Blogia
Calvaris in Deutschland

Días de traballo

Días de traballo Estes días están sendo días de intenso traballo para ver se tiro cara adiante o meu proxecto. Á fin rematei cos Hello Packets e agora estou a me pegar contra os grafos. Non fago máis ca traballar, e xa estou un pouco canso. Comezo a botar moitas cousas de menos e xa teño ganas de voltar, o que me fai traballar máis para conseguilo antes e me acrecenta este mini agobio que comezo a ter, porque xa vexo a meta aí á volta.

Días de traballo que non tiveron máis descanso que os xantares e as ceas. O sábado pola noite, por exemplo, fomos cear con Daniel, o alemán que se ve no medio da foto, que coñecín na GUADEC, na que estiven de organizador con el, e por suposto con moitísima máis xente, pero del quedoume algo máis porque estivo tres anos en Mexico e durante toda a organización só puiden falar con el en Español. Moi bo rapaz. Pois iso, que fomos cear ao restaurante que hai en Rotebühlplatz, que teñen comida bávara. Eu, por suposto, tomei a pata de porco ou Schweinshaxe con Semmelknödeln (ollo aos graciosos), que non é ningún mollo especial, senón unhas bolas (tampouco arranxo moito) que están feitas de fariña, e un mollo feito a base de cervexa, que todo o mundo que estivo comigo en Alemaña, sabe que me encanta. Despois tomamos algo e despedímonos de Cristian (o da dereita da foto), que voltaba unha semaniña a Barcelona para estar con seus pais, que digamos que non está para botar foguetes dende que rompeu coa súa moza.
Onte tamén cociñamos ao mediodía. Fixemos outra vez Semmelknödeln, pero esta vez de feitoría, tanto en bóla, coma de tipo Böhmische Art, todo con mollo especial de Dores. Para facer os Semmelknödel Böhmische Art utilizamos a preparadora de arroz de Cliff que o fai ao vapor. Despois de usala, a Laura e mais eu entrounos a febre polos electrodomésticos que queremos ter o día de mañá, entre os cales está o de cociñar ao vapor e por suposto a máquina do pan. Estivemos a mirar na web de El Corte Inglés para ver se nos compensa mercalas aquí ou xa en Galiza. A máquina do pan será mellor mercala aquí, porque estiven a buscar algunha que tivese dous compartimentos para non ter que cociñar sempre un pan grande e só atopamos unha ao prezo de 40€, que posibelmente merquemos hoxe, así que que xa vos contaremos. Sobre a do arroz xa veremos se aquí ou alá, porque a Laura lle gusta a de El Corte pola tapa transparente que ten, aínda que quizais aquí se poida comprar moito máis barata. O carallo é que hai que mirar se compensa tamén polo transporte, que nin eu nin ela poderemos levar todo iso na maleta...

Por suposto, a maioría das comidas estiveron acompañadas por un capítulo da derradeira tempada de Los Serrano.

0 comentarios