Blogia
Calvaris in Deutschland

Ramen!!!!!!

Ramen!!!!!! Onte foi un sábado de traballo, no que o único que fixemos en todo o día foi traballar, en parte polo mal tempo que presaxiaba o tempo en Yahoo e tamén porque había moito que traballar. O mediodía xantamos un pouco de brécol con pataca cocida e aceite de oliva e seguidamente fomos ao Kaufland buscar un pouco máis de Ramen para preparar aparte do que eu xa tiña. Pola noite, puxémonos a cociñar o que resultou ser uns fideos cunha salsa. Botámoslle aparte carne, champiñóns e un pouco de cenoria, xa que a receita suxería acompañalo dalgo de verduda e carne ou peixe. Había dous xeitos de facelo, estilo sopa e seco. Nós quixemos facelo estilo sopa (coma Naruto), pero pareceunos moita auga, así que botamos menos no que debiamos, e co que se evaporou, quedou bastante seco, coma na foto, pero iso si, moi rico.

O que fixemos mentres xantabamos este riquísimo manxar, foi ver o capítulo dobre de Naruto. Oportuno, nonsí? Por suposto, fixémolo adrede...

0 comentarios