Blogia
Calvaris in Deutschland

Semana de traballo

Pois esta semana non fixen máis que traballar. Apenas tiven un intre para min. Iso si, polo menos arranxei a moto de todo, que pola putada de me faltar o gardalamas dianteiro, enchíame de merda aínda sen chover, porque a auga suxa do chan me saltaba ao casco, á moto e a todo, incluso tiña que levar a roupa de augas para non mancharme. Iso si, costoume 75 euros, pero puiden xa por fin limpar a moto e andar nun vehículo digno.

Despois, no traballo a cousa vai amodo pero ben, o que pasa é que agora tamén estou no servizo técnico de AutoArte, que me está a obrigar a facer un traballo de administrador de sistemas con usuarios que non é sempre o máis enriquecedor, pero si agradable cando solucionas un problema e deixas a xente a traballar sen problemas.

O que menos me gusta do traballo é o de chegar pola mañá e oír a ao imbécil de Federico Jiménez Losantos na COPE, non porque en Igalia sexan uns fachas, senón porque lles vai a marcha e fanlles graza a cantidade de parvadas que din nesa emisora. Iso si, tamén server como medidor da saúde mental; o único que hai que facer é medir a cantidade de veces que estás dacordo con Losantos. Eu, onte, 3, e penso que xa é unha cousa preocupante...

A moa, por certo, xa me está a pasar, pero aínda me quedan algúns puntos. A ver se me cae todo dunha vez e se me pon todo no sitio, que esta sensación na boca non é nada agradábel.

Noutra orde de cousas, o Valencia segue igual, sendo un equipo que nada máis que sabe loitar e pelexar, pero no sentido literal, é dicir, a hostias, porque o que é fútbol non teñen nin idea. A verdade, estaba moito mellor en calquera outro sitio ca nese partido.

1 comentario

Miguel González -

Meu home, estar tres veces nunha mañá de acordo co "taimado talibán de sacristía" é grave... Eu non pedería moito tempo en visitar a un psicólogo para arranxa-lo grave desequilibrio que supón... Agora en serio, que grande é o noso sistema democrático que permite a persoaxes da talla de D. Federico poder falar libremente (ou ó menos eso se supón) e dici-la cantidade de burradas que dí por minuto, sen que o metan na cadea. Ben por nós, que a diferencia de D. Federico, recoñecémo-lo dereito de tódalas persoas a expresarse en liberdade, aínda que non teñamos nada en común e as súas opinións sexan, por dici-lo dun xeito "morno", repulsivas.