Blogia
Calvaris in Deutschland

Caída coa moto

Caída coa moto

Antes de nada, teño que dicir que estou perfectamente agás por algunhas rañaduras sen importancia.

Pois iso que hoxe ao vir das oficinas da Axencia Tributaria de preguntar pola miña declaración da renda, que resulta que estou obrigado a presentar fóra da de meu pai, probei que a moto chegaba aos 90 km ao entrar xusto dende Juán Flórez a Alfonso Molina. O carallo que chegaba eu emocionado ao campus e quíxenlle meter tralla na baixada xusto antes da rotonda, que pola práctica que teño, sempre a collo case recta. O que pasa é que esta vez había un Volkswagen Golf de cor negra diante de min, que ía moi a modo e polo que tiven que frear, momento no cal me decatei da hostia que me ía dar, por que vin que tiña que pisar a gravilla, que non se leva nada ven cos freos, así que en canto a roda tocou o bordiño da beirarrúa, catapún, ao chan dereito.

Grazas ao casco, e ao mercalo enteiro, deses que protexen tamén a queixada. Menos mal, porque Deus sabe onde estaría agora, se chego a bater con iso no chan...

Erguinme, quitei o casco (algo que non se debería facer, agora que me decato), luvas, gafas e vexo que so teño algunhas rañaduras. Apago a moto, que aínda esta acendida e volto a acendela, para comprobar que o motor está todo ben. As rodas semellan estar ben tamén, agás a de diante, que está un pouco virada á esquerda, é dicir, que para ir dereito, teño que ter o guiador un pouco cara a esquerda, mais case nada.

En Z-Center, que é onde merquei a moto, din que non me dan cita até a semana que vén, así que preferín falar con AC Medín, que me botan unha ollada mañá e co cal tamén escapo do mecánico arxentino, do que non me falaron ben, así que irei a que miren a ver se está todo correcto e a que lle poñan o espello novo, colocar ben o guiador e o faro, que está un chisquiño frouxo e se tal adecentar un pouco as rañaduras que ten. De paso, xa lle farei a revisión dos 1000 Km, na que lle teño que trocar o aceite, que leva ese máis forte para pulir o motor.

0 comentarios