Jussi

A iso das seis e media marchamos a mercar algunha cousa ao Kaufland e á volta a traballar outro pouco, até que rematei o que quería facer onte.
Despois, Laura e mais eu fixemos uns Ovos á Extremeña e puxémonos a ver Naruto, o 144 e o 145. Ao rematarmos estivemos a facer un pouco o parvo no meu edificio, onde Liisa nos deu un autocolante que pon "Santa Claus' Main Post Office. Arctic Circle. Finland", que por suposto procedín a pegar no portátil. Así xa teño dúas cousas de Finlandia, contando co kernel de Linux.
Como xa vai sendo habitual estes días, tocoume despedirme de Jussi, o da foto, que xa marchaba para Finlandia de volta. Outro que ao principio parecía un pouco aburrido, pero que despois se soltou e foi un dos demais. Outro ao que vou botar de menos.
0 comentarios