Blogia
Calvaris in Deutschland

Fußball

Fußball Levabamos xa unha chea de tempo a cavilar nelo, pero ninguén fixera nada e ao final tivemos que ir a ver que pasaba. Do que falo é do tema do fútbol. Pois iso, que alá nos fomos Till e máis eu a recoller aos demais que viñan ao fútbol connosco onde se dan as clases de alemán, en Schreiberstraße. Puiden mercar algo de merenda, que morría da fame e alá nos fomos todos ao fútbol. Ao chegarmos comprobamos que as taquillas non están xa arestora onde antes, senón que lles trocaron o sitio. Ao chegarmos alí pedimos e non tiñan as que nós queriamos, que terían que ser uns 10€, así que tivemos que coller as únicas que ficaban, que eran unhas de 17. Con isto, xa tivemos a baixa de Silvia e Elena que non quixeron entrar por mor do prezo.

Alá entramos nós ao VfB Stuttgart-HSV (Hamburg), partido da Bundesliga.

O partido comezou ben, pero o cabo dun cacho marcou o HSV, e coido que así fomos ao descanso, no que por suposto, probei a tradicional salchicha do estadio, unha boa Bratwurst con mostaza, moi boa, por certo.

Xa na segunda parte conseguimos facerlle un gol, co cal xa estaba todo de novo aberto, pero o carallo é que non sei que pasou ao final que o HSV marcou un gol parvísimo, ficando cos 3 puntos. Así que marchamos fodidos para casa.

Xa na casa, tiven a oportunidade de escoitar o Depor-Atlético que deixara a gravar en mp3 aquí no portátil dende a internet.

0 comentarios