Blogia
Calvaris in Deutschland

BMW

BMW Pois hoxe erguinme tarde porque onte vira unha película. Traballei un pouco pola mañá e despois fun xantar con Eloi, Cristian e Jero, coma sempre e como estes tiñan que marchar de volta ao laboratorio fiquei con Cristian a tomar un café. Cando marchou voltei a casa a baixar o capítulo de Naruto e a velo tamén. Despois, pola tarde traballei un pouco e a agardar até que voltase Cristian. Cando Cristian voltou no seu BMW serie 1 recén alugado, fomos a probalo a unha destas Autobahn alemanas que non teñen límite de velocidade... Incríbel, equipado até os dentes, por suposto, co seu navegador, bastante útil cando non coñeces as estradas. Porque eu sei chegar en tren, pero non en coche. Puxemos rumbo a Kalsruhe, pero atopamos obras, así que demos a volta e puxemos dirección a München. Chegamos a unha estación de servizo e despois de fumar Cristian un cigarro, metémonos a probar o navegador, onde puiden constatar que dende a estación de servizo até a casa de Laura, había 2144 km. Despois puxemos rumbo a Allmandring xa de volta. É incríbel o navegador. Laura, vaite afacendo á idea de que o noso próximo coche terá navegador :-) E despois aquí a casa a ver un capítulo de "Los Serrano" antigo, "Quien me tira la pierna encima", pero ningún coma "Ni media ni guarra", aínda que este lle vai bastante á zaga...

0 comentarios