Zum Geburstag viel Glück!

Despois o portugués-americano invitounos a min e máis a Désirée (os demais ían mercarme o agasallo de cumpreanos) a xantar algo que el mercara. Resulta que era un queixo curado (que non me gusta) e un chourizo con pan, e algúns morangos que a verdade é que estaban caralludos. E mentres xantabamos isto vimos unha película que se chama "Barcelona", que trata sobre dous americanos que van a Barcelona e non entenden o problema que hai coa OTAN aquí, que a xente está en contra e iso. Divertida.
Pola tarde fun a mercar algo para a festa de cumpreanos que tiña que preparar. Como me pediron 25 por unha tarta, decidín mercar no súper uns cantos pasteis. Para beber, merquei catro litros de viño "Lorenzo" e catro litros de medio de CocaCola, xunto cun pouco de zume de cereixa para facer un bo kalimotxo. A min non me gusta, pero aos demais si. A verdade é que a xente pasaouno ben. Eu tamén, pero boitei moito de menos a todos os meus amigos, que estades aí na patria e sobre todo ó meu pai, e á persoa máis especial que hai na miña vida e pola que cada día me é máis difícil ficar aquí, pero que por sorte, xa vén en 11 días :-) De agasallos, o primeiro e máis especial, porque viña da patria, era unha pequena chapa que levo posta na foto, que pon "Non son o típico friki". Por suposto que non son o típico friki, son un moito mellor ;-) Os de aquí déronme unha camisola da DDR (Deutsche Demokratische Republik), é dicir, da Alemaña comunista, que tamén levo na foto, xunto cunha espada láser caralluda (que por suposto levarei á estrea do Episodio III) e un póster do mestre dos mestres, Yoda, no que na parte traseira me firmaron todos. Foi todo xenial, agás pola xente que faltaba :-(
Despois fomos a unha discoteca, onde (agora voume por un pouco escatolóxico) puiden cagar. Totalmente incríbel para min facer isto nunca discoteca. Os baños estaban limpos e non só isto, senón que ademais, tiñan papel! De todos os xeitos estivo ben. Valeu 5, pero era de calidade, con dúas pistas (e papel no baño ;-) ) e non moita xente. Non pedín nada, pero na barra non había que agardar 5 minutos a que che venderan unha triste cervexa...
0 comentarios