Blogia
Calvaris in Deutschland

Voksfest

Voksfest Comeza a Volksfest. Así que alí nos vamos uns cantos a ver como estaba o tema, pero de relax, sen ánimo de moita festa. Chegamos e constatamos que efectivamente era moito meirande que a Frühlingfest. Alá nos imos todos cear unha boa salchicha de medio metro e despois como tiñamos ganas de algo doce, mercamos un Waffeln, que é coma unha especia de gofre feito da masa das filloas, boísimo.

Demos outra volta e ao final dubidamos entre a montaña rusa ou meternos nunha Bierzelt a degustar unha tradicional cervexa de litro e fartarnos a cantar cancións alemás... Coma se pode ver na foto, optamos pola derradeira opción e pasámolo bastante ben, aínda que non ficamos moito porque a xente e eu estabamos cansos e voltamos para casa cedo.

0 comentarios