Blogia
Calvaris in Deutschland

Clase intergaláctica

Hoxe non tivemos clase de alemán no sitio habitual, senón no Campus, polo cal puiden erguerme un cuarto de hora más tarde. Trocamos de clase para ir á clase de idiomas. Impresionante, ordenadores con auriculares e micrófono no que se facían exercicios, de conversa non que o profesor podía intervir para corrixir ó alumno ou axudalo. Despois puxéronnos un vídeo sobre como se facía cervexa caseira, tamén de exercicio.
Despois xantar en Mensa, un dos poucos días no que houbo algo bo para xantar.
Ó rematar, tiven que tirar o lixo porque xa había formigas na cociña, co cal era un pouco noxento.
Marchamos a relacións internacionais para ver que precisabamos para a matrícula, que comeza hoxe, pero antes, tiñamos que facer a convalicación do seguro. Andaba por alí cerca, pero os moi capullos non me quexero devolver os cartos que xa paguei polo médico, din que teño que facelo ó chegar a España.
Fixemos a compra en LIDL, onde atopei moitas das cousas que merco na Coruña e ala, para casa xa.
E hoxe Laura xa me confirmou que ten os billetes para vir a verme, que será o día 20 de abril. Estou devecendo por que chegue ese día...

2 comentarios

Miguel González Oreiro -

Compaeiro, xa sentimo-la túa marcha dende A Coruña. Menos mal que o tempo pasa rápido e xa pronto estarás de volta pola cidade onde ninguén é forasteiro. Unha dúbida: Non serías ti o gafe do Deportivo, porque agora vai de vicio (a ver se non a fastidiamos co Barça).

Unha forte aperta.

Laura -

Por alusiones ;-). Si alguien se anima a estas minivacaciones del 20 al 26 de abril en Stuttgart es posible que el viernes a última hora vuelva a haber vuelos baratos en www.germanwings.com (trayecto Madrid - Stuttgart). Yo conseguí los míos por menos de 82 €. Para acercarse hasta Barajas, Spanair tiene ofertas muy interesantes en sus "días verdes", que básicamente suelen ser entre semana y a media mañana (yo compré Alvedro - Barajas por 9 € + tasas).

¡La única pena que me queda es que seguramente ya no estará nevando cuando yo llegue a Stuttgart! :-)