Blogia
Calvaris in Deutschland

1 de maio

1 de maio Pois hoxe quedamos de ir coa tándem de Eloi a unhas viñas que están nun pobo do quinto carallo, para o que tivemos que coller un S-Bahn, un bus e aínda andar un bo cacho. Alí a xente levaba carros de cervexa e radios e festexaban o 1 de maio. Ao parecer hai dous lugares semellantes, un para os xoves e outro para os pais cos fillos.
Non o pasamos mal, aínda que facía moita calor e non tiñamos nada para mollarnos. Alí nos atopamos tamén co Buddy de Jero, co que nos metemos un pouco por se ligar á sueca que vén connosco a clase de alemán. Polo que se ve, ela non quixo ir a durmir con el a casa, que estaba moi cansa e se tiña que erguer cedo ao día seguinte :-)
Pois iso, que moita calor e moita xente bailando, enriba dos tractores, carros e outros inventos. A verdade é que eu estaba completamente ridículo, porque cando saín da casa non pensaba que fose facer tanta calor. Incluso levaba a chaqueta. Así que ao chegar a casa de Cristian prestoume un bañador, que me puxen sen negún pudor alí na festa quitándome o pantalón e quedando en calzóns, iso si, detrás dunha caravana. Xa podedes imaxinar a foto, eu, coma miña camisola de "GA LEGO", unhas bermudas de flores e zapatos e calcetíns negros. Pero que carallo, eu estaba maís cómodo ca os demais, así que lles desen polo cu :-)
Despois á volta no S-Bahn, no que iamos derreados, subiron dúas mozas, das cales unha estaba de bo ver, que se sentaron ao noso lado, pero como nós falabamos delas e nos riamos, trocaron o sitio e fóronse cara outro sitio. De verdade, que indignación collín, nin que fosen o centro do universo! O peor do peor.

0 comentarios