Blogia
Calvaris in Deutschland

Traballo

Coma sempre onte a traballar pola mañá. Grazas á axuda de Marcos, xa que eu tiña toda xeometría oxidada, conseguín facer a proxección dun punto exterior a un segmento sobre o propio segmento. Haberá quen diga que é unha grandísima parvada, e realmente o é, pero o carallo é que eu non me lembraba sequera da ecuación da recta. Pois iso, que grazas a el conseguir desenvolver o cálculo e con iso presenteille a Dominique despois o algoritmo de enrutamento, que por fin chegamos á conclusión de que funcionaría, e que non tería máximos locais, alomenos, de xeito tan flagrante coma o outro. Fun a falar con Dominique despois de xantar na Mensa, onde puiden saudar a Jero a a Johanna, que voltaran de Berlin.
Despois pola tarde a traballar outra vez, pero vin para casa, que non tiña batería no móbil. O carallo é que non atopaba as follas limpas que escribira con Dominique sobre todo o que iamos implementar. Voltei á facultade, pero non estaban, así que xa na casa voltei a buscar e atopeinas ben gardadiñas para non perdelas. Tan ben gardadas estaban, que nin sequera podía atopalas :-) .
Estiven a traballar até as nove e media, hora á que fun cear, onde Felipe me convenceu para ver Cube Zero, mentres ceaba o meu "pa amb tumaca", ou como carallo se escriba. A verdade é que é algo que teño que importar de Cataluña, porque está moi bo. Fixen tamén unhas patacas ó polbo, estilo Cacabelos que tamén gustaron moito. E despois de falar un chisquiño co meu amor, que xa vén en catro días!, vin a película con Felipe, o chileno.

0 comentarios