Blogia
Calvaris in Deutschland

Camisolas

Camisolas Ao rematar no Zoo, xa un pouco até o carallo de tanto andar, collemos o U-Bahn e fomos ao Anatolien a tomarmos un kebap e xa voltamos a casa, onde se festexaba un cumpreanos de Diana, unha das chilenas e no que estivemos a falar de política (tema que como sabedes me gusta pouco) cun peruano.

O tema foi que me deron a camisola que fixo a xente do meu edificio, que é a que se pode ver na foto, por diante e por detrás. Por diante pódese ver o edificio, na manga pon Stuttgart e na parte de atrás o número de habitación, que como podedes adiviñar, me tocou o porteiro por ter o número 1. E xa que falamos de porteiros, pois poño tamén a foto da camisola do VfB Stuttgart, que é o equipo de fútbol local, que este ano xoga a UEFA e do que merquei a camiseta do ano pasado, que estaban de oferta porque xa veñen as do ano que vén. Co carallo da UEFA, ao mellor o Deportivo xoga algún partido aquí, que non descarto vir a ver, aínda estando xa de volta n'A Coruña.

0 comentarios