23:38:Vieiros: Co 75% dos votos escrutados, o PP conseguiría o 48% dos votos en Pontevedra; o PSOE, o 46% e o BNG o 4% dos sufraxios contabilizados até o momento. Con estes resultados, que xa se van perfilando como definitivos, o PSOE conservaría o seu escano por Pontevedra e o PP perdería a maioría absoluta que desfrutou nos últimos 15 anos no parlamento. Para conseguir o escano, o PP necesitaría que, a partir de agora, practicamente todos os votos fosen para el, por ningún para o PSOE.
23:59:La Voz de Galicia: Muy cerca del final del recuento en Pontevedra, se mantiene el reparto de escaños del 19-J. Touriño, previo pacto con el BNG, sería el próximo presidente de la Xunta. El PP, a través de su secretario xeral, Jesús Palmou, ha reconocido la derrota.
00:29:Vieiros: Os datos son xa practicamente definitivos. Fraga non repetirá como presidente da Xunta. Co 75% dos votos escrutados, o PP conseguiría o 48% dos votos en Pontevedra; o PSOE, o 46% e o BNG o 4% dos sufraxios contabilizados até o momento. Con estes resultados, que xa se van perfilando como definitivos, o PSOE conservaría o seu escano por Pontevedra e o PP perdería a maioría absoluta que desfrutou nos últimos case 16 anos no parlamento. Para conseguir o escano, o PP necesitaría que, a partir de agora, practicamente todos os votos fosen para el, por ningún para o PSOE.
1:17:Vieiros: CO 100% ESCRUTADO Os emigrantes confirman o final da era Fraga. Os datos son xa definitivos. Fraga non repetirá como presidente da Xunta. Co 100% dos votos escrutados, o PP conseguiu o 49,7% dos votos en Pontevedra; o PSOE, o 43,7% e o BNG o 4,1% dos sufraxios contabilizados. Con estes resultados, o PSOE conserva o seu escano por Pontevedra e o PP perde a maioría absoluta que desfrutou nos últimos case 16 anos no parlamento. O PP logrou 15.361 votos, o PSOE 13.518 e o BNG 1.263. A partir desta noite ábrense ás portas a un goberno de coalición entre o PSdeG e o BNG na Xunta.
0 comentarios