Blogia
Calvaris in Deutschland

En A Coruña

En A Coruña Xa cheguei tamén á Coruña onde me agardou unha boa cea en La Mamma. Como tiña bastante fame, pois comín dous pratos e o postre de sempre, a tarta Toscanela. Por suposto pasei un bo tempo cos amigos cos que xa había bastante que non estaba e aos que xa botaba de menos, en especial a Laura, á que xa vira en Alemaña, pero sen a cal se me fai imposíbel vivir.

Despois fomos entramos no bar cubano que hai preto de alí onde nos invitaron a un chupito moi bo e escapamos a correr porque non había ninguén e non faciamos nada. Como saímos xa tarde, tentamos ir ao Orzán, onde sentamos nun destes bares de corte céltico. Cando eu xa morría co sono (non teño jetlag, pero non estou aínda afeito a este horario), marchamos.

Fixen algún papeleo, cortei o pelo e tentei matrícularme na EOI, nun curso que me fixese xustiza, pero non recoñeceron o meu diploma da Uni Stuttgart, así que me teño que matricular en segundo outra vez, a pesar de facer alá terceiro e rematar todo o proxecto en alemán. Aínda teño que facer moitos máis papeleos, pero tampouco teño moito máis que facer, así que pouco a pouco.

Fun recoller tamén o luns ao noso hamster Breogán, mercarlle unha gaiola e toda a pesca que semella terme un pouco de medo, porque como estou un pouco emocionado, trato de collelo cando está a durmir na casiña... Terei que afacerme aos seus horarios tamén. Xa informarei algo máis extenso sobre el.

Onte fixen con Carlos e Miguel a cea na nosa casa, por suposto, cunha fondue de carne, despois unha boa queimada e tiña que haber unha boa fumada de pipa, pero non puido ser porque aínda non me chegou a caixa que enviei dende alá, coa pipa, máquina de pan e moitas máis cousas. Botamos tamén unha partida de monopoli que non puidemos rematar porque eu morría co sono.

E noutra orde de cousas, supoño que migrarei de weblog, porque este estaba pensado para a miña estancia en Alemaña, que xa rematou, así que cando troque o weblog avisarei aquí coa nova dirección.

1 comentario

Miguel -

Primeiro, a queimada caralluda.
Segundo, mígrate a BlogSpot... non se cae nunca