Blogia
Calvaris in Deutschland

Voda de Sonia e David

Voda de Sonia e David Pois o venres pasado collín un avión cara Bilbao para me atopar alí con Laura e irmos xuntos até Errenteria, onde tiñamos a voda de Sonia e David. Deixamos todas as cousas na casa deles e fomos coller o topo cara Donostia para ver o Episodio III en español, que eu debecía. Supúñase tamén que iamos dar unha volta polo centro, así que como esquecera a cámara, voltei a por ela. Cando estaba na casa deles, soou o timbre da porta. Eu cos collóns na gorxa, porque a ver como explicaba eu, que facía nunha casa que non era miña. Por sorte, era o pai da noiva, e díxenlle: "eu veño á voda..." e todo foi ben, que xa o sabía...
Pois como chegamos tarde e xa non nos daba tempo a entrar na peli, ficamos fóra, a xantarmos algo, que xa nos apretaba a fame. Pedín un prato de ovos, con chourizo e patacas frixidas, que me souberon a gloria... Por fin un chourizo decente despois de 3 meses!
Despois comezou a peli, que me gustou moito máis por mor de a entender toda. Sigo pensando que podía ser un pouco máis profunda nalgúns aspectos, pero ao final gustoume. Doulle un 9.
Ao saírmos collemos o "topo" até Errenteria de novo para ir cear cas meus tíos. Estivo ben tomar un pouco xamón, máis chourizo, e unha tortilla de pataca, aínda que non puidemos meterlle todo o quixesemos porque aínda xantaramos ás 6 da tarde e tamén tomamos flocos de millo durante a película.
Despois subimos até Beraun ao bar de Aurkene, que non estaba, así que non nos valeu para nada e tivemos que dar a volta... Eu seguía á xente e resulta que a xente me seguía a min, así que case nos perdemos, pero ao final atopei ben o camiño e non pasou nada.
Deitámonos e ao día seguinte, voda! O cura, aínda que non era unha misa completa, estivo falando media hora, así que se chega a ser máis grande, morro do susto. Despois, coma sempre, arroz e fotos de rigor. Parvo de min, non collera o outro par de pilas, e tiven que mercar unhas novas. Despois fomos até o restaurante que estaba no quinto carallo, onde nos tocou con Aurkene e a súa parella e outras dúas parellas máis galegas. Aínda que por motivos obvios non houbo tanto marisco como nunha voda da Galiza... teño que dicir que o convite estivo moi ben. Despois houbo baile coma sempre e ao final, todos a tomar algo ao centro e a cear a Telepizza. Foi divertido estarmos todos alí na pizzeria vestidos de voda... Ao final marchamos ela e mais eu para casa, que aínda non recuperaramos o sono de nos ter que erguer tan cedo para coller o avión.
Ao día seguinte, pasamos o día en Bilbao con Rafa, un colega de Laura, que traballa alí e do que teño que dicir que é un bo cociñeiro. Sacamos fotos de Gugenheim e todo iso, e teño que dicir que Bilbao non era tan terríbel como eu pensaba.
Ceamos nun bar de bocatas e cousas desas, que aproveitei para tomar un par de bocatas de chourizo á sidra, que teño que dicir, que estaban de gloria, sobre todo pensando en que non o vou catar até sabe Deus cando...
O hotel, teño que dicir tamén que estaba xenial e que non saiu bastante ben de prezo, por 42€ durminos os dous...

1 comentario

kerol -

tu vestido esta lindo