Blogia
Calvaris in Deutschland

Almorzo comunitario

Almorzo comunitario Tan coma me dixeran antonte, onte había almorzo comunitario do edificion na miña terraza. Erguinme ás doce menos cuarto, ducheime e fun cara arriba. Aínda tivemos que agardar un chisquiños até que estivo todo e puidemos comezar a xantar. Comezaron a chegar unha chea de abellas en busca das cousas doces, iso si, que eu saiba, non picaron a ninguén... A xente preparou cousas caralludas, pero como eu non tivera tempo de facer nada, e á parte diso, que doce podo facer eu? Pois que o pasamos ben e fixemos unha chega de fotos, coma a que se pode ver aquí na nova. Despois Felipe e mais eu baixamos a mirar película The Grudge, que era xaponesa-USAna, de terror de San Raimi, que achei bastante cómica.
Despois a traballar outro pouco até que chegou a hora de cear e ver El secreto de Los McCann, que si que achei moi divertida. Despois tocou deitarse para agardar o último día que estarei só até o mes que vén, porque xa mañá me tocará recoller no aeroporto para pasarmos o mellor mes da nosa vida ao meu amor!"

0 comentarios