Blogia
Calvaris in Deutschland

Catalina 2

Catalina 2

Pois iso, que prometera a foto de Catalina e aí a temos. Aínda ten que crecer, pero xa semella que todo vai mellor entre Breogán e ela, é dicir, que xa non se berran o un ao outro. Outra cousa é que xa leva mellor a patiña que cando chegou estaba un pouco hinchada.

É caralludo ver o ben que se levan :-)

1 comentario

hannuskah -

Non vos dicía eu que este bechiño era un belezón!!!!

E velaiquí está con esa cara de boíña que semella que nunca rompeu un prato, pero ten un caracter!!

Encántame!