Blogia
Calvaris in Deutschland

Cumpreanos grego

Cumpreanos grego Pois onte, voltando á tradición, erguémonos para traballar un chisco até que chegou a hora de xantar. Fixemos un par de pizzas mentres viamos Los Serrano. Despois traballamos outro pouco até que deron as sete e pico, hora á que fomos mercar algunhas cousas que nos esqueceran o outro día, entre elas, unhas Bratwurst para levar á grella que tiñamos despois cos españois.
Fomos alí e resulta que había un grego de cumpreanos, que fixera unha chea de cousas gregas para cear, entre elas unha especia de fabada fría, arroz envolto en follas de viña, olivas estilo grego e iogures. Agás os iogures, encantoume todo. As salchichas que mercamos nós tamén estaban caralludas, xunto coa carne e por suposto o postre, que aínda estou a agardar a receita.
Despois fomos para casa, que Laura tiña sono e eu tíñame que despedir de Katerina e Ian, que marchaban hoxe. Así que fun con eles até a lagoa, mentre Laura ficaba a durmir na cama. Estivemos a aprender a canción da Felicita en italiano, cantada por Elisa, con baile incluido e despois xa voltei para casa. O carallo foi que non me despedira de Katerina, que xa non a ía ver porque marchaba pola mañá cedo. Así que saín para pórlle unha nota para que me espertase pola mañá antes de marchar, pero ao saír, atopei a unha amiga súa que ía cara a lagoa, así que xa llo dixen a ela. 10 minutos despois oí como ela mesma entraba no edificio, así que voltei a erguerme a dicirlle adeus. Outra despedida máis...

0 comentarios