavelmente". O segundo era de respostar a unhas cantas preguntas do texto, pero podíase copiar literalmente, así que foi moi sinxelo. E a terceira era de conxugación. Despois pasamos á outra parte, onde había que respostar xa a unhas preguntas que non eran inmediatas coma as do segundo exercicio da primeira parte a outra parte era de escribir a miña opinión sobre o texto, que neste caso era sobre as grandes superficies, que abren por exemplo o día de noiteboa ás 10 da mañá e pechan o día de Nadal ás 6 da tarde. O primeiro texto, que me esquecera, era sobre como se tiña que chamar a lingua do brasil, e que é portugués brasileiro, etc.
E onte, pois a traballar un pouco e despois pola tarde, a iso das sete a tomar algo. Resulta que había cervexa de balde no campus, polo menos os 50 primeiros litros. Despois marchamos ao centro, que non era tal centro a un Biergarten coa vista que se ve na foto, de onde marchamos cedo, porque estabamos bastante cansos. Despois eu vin a peli "Secretary", que me molou mogollón :-)

0 comentarios