Blogia
Calvaris in Deutschland

Primeira despedida

Pois onte coma sempre a traballar para poder presentar algo decente a Dominique. Por sorte, puiden rematalo onte pola tardiña. Coma sempre fun xantar á Mensa e despois tentei imprimir as portadas para os discos que lle imos dar aos colegas nosos, pero non fun quen, porque non me imprime a impresora á calidade que o tiña que facer. Cando me decatei marchei fungado ao Hausmeister, que tiña que firmar o contrato da habitación até a fin de setembro. Case non chego, de feito, ao chegar xa tiñan a porta pechada, pero toquei no timbre e abríronme.
Despois fun a meterlle cartos outra vez á tarxeta da lavadora, que me esquecera na Mensa, e despois a Vaihingen a mercar algunhas cousiñas e lambonadas que sei que lle gustan a Laura, que por certo, chega hoxe :-) . Á volta seguín a traballar e despois, ás 20:30 fomos Eloi, Jero e máis eu a cear á cociña de Jero, os tres sos para podermos falar en español e nos despedir con xeito. Despois tomamos un par de cervexiñas e xogamos ás cartas. Sobre as dúas marchei para casa, que hoxe tamén quería traballar algo :-) .
Sobre informática dicir, que probei un proxy socks para poder acceder ao CVS da Fakultät, pero decateime que a miña conta, que é onde está o repositorio, tamén se monta na única máquina que á que se pode acceder dende fóra, así que decidín trocar a dirección do repositorio e listo, xa nin proxy nin nada.

0 comentarios