Blogia
Calvaris in Deutschland

Koskenkorva

Koskenkorva Por sorte onte era sábado, así que tomei un día de lecer. Ao acender o móbil, chamoume Eloi para xantar e de paso, para me avisar de que na lagoa das pontes estaban a saltar con bicicletas. Collín o que me facía falla para cociñar a pasta e fun cara a lagoa tamén coa cámara. Fixen bastantes fotos, entre elas a que acompaña á nova de hoxe. Hai que ter tempo e ganas de facer iso. A verdade é que ganas non me faltan, pero si tempo e collóns tamén :-) .
Despois de xantar, fun até o centro a mercar a camisola do Vfb Stuttgart, que estaba rebaixada coa chegada do novo modelo. De todos os xeitos, a min a que me interesa era esta, que foi a tempada que pasei aquí. Preguntei tamén polos bonos de transporte para Laura, onde me puxen a punto de matar a alguén. Resulta que cheguei e me puxen á cola para preguntar, así como me desviei un metro para mirar unha cousa, metéuseme outra parella que acababa de chegar diante. Así que tiven que agardar dobre. E despois, noutra cola que tiven que facer, a agardar os caprichos dun vello que había alí, que de verdade me deron ganas de matar... Por fin marchei de alí e vin xa para aquí. Avisáronme para facer a barbacoa cos españois á que fun ás sete e media cando me veu recoller Jero. Chegamos alí e puxémonos a cociñar. Como non estaba seguro de que me fose encher con xeito, púxenme a cociñar con Eloi, e xa se sabe, o que reparte... Pois comín un cacho de carne, algunhas salchichas de Nürnberg, dous cachos de panceta adobada e unha Bratwurst. Discutimos un pouco sobre as linguas en España, tema que case demos por imposíbel, porque xa de por si, lles falta educación no tema. Con isto que quero dicir, que nos colexios españois non se educa na sensibilidade a estes temas, así que hai xente que pensa, por exemplo, que o catalán e o galego son dialectos do castelán.
Despois da barbacoa, chegaron por alí Arvid e Stefen, cos que falamos un bo rato, até que Jero e Eloi se despediron del, que xa non o voltarán a ver.
Fomos até a festa que había na terraza do edificio de Jero, onde estaban os fineses e moita máis xente. Alí foi onde probei o Koskenkorva, que é unha especie de Vodka con algunhas pastillas de menta. Tiña sabor a xarope, así que me encantou e fiquei coa botella toda a noita, coa que lle ía dando a probar tamén á xente.
Á fin, marchei para casa a me deitar despois da festa que non estivo nada mal.

0 comentarios