Blogia
Calvaris in Deutschland

Bowling

Bowling

Pois esta fin de semana, fomos Marcos, Vero, Yago, Alex, María José e uns amigos deles xogar aos bolos. Lamentabelmente Laura quedouse na casa porque se comezou a sentir mal por mor da gripe e tanto é así que aínda hoxe non puido ir ao traballo polo trancazo que tiña.

Collín a bóla rosa co número 14 que era a ideal para min (xa o coñecía dende Alemaña) e na primeira tirada xa fixen un pleno. Non todo foi perfecto, pero alomenos gañei todas as partidas que xoguei, e iso que foi en parellas, sempre distintas (Yago, María José e finalmente Vero, cos que fixen 135, 92 e 110 respectivamente).


Agardo voltar pronto e que veña Laura, porque aínda que se negue a xogar por medo ao ridículo, porque se pasa xenial.

0 comentarios