Calvaris in Deutschland

Temas



publicidad

¿Y estos anuncios?

Enlaces

Migración

Outros blogs

Outras webs

Novas varias

Archivos

 

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2005.

01/06/2005

GUADEC (fin)

Pois hoxe rematou a GUADEC. Non me deu a gana de me erguer tan cedo e fun á charla das once que neste caso foi a de Fotografía Dixital. Non me entusiasmou demasiado porque agardaba algo máis práctico e que non se dedicasen case unicamente a dicir que os fabricantes deberían soportar todas as cámaras, etc. Ao rematar fomos xantar en media hora a unha rúa do centro onde hai moitos postos de comida rápida.
Á volta fun á charla de "GNOME Deployment/Development in Brazil" dada por Marcuz Mazoni, que foi a que máis me gustou de todas. Moita xente debería aprender de Paraná, neste eido.
Na mesma sala, puidemos ver a charla de Beagle, que tamén me chamou bastante a atención, porque ten unha pinta caralluda. É un buscador que procura en moitos tipos de ficheiros e indexa todo de xeito caralludo. Aínda está moi verde, pero ten pinta de que cando estea rematado, vai ser a bomba...
A derradeira charla á que fun foi "101 Things to Know about GNOME", na que foron comentando moitas cousas e anécdotas do proxecto, coma por exemplo, cando se casou Miguel de Icaza, desenvolvedores que morreron este ano e moitas máis cousas...
Á fin sortearon unha chea de cousas, entre elas aparellos de Nokia (Nokia 370) e CDs de Ubuntu firmados por Marc Shuttleworth.
Despois marchamos a tomar unha cervexa agardando que saíse a noticia sobre GNOME que parece ser que se ía saber en pouco tempo, pero que aínda non se podía facer pública... Nin idea de que é.
Estiven tamén con Juanjo de compras, cando atopei un "core" dunha caixiña de música que toca "A Internacional", que por suposto, non dubidei en mercar. Agora estou todo contento dándolle para escoitala :-)
01/06/2005 00:45 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Portugués V

20050601.jpgPois hoxe erguínme para ir ao centro a buscar á Juanjo e a Alex para dar unha volta antes de teren que coller o avión. O carallo é que tiven que agardar por eles durante máis de media hora. Namentres, un home que estaba sentado no chan a pedir esmola, díxome "Por favor, por favor!" e eu díxenlle en plan, "Nein, nein", porque non lle quería dar cartos, pero cal foi a miña sorpresa cando me decatei que non era para me pedir cartos, senón para poder erguerse do chan! Sentínme terribelmente mal, porque son un imbécil. Chegaría con ter ido até alí e falar con el para ver que quería, pero fun así de chulo e agora síntome fatal :-(
Despois, cando chegaron, fomos deixar as súas maletas na consigna para poder ir dar unha volta polo centro.
Botaron unha partida de xadrez nun taboleiro con fichas xigantes, que sería totalmente imposíbel de concebir en Galiza porque seguro que a xente levaba as pezas para casa. Gañouna o catalán, pero estivo moi interesante. Había xente que pasaba por alí e ficaba mirando.
Ao rematar foron tomar unha cervexiña mentres Eduardo e mais eu, acompañabamos a Juanjo a facer as últimas compras para levar para Galiza. Mercou Maultaschen, Spätzle, Semmelnknödel e Kartoffelknödel. Todo bo :-)
Despois xantamos nun Biergarten que había no centro do parque que hai detrás onde atopei un cachiño de cristal entre os Spätzle, que lle amosei ao camareiro para que tomasen atención do que servían, pero de bo rollo, aínda que seguramente non o conseguise, debido a que me é imposíbel estar de bo rollo nesas situacións :-)
Ao rematarmos marchamos cara o aeroporto onde me despedín deles xa até a próxima vez que os vise. Vouvos botar de menos, rapaces...
Á volta, como aínda tiña media horiña, fun até Schloßplatz, onde hai un punto de acceso aberto e sentei xusto debaixo da árbore que sinala a frecha. Incríbel estar sentado nese xardín co portátil a ler o correo, falar co gaim... O malo é que só puiden estar unha cuarto de hora, que despois tiven que marchar a clase de portugués.
Foi incríbel, escoitar a un fato de alemáns, falar portugués con sotaque brasileiro, por mor da profesora, por suposto :-) Agás unha, que supoño que estaría en Portugal algún tempo, ou ten familia ou algo...
Á volta de clase estiven a ler un pouco cousas do proxecto e despois fun cear coa xente de aquí para xa vir para casa, que estou moi canso e ademais teño que erguerme mañá para presentarlle algo ao meu director :-)
01/06/2005 23:54 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

03/06/2005

Millón de papers

20050602.jpgHoxe erguinme antes do que debía, e fun ao centro para facer un par de cousiñas, entre elas enviar unha carta certificada e mercar uns auriculares, posto que os que merquei no Corte Inglés foron unha merda. Outra das cousas que merquei, esta vez de vicio, foi a triloxía de "Der Herr der Ringe", que quería tela tamén en alemán. A de Star Wars agardarei a que saian as tres xuntas para telas en alemán.
Ao rematar de facer todo isto, fun até Schloßplatz a me conectar un pouco á internet, mentres non daba a unha, hora á que fun xantar á mensa do centro, xa que ás dúas tiña clase de "Landeskunde: Baden-Württenberg", onde por certo, non entendín nada.
Vin xa para o campus para falar co meu director, onde me deu uns papeis que teño que presentar e tamén aproveitei para ter en papel unha chea de papers que quero ler, para ter algunhas ideas máis e que me clarifiquen un pouco máis o tema, que xa de por si o teño bastante claro, pero nunca está de máis ler algo.
Despois fun con Cristian até Vaihingen, onde cortei o pelo para non perder tempo en Donostia e poder disfrutar da compaña de Laura e de Star Wars O:-) . Tamén mercamos carne para cear á noite á grella, xa que era o cumpreanos de Jussi, un dos fineses. Tamén aproveitei para falar un pouco de galego cun par de brasileiros que andaban por alí...
E agora deitareime, que mañá teño que tomar un voo ás 6:20...
03/06/2005 00:03 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

06/06/2005

Voda de Sonia e David

20050604.jpgPois o venres pasado collín un avión cara Bilbao para me atopar alí con Laura e irmos xuntos até Errenteria, onde tiñamos a voda de Sonia e David. Deixamos todas as cousas na casa deles e fomos coller o topo cara Donostia para ver o Episodio III en español, que eu debecía. Supúñase tamén que iamos dar unha volta polo centro, así que como esquecera a cámara, voltei a por ela. Cando estaba na casa deles, soou o timbre da porta. Eu cos collóns na gorxa, porque a ver como explicaba eu, que facía nunha casa que non era miña. Por sorte, era o pai da noiva, e díxenlle: "eu veño á voda..." e todo foi ben, que xa o sabía...
Pois como chegamos tarde e xa non nos daba tempo a entrar na peli, ficamos fóra, a xantarmos algo, que xa nos apretaba a fame. Pedín un prato de ovos, con chourizo e patacas frixidas, que me souberon a gloria... Por fin un chourizo decente despois de 3 meses!
Despois comezou a peli, que me gustou moito máis por mor de a entender toda. Sigo pensando que podía ser un pouco máis profunda nalgúns aspectos, pero ao final gustoume. Doulle un 9.
Ao saírmos collemos o "topo" até Errenteria de novo para ir cear cas meus tíos. Estivo ben tomar un pouco xamón, máis chourizo, e unha tortilla de pataca, aínda que non puidemos meterlle todo o quixesemos porque aínda xantaramos ás 6 da tarde e tamén tomamos flocos de millo durante a película.
Despois subimos até Beraun ao bar de Aurkene, que non estaba, así que non nos valeu para nada e tivemos que dar a volta... Eu seguía á xente e resulta que a xente me seguía a min, así que case nos perdemos, pero ao final atopei ben o camiño e non pasou nada.
Deitámonos e ao día seguinte, voda! O cura, aínda que non era unha misa completa, estivo falando media hora, así que se chega a ser máis grande, morro do susto. Despois, coma sempre, arroz e fotos de rigor. Parvo de min, non collera o outro par de pilas, e tiven que mercar unhas novas. Despois fomos até o restaurante que estaba no quinto carallo, onde nos tocou con Aurkene e a súa parella e outras dúas parellas máis galegas. Aínda que por motivos obvios non houbo tanto marisco como nunha voda da Galiza... teño que dicir que o convite estivo moi ben. Despois houbo baile coma sempre e ao final, todos a tomar algo ao centro e a cear a Telepizza. Foi divertido estarmos todos alí na pizzeria vestidos de voda... Ao final marchamos ela e mais eu para casa, que aínda non recuperaramos o sono de nos ter que erguer tan cedo para coller o avión.
Ao día seguinte, pasamos o día en Bilbao con Rafa, un colega de Laura, que traballa alí e do que teño que dicir que é un bo cociñeiro. Sacamos fotos de Gugenheim e todo iso, e teño que dicir que Bilbao non era tan terríbel como eu pensaba.
Ceamos nun bar de bocatas e cousas desas, que aproveitei para tomar un par de bocatas de chourizo á sidra, que teño que dicir, que estaban de gloria, sobre todo pensando en que non o vou catar até sabe Deus cando...
O hotel, teño que dicir tamén que estaba xenial e que non saiu bastante ben de prezo, por 42€ durminos os dous...
06/06/2005 17:27 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

De volta

Pois hoxe tocou erguernos ás 6 da mañá para poder coller o bus cara o aeroporto e chegar ao meu voo. Deunos tempo sen problemas, pero eu estaba un pouco paranoico non fose ser que non chegasemos :-( . Fixemos algunhas fotos polo camiño e aínda tivemos que agardar una cachiño a que chegase ao autobús.
No aeroporto comimos un Chinois, que é un pastel que venden aquí no Kaufland e que tanto a min coma a Laura nos gustou moito. Así que levei un par deles desta vez.
A despedida, foi con moita tristura, coma sempre, e con bágoas, porque é moi, moi difícil, dicirlle adeus ao anxo da miña vida. Quérote, meu amor!
Cheguei e desfixen as maletas. E coloquei a caña no lugar de honra, pero ao probala despois, decateime de que non está moi forte. Carlos, creo que a vella nos tangou esta vez... Está moi frouxa.
Despois pola tarde case fico a durmir na clase de alemán, pero conseguir estar ben até o final, hora á que saímos e fomos cear Cristian e mais eu á miña cociña.
06/06/2005 23:07 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

08/06/2005

Á caza do oculista

Pois debido aos problemas que estou notando nos ollos, hoxe pola mañá fun até o AOK (que é un seguro médico, o que nos convalidan aquí) a que me dixese que oculistas tiña para escoller. Déronme uns cantos, pero xa era hora de ir xantar. Quedei con Cristian, pero non apareceu e ao final xantei con Ignaci (creo que se escribe así), que é o catalán de Girona.
Despois fun até Vaihingen a pedir cita, pero todos me daban para moi tarde, así que marchei para o centro a Rotebühlplatz, onde nos números 17 e 19 había 4 xuntos. Alí atopei un que me deu para a semana que vén. Así que teño para o día 14. Teño outra en Vaihingen para o día 21, por se teño ganas dunha segunda opinión...
Despois fun falar con Dominique, co que cheguei á conclusión de que tiña que ir anotando as ideas que tiña de xeito ordenado, cousa que me servirá tamén para facer despois a memoria.
Despois escoitei Zapping e fun cear con Cristian.
08/06/2005 00:13 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

09/06/2005

Xa puxen o meu gran de area

Pois hoxe pola mañá fun con Dani, o outro mozo que estuda informática na FIC a exercer o meu dereito ao voto no consulado español. A verdade é que nunca che queda a cabeza tranquila de se realmente o voto chegará a onde ten que chegar, pero é o que hai e non podo facer nada máis...
Despois a a xantar e a ler algo antes da clase de portugués. Hoxe tocounos escribir algo, pero a verdade é que me costou moitísimo, porque era a primeira vez que tentaba algo así...
Despois estiven en Schloßplatz 5 minutos antes de me atopar co támdem a baixar o correo. Ceamos uns kebaps no Anatolien e outra vez a Schloßplatz, que lle quería ensinar o lugar onde está o punto de acceso... Eu usareino para baixar os capítulos de Naruto por Bittorrent, que parece que vai ben...
09/06/2005 01:13 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

10/06/2005

Cea catalá

Pois onte, despois de deitarme tarde a noite anterior por mor de Naruto, erguinme para ir recoller uns papeis á oficina de relacións internacionais, pero estaba pechada, así que marchei dereito ao centro para xantar e despois ir a clase. Resulta que na clase de Landeskunde: Baden-Württenberg tocaba visita ao mueso de Porsche, así que lle preguntei se iamos ir a algún sitio máis, porque a verdade é que eu xa fora e non me gustara. Como me dixo que si, pois fun. O que pasa é que a outra cousa para ver era o concesionario, con todos os modelos novos. A verdade, é que estaba interesante, pero pasei todo o tempo falando coa profesora, de franco, do estado plurinacional e plurilingüistico e do resto da miña vida :-) Si, Laura, tamén lle falei de ti :-)
Despois, tocou ler papers até as 9, hora á que fixen unha ensalada e marchei a casa de Jero, onde había unha cea estilo catalán, con pan con tomate, embutidos e cousas desas. O carallo é que despois do xelado de postre, abriron unhas botellas dun licor catalán (Ratafia), que baixaba moi ben, pero que me puxo o intestino un tanto solto pola noite...
A queimada, deixarémola para San Xoán.
Por certo, estou escribndo isto dente Schloßplatz mentras baixo Naruto, que dende aquí sí que traga o bittorrent :-)
10/06/2005 17:01 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

11/06/2005

Naruto

Hoxe erguinme para ir facer os papeis para alongar a estancia aquí en alemañá, pero antes da hora, non coma onte, que cheguei fóra de hora. Déronme un papel para enviar de volta á Coruña e tamén me firmaron o papel para alongar o contrado de aluguer da habitación.
Quería mandalo todo hoxe para poder esquecerme, pero non puiden, porque o Hausmeister non estaba e o coordinador de Erasmus de Informática tampouco, así que terei que agardar até o luns.
Despois fun xantar e xa a falar con Dominique, pero non moito tempo. Díxenlle que o lera todo e non o cría :-) Pero a vantaxe era que algúns dos papers non tiñan nada que ver co que tiña que facer, así que os puiden pasar moi rápido. Ensinoume tamén a sala onde traballarei, pero á que teño moita preguiza de ir, porque sempre estou mellor na habitación e máis tranquilo. Ademais, os teclados alemáns son moi raros :-) Non puidemos configurar a conta para o portátil non sei por qué, pero xa vos contarei, porque é un tema un pouco raro.
Despois fun a Schloßplatz a baixar o capítulo 128 de Naruto, porque aí si que se pode sen problemas. O que pasa é que a baixada era só duns 10 KB/s, así que se agotou a batería antes de rematar de baixar, polo que terei que voltar mañá.
Á volta, Zapping, Naruto, cea e despois ir un pouco de festa, pero despois, por varias circunstancias déronme as ganas de vir xa para deitarme, e é o que vou facer xusto agora.
11/06/2005 01:44 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

12/06/2005

TV

Onte sábado, foi o día de ficar na casa, a verdade é que xa me ía facendo falta, porque tiña para ver a película de Naruto e un capítulo de "Los Serrano", sen contar a chea de películas que aínda teño para ver. Pois fixen de xantar uns Spätzle con salsa de Dores, que estaban caralludos. Despois fun facer a compra a Vaihingen, que foi cando me atopei a Marcin o polaco. Díxenlle que ía até Schloßplatz e apuntouse a vir, así que me estivo chupando ancho de banda até que dixo que tiña fame e marchou.
Despois ceei un Kebap no Anatolien e voltei para casa para ver o capítulo de Naruto. Despois "Los Serrano" e a tomar unha cervexa con Eloi e os amigos, Jero e a moza e Cristian. Eles despois marcharon para a cidade e eu fiquei aquí para ver a película de Naruto, que teño que dicir que estivo bastante ben.
12/06/2005 12:45 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

14/06/2005

Paellada

Pois este domingo foi o día da paellada, que fixemos na casa de Jero, con Klaus, Jaume e a moza de Jero. As paellas estaban caralludas e tamén o café que veu despois, xunto co tempo que botamos a xogar cunha pelotiña, que por suposto se foi varias veces abaixo.
Despois vimos a saída de Formula 1, na que Renault o fixo de marabilla, pero que non serviu de nada :-(
Despois, estiven a me baixar os vídeos de "Hai que botalos", que rematei de ver onte, e que por suposto, non me fixeron trocar o "boto", porque xa o tiña moi claro.
O carallo é que non lle vimos o pelo a Cristian durante toda a fin de semana por estar mal por mor da porca da súa ex-moza, que non fai máis que xogar con el. Pero penso que desta vez xa o ten máis claro e que a vai esquecer xa dunha vez... Forza Cristian!
Despois ás oito e pico chamoume o meu tándem, preguntándome se ía vir, pero esquecérame por completo. Díxenlle que ía, pero que chegaría tarde. Ao final, estivemos en Schloßplatz onde lle configurei a rede inarámica. Teño que dicir, que Suse é unha merda tremenda. Como pode ser que o seu cliente de DHCP non estableza a ruta por defecto, nin as DNS? Non se lle pode dar creto...
Onte luns fixen os deberes de alemán e portugués pola mañá e pola tarde nas clases de alemán, onde me informaron do exame que terei que facer o día 11 de Santiago, para acadar por completo o Grundstufe III, que parece ser que só tiñamos a primeira parte.
Despois fixen uns ovos á extremeña con Cristian e Eloi veu despois a se facer unha ensalada, e despois xa a me deitar.
14/06/2005 18:11 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Nova sección

Acabo de inaugurar unha nova sección, do weblog, que son as ligazóns. Tedes á dereita, na sección de ligazóns unha parte especialmente adicada ás Eleccións Galegas do 2005. Nela iréi pondo todas as cousas interesantes que vaia atopando por aí.
14/06/2005 01:27 Enlace permanente. Tema: No hay comentarios. Comentar.

15/06/2005

Oculista

Pois esta mañá, despois de traballar un pouco, fun xa ao oculista 10 minutos antes da hora, para chegar con boa puntualidade alemá. Atendéronme moi ben e falei co doutor ben, aínda que non o entendín todo. O que me dixo era que todo estaba ben, que as miñas gafas tamén estaban ben e que non precisaba máis láser. Iso, botoume tamén as gotas malditas para dilatar as meniñas dos ollos, e por iso estiven todo o día sen poder ver ben. De feito para ir mercar o Kebap, que xa pechara o comedor, tiven que meterme por unha entrada do S-Bahn e saír pola outra. Despois para chegar a casa, paseinas putísimas e tiven que ficar toda a tarde coas fiestras pechadas, pola luz do sol.
Xa despois, fun cear con Cristian e ao final si que chegaron Jero e Eloi e ceamos os catro xuntos mentres viamos o capítulo de "Los Serrano" de "Yo reconozco", que estivo xenial, aínda que eu xa o vira...
15/06/2005 00:46 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

16/06/2005

Allmandring Open Air

20050615.jpgPois hoxe, como xa fixera todo para presentarlle a Dominique, pois vin o capítulo de "Los Serrano", que era "El Reverso Tenebroso" (neste caso tiña que dicir o título). Despois xa a xantar con eles á mensa e á fin a falar con Dominique. Tento que fosemos a ver ao encargado da rede, para ver que carallo pasaba coa miña conta para o meu portátil e tamén me comentou que a miña tarxeta para entrar á universidade e ao laboratorio aínda non está lista, e que terei que agardar... Falamos tamén sobre o tema do proxecto, no que xa estou completamente centrado. Neste intre estou pensando aínda como vai a ser exactamente o protocolo e valorando das distintas alternativas.
Despois tiven clase de portugués. Pensei que me tocaría hoxe presentar, pero é para a semana que vén, que nos toca aos dous galegos. Tiña dúas clases seguidas de portugués, pero decidimos marchar mellor para ir ao festón que había aquí en Allmandring. Completamente incríbel, cheo total. Había varios postos, entre eles un preparado polos españois, con bandeira republicana incluida, pero eu por suposto fun dereito á caipirinha. Despois estiven a falar un bo cacho con Klaus, o veciño de Jero que estaba bastante borracho, pero polo menos puiden practicar o meu alemán. A verdade é que creo que mellorei moito dende que cheguei aquí e a proba é poder manter este tipo de conversacións tan longas.
Pois iso, que a feste estivo xenial, incluso para me decatar de que xa todo está perdido coa moza de Jero, porque hoxe xa se bicaba con Johanna, así que xa non hai volta atrás... :-( O único que me queda é desexarlles toda a felicidade do mundo.
16/06/2005 02:30 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

17/06/2005

O de sempre

Pois onte nada do outro mundo. Erguinme ás doce por mor da festa do día anterior ao pouco xa fun a xantar á mensa. Despois tomei un café con Cristian, co que falei de moitas cousas. Despois fun a Schloßplatz a baixar Naruto, pero ía moi amodiño. Despois clase de portugués e ao voltar, cea na miña casa, onde me enteirei de moitas cousas, que non me fixeron nada de graza. Eu pensaba que certas cousas eran froito do amor, pero hai que coller o touro polos cornos e non enganar a unha persoa e a outra, que iso si que está mal. Eu podería chegar a comprender que alguén deixase de querer a unha persoa porque se namorou doutra, pero o que non se pode é estar coas dúas, sobre todo cunha aquí e coa outra, como está en Euskadi, non pasa nada. Pois señores, iso é non ter conciencia, porque o que debería de facer é elixir, e non ficar coas dúas, pero non lle direi nada máis, porque ao señorito lle molesta que lle digan a verdade.
Hai cousas que non me cadran. Primeiro uns din que xa non quere á súa moza, que está namorado da outra. Iso acéptoo sen problemas, pero o carallo é cando lle pregunto que pasou coa outra e respóndeme que aínda non fixo nada. E despois de se cabrear mándolle unha mensaxe pedíndolle perdón por me meter na súa vida, á que me responde que é moi difícil querer a dúas persoas tan intensamente á vez, ao que Laura e mais eu respostamos á vez: Se é así, que se faga mormón! Nada, incríbel, pero non direi nada máis, o único que me gusta que as cousas se fagan á cara e non xogar suxo dese xeito. Pois nada, a rañala e cada un que faga o que lle dea a gana, que eu non son o pai de ninguén. Pero tampouco podo confiar nunha persoa así.
17/06/2005 17:06 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

18/06/2005

BMW

20050617.jpgPois hoxe erguinme tarde porque onte vira unha película. Traballei un pouco pola mañá e despois fun xantar con Eloi, Cristian e Jero, coma sempre e como estes tiñan que marchar de volta ao laboratorio fiquei con Cristian a tomar un café. Cando marchou voltei a casa a baixar o capítulo de Naruto e a velo tamén. Despois, pola tarde traballei un pouco e a agardar até que voltase Cristian. Cando Cristian voltou no seu BMW serie 1 recén alugado, fomos a probalo a unha destas Autobahn alemanas que non teñen límite de velocidade... Incríbel, equipado até os dentes, por suposto, co seu navegador, bastante útil cando non coñeces as estradas. Porque eu sei chegar en tren, pero non en coche. Puxemos rumbo a Kalsruhe, pero atopamos obras, así que demos a volta e puxemos dirección a München. Chegamos a unha estación de servizo e despois de fumar Cristian un cigarro, metémonos a probar o navegador, onde puiden constatar que dende a estación de servizo até a casa de Laura, había 2144 km. Despois puxemos rumbo a Allmandring xa de volta. É incríbel o navegador. Laura, vaite afacendo á idea de que o noso próximo coche terá navegador :-) E despois aquí a casa a ver un capítulo de "Los Serrano" antigo, "Quien me tira la pierna encima", pero ningún coma "Ni media ni guarra", aínda que este lle vai bastante á zaga...
18/06/2005 01:26 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

19/06/2005

Día na casa

Onte fiquei todo o día na habitación, a traballar un pouco. Tamén vin a película Mulholland Drive, que teño que confesar que non me gustou. Despois limpei a habitación, que semellaba un cortello, e teño que dicir que me quedou moi ben. Despois de traballar outro pouco, ceei e vin "El año de la Garrapata", que me sorprendeu gratamente, alén do problema de non estar en galego. E xa a deitarme, porque hoxe, señores, é o día...
19/06/2005 13:19 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

Especial eleccións galegas

20050619a.jpg

  • 16:24: Pois semella que a xornada electoral comeza con bo pé, con moita participación e iso sempre é un dato bo. Xa comezou tamén a carretaxe dos votos por parte da xente do PP, que seguramente ande eléctrica esta vez. A ver se aínda así conseguirmos algo.

  • 21:30: Co 65,5% dos votos, o PP non ten maioría absoluta. Pódese seguir todo na páxina oficial

  • 22:00: Co 90% escrutado todo segue igual...

  • 00:00: Co 100% escrutado, o PP obtén 37, o PSdeG 25 e o BNG 13, co cal neste intre o goberno resultante sería o da coalición PSdeG-BNG, pero haberá que agardar ao voto emigrante, que dicidirá como fica o escano que baila entre PP e PSdeG en Pontevedra. Agardaremos que os da foto sexan o seguintes Presidente e Vicepresite da Xunta da Galiza

19/06/2005 01:06 Enlace permanente. Tema: No hay comentarios. Comentar.

20/06/2005

Eleccións

Pois hoxe erguinme para traballar algo e seguir as eleccións. Non puiden saber nada até que cheguei pola noite... Pois fixen unha pasta de xantar, que me saiu caralluda. E despois a ver un capítulo de "Los Serrano", porque non reparara que aínda tiña unha chea de películas en español para ver. Non tiña ganas de ver nada en inglés. Despois de xantar, primeira tila.
Traballei un chisco máis até que chegou a hora de ir á cidade a falar co meu tándem. Estivemos en Schloßplatz até as 8, hora á que marchamos ao Anatolien a cear. E despois xa a ver como ficaban os resultados electorais. A verdade é que agardaba algo máis de diferenza, pero semella que a carretaxe funcionou dun xeito incríbel. E aínda así as cousas non ficaron tan claras. A ver se o voto emigrante non troca o resultado. Non abrín as dúas cervexas, por medo a que vaia todo á merda o día 27. Agardarei até aí.
20/06/2005 01:15 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

21/06/2005

Resaca postelectoral

Hoxe tocoume erguer tarde, pero non puiden durmir ben, porque xa pola mañá cedo andaban o carallo do taiwanés-australiano berrando con Javiera a chilena, e nunca me podo desquitar a gusto de durmir. O que quero é "ausschlafen" (que é como os alemáns din durmir o suficiente), pero non son quen. Despois traballei un pouco e a xantar á mensa, onde estiven con Ignasi, ao que lle contei as movidas que pasaran nas eleccións, coma a carretaxe e todo iso. Por suposto, flipou con eses fillos de puta.
Despois estiven na cociña de Cristian, mentres xantaba el, que non chegou a tempo á mensa. E a traballar antes de ir a clase de alemán. A clase foi coma sempre e despois a cear con Cristian uns Ovos á extremeña, con chourizo español, que estiveron moi bos. E despois xa a estar un pouco na internete, coa persoa máis importante para min e xa a deitarme...
21/06/2005 00:22 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

22/06/2005

Ikea

Hoxe non foi un bo día.
Pola mañá fixen unha actualización e fóronseme ao carallo o correo saínte, o teclado e o sistema de son. Por sorte, puiden facer que voltase a funcionar todo agás o derradeiro.
Coma sempre, xantar na mensa, pero polo menos hoxe había ás de polo cunha mollo un pouco picantiño, que estaba ben. Despois a traballar outra vez para presentarlle a Dominique, me me meteu unha caña de carallo. Díxome que tiña que profundizar máis, e que tiña que comezar a explicar todo pola base, case comezar por explicar o que é unha cidade, un grafo... Unha merda. Pero tirarei cara adiante e fareino polos meus collóns.
Despois a Ikea, que me daba unha preguiza terríbel, porque é unha hora ir e outra hora voltar. Alí merquei unha ensaladeira xigante para poder facer a queimada, pero non as había de barro, así que o tiven que mercar de metal, igual que a culler, que é destas de metal, co mango de metal, pero que é de distinto metal que non debería deixar pasar tanta calor. A ver que pasa.
Despois de cea Spätzle con mollo especial de Dores e á Stammtisch ao Unitekle, que marchaban un par de rapaces xa de volta para casa. E xa cedo para casa, que mañá me teño que erguer para traballar para Dominique...
22/06/2005 00:36 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Echavarri e Paz conseguen o primeiro mundial de vela para Galiza

A noticia completa en: Vieiros:

[19/06/2005 19:05] Os galegos Fernando Echavarri e Antón Paz son os primeiros galegos en proclamárense campións do mundo de vela, no seu caso en clase tornado. Echavarri e Paz, que chegaron ao ecuador do mundial en primeira posición, beneficiáronse dunhas últimas regatas moi irregulares, con vento en lufadas. O campionato mundial da clase tornado de vela desputouse ao longo da última semana na cidade francesa de La Rochelle.

Os regatistas galegos conseguiron o título mundial diante das sesenta mellores tripulacións do planeta. No ecuador da proba, todos os favoritos se situaban entre os sete primeiros, agás a tripulación bretoa de Guichard e Guyader, que fixo tres mangas moi malas e está colocada na novena posición. Echavarri e Paz gañaron a primeira das mangas, pero despois fixeron unha pésima segunda e unha frouxa sexta regata. Dese xeito, tiñan 26 puntos, só tres por baixo dos británicos McMillan e Howden (29).

Pero unha sexta praza na sétima regata, e sobre todo unha terceira na oitava regata foron definitivas para proclamárense campións do mundo. Especialmente dende que os seus máis directos rivais chegaron na posición 15ª na oitava regata. A última manga houbo de anularse pola ausencia do vento, e grazas a unha reclamación admitida, Echavarri e Paz puideron proclamarse campións. Fernando Echavarri e Antón Paz afirmaron estar satisfeitos por "cumpriren o seu obxectivo" e especialmente polo rendemento ao longo da semana e pola progresión nesta tempada".

CLASIFICACIÓN XERAL
1º Fernando Echavarri e Antón Paz (GZ). 1-(36)-4-2-2-17-6-3-RDG = 43,90
2º Leigh McMillan e William Howden (GBR). 10-1-10-(15)-5-3-2-15-2 = 48
3º Xavier Revil e Christophe Espagnon (FRA). 7-7-17-8-3-9-3-22-(BFD) =76
22/06/2005 11:34 Enlace permanente. Tema: Novas varias No hay comentarios. Comentar.

23/06/2005

Derradeira clase de portugués

Pois a noite anterior, durmín pouco porque non sei por que, pero tardo así coma 2 horas en ficar durmido e despois pola mañá están os meus veciños, sobre todo os búlgaros, a almorzar coa porta da cociña totalmente aberta e a falar esa lingua tan desagradábel para os oídos, sobre todo a esas horas da mañá. Creo que vou pór unha nota na porta para que a pechen, especialmente cando hai xente dentro.
Despois de traballar un pouco pola mañá, a xantar e a traballar outro pouco, antes da derradeira clase de portugués. Voume presentar á proba, pero creo que aínda teño moita "ortografía" que aprender. O carallo foi que onte nos deron un texto sobre a orixe do portugués, ao que tiven que facer algunhas correccións, xa que dicía que o galego-portugués nacera pola corrupción do latin vulgar na provincia romana da Lusitania, que comprendía o actual portugal e a rexión española da Galiza. Por suposto dixen que non era certo, e que esa provincia se chamaba Gallaecia e que Lusitania estaba máis ao Sur, e que o galego-portugués es espallou cara abaixo coa reconquista da Lusitania, árabe neses tempos. Tamén fixen a miña presentación, sen papel, porque a profesora esquecera traermo impreso. Sempre me bota bronca por dicir "pero", que hai que dicir "mas" :-)
Despois, coa fame que tiña, fun cear un Kebap ao Anatolien e xa para casa, a cear e a ver o capítulo de "Los Serrano" da semana pasada, que por sorte, puxo xa Francesc para baixar.
23/06/2005 11:19 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

24/06/2005

Noite de San Xoán

20050623.jpgOnte traballei un pouco pola mañá e despois fun cedo xantar, que tiña clase de Landeskunde. Á saída, Felipe convenceume para ir mercar algunhas cousas ao centro, e como tiña que mercar dous pantalóns curtos, pois fun. Merquei dous, e un par de chanclas destas dun euro, por se acaso, ao seren tan malas precisaba outro par por tolerancia a fallos :-) Merquei tamén un limón e unha laranxa para facer a queimada, e para os grans de café. Pregunteille ao fulano e levoume a zona dos cafés, onde había de todos os tipos. Cando lle expliquei que non era para tomar café, que precisaba uns 20 grans para preparar unha bebida, déronme uns cantos nunha bolsiña e listo.
Despois fixemos unhas tortillas españolas na cociña de Eloi, onde deixamos todo feito unha merda, pero que despois limpamos a conciencia. E xa me fun a preparar todo.
Cando cheguei arriba á terraza, pensei que non habería moita xente, co cal comecei a botar unha botella. Cando me decatei de que viña unha chea de xente polo camiño, botei a segunda. Pelei a laranxa e o limón e boteino na pota, xunto co café e unha chea de azucre. Removín ben e prendino na culler, coma sempre. Curiosamente prendeu á primeira cos conseguintes aplausos do respetábel. Lin o conxuro e despois deixeina queimar bastante. Ao apagala outro aplauso. E un pouquiño para cada un, que non había moita, pero á xente encantoulle en xeral, dicía que esta moi saborosa, e flipaban por vérena queimar tanto e aínda estaba forte :-) GALIZA CALIDADE! É dicir, éxito rotundo :-) Despois fiquei un pouco máis na festa onde estaban todos borrachos menos eu :-)
Actualización: O San Xoán trouxo o mellor agasallo de todos, a beca de Laura, coa que pasaremos un mes xuntos aquí na Alemaña. Xa debezo porque chegue o día de te agardar no aeroporto, meu amor.
24/06/2005 10:34 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

Zapping

txuri_donostia.jpgParece ser que este Blog foi citado en Zapping, o programa de radio de RadioVoz. Antón e Txuri, que saibadas que estades fatal da cabeza, pero que vos escoito sempre que podo. Como proba, esta foto que saquei en Donostia, ao me lembrar de vós. Que conste que aínda que a foto é de Txuri, eu son de Antón! Tenteivos chamar dende Stuttgart pero sempre me sae unha voz en alemán que me di que non podo chamar a ese número :-(
24/06/2005 02:17 Enlace permanente. Tema: Novas varias Hay 1 comentario.

26/06/2005

Fin de semana

Comezando polo venres, que me erguín todo o tarde que puiden por mor de facer a queimada o día anterior. Pois fun xantar á mensa coma sempre e despois de traballar un pouco acompañei a Cristian a facer unhas cousas que nos levou case toda a tarde. Á volta pasamos polo Anatolien a tomar un Kebap, e así xa non ceamos.
O sábado erguinme tarde porque tiña ganas de durmir suficiente. Había non sei que competición de fútbol, como me dixeron que estaban todos alí, decidinme a coller algo de xantar e fun cara alí. Xa ao saír pola porta, atopei a Cristian e Jero, que voltaban para xantar, así que xa o fixen con eles. Despois fun até Vaihingen con Simo, un dos fineses. Merquei catro cousas e voltei para casa, a recoller a roupa que deixara a lavar e a traballar un pouco. Pola noite voltei a ver "Mar Adentro", que me fixo lembrar o bonita que é a patria e as ganas que teño de voltar a vela, e sobre todo, fíxome desexar, que mañá eses fillos de puta que fan que non sexa mellor se vaian xa para sempre do noso goberno, ou polo menos que nos deixen probar o sabor da verdadeira democracia. Manda carallo, saiume case poético!
Despois de ver o filme, fun cás Cristian a que me dese unha cousa e parece ser que pecara outra vez. Mágoa, pero penso que lle irá mellor a partir do martes. E ao final, liámonos a ver un capítulo de "Los Serrano" até as 3 da mañá.
Hoxe erguinme tarde tamén, como xa é habitual neste post e no resto da miña vida, para ducharme, falar un pouquiño co meu amor e a facer de xantar. Mentres xantei, vin "El espantatiburones". É incríbel a cantidade de cousas en español que hai no direct connect aquí. Despois toda a tarde a traballar até que chegou a hora de me marchar ao centro a falar co meu tandem, co que estiven un chisco en Schloßplatz e outro chisco no Anatolien a cear. E agora, supoño que verei outro capítulo de "Los Serrano", por cortesía de Vito e despois a deitarme, para erguerme mañá e ver como van as eleccións...
26/06/2005 23:05 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

27/06/2005

Día do reconto emigrante


  • 12:54: La Voz de Galicia: En A Coruña descartan que el recuento acabe hoy

  • 14:08: Vieiros: Primeiras decisións, primeiros recursos

  • 14:49: La Voz de Galicia: La Junta Electoral rechaza los votos con fecha posterior al día 18

  • 14:51: Vieiros: Demórase o proceso de comprobación de datos en Pontevedra

  • 14:51: Vieiros: Anulados 500 votos en Pontevedra

  • 22:51: 70% escrutadio e o escano aínda é do PSdG.

  • 23:38: Vieiros: Co 75% dos votos escrutados, o PP conseguiría o 48% dos votos en Pontevedra; o PSOE, o 46% e o BNG o 4% dos sufraxios contabilizados até o momento. Con estes resultados, que xa se van perfilando como definitivos, o PSOE conservaría o seu escano por Pontevedra e o PP perdería a maioría absoluta que desfrutou nos últimos 15 anos no parlamento. Para conseguir o escano, o PP necesitaría que, a partir de agora, practicamente todos os votos fosen para el, por ningún para o PSOE.

  • 23:38: Vieiros: As xuntas electorais provinciais anulan o 13% dos votos recibidos

  • 23:40: Vieiros: O PSdeG gaña en Lugo co 100% do voto escrutado

  • 23:59: La Voz de Galicia: Muy cerca del final del recuento en Pontevedra, se mantiene el reparto de escaños del 19-J. Touriño, previo pacto con el BNG, sería el próximo presidente de la Xunta. El PP, a través de su secretario xeral, Jesús Palmou, ha reconocido la derrota.

  • 00:29: Vieiros: Os datos son xa practicamente definitivos. Fraga non repetirá como presidente da Xunta. Co 75% dos votos escrutados, o PP conseguiría o 48% dos votos en Pontevedra; o PSOE, o 46% e o BNG o 4% dos sufraxios contabilizados até o momento. Con estes resultados, que xa se van perfilando como definitivos, o PSOE conservaría o seu escano por Pontevedra e o PP perdería a maioría absoluta que desfrutou nos últimos case 16 anos no parlamento. Para conseguir o escano, o PP necesitaría que, a partir de agora, practicamente todos os votos fosen para el, por ningún para o PSOE.

  • 1:17: Vieiros: CO 100% ESCRUTADO Os emigrantes confirman o final da era Fraga. Os datos son xa definitivos. Fraga non repetirá como presidente da Xunta. Co 100% dos votos escrutados, o PP conseguiu o 49,7% dos votos en Pontevedra; o PSOE, o 43,7% e o BNG o 4,1% dos sufraxios contabilizados. Con estes resultados, o PSOE conserva o seu escano por Pontevedra e o PP perde a maioría absoluta que desfrutou nos últimos case 16 anos no parlamento. O PP logrou 15.361 votos, o PSOE 13.518 e o BNG 1.263. A partir desta noite ábrense ás portas a un goberno de coalición entre o PSdeG e o BNG na Xunta.

27/06/2005 01:57 Enlace permanente. Tema: No hay comentarios. Comentar.

28/06/2005

Por fin

Hoxe erguinme teóricamente para ir facerlle a Laura unhas xestións aquí para o mes que vai pasar aquí, pero ao final non fixo falla. Ademais, descubriume unha nova forma de mandar cartos dende Galiza até aquí. Resulta que en Caixa Galicia, se tes unha conta no extranxeiro e tes o IBAN e o SWIFT Code, nada máis que che cobran un par de euros pola transferencia, fronte aos 9€ que lle cobran ao meu pai cada ver que me envía os cartos.
Despois tiven que ir a firmar o alongamento do contrato de vivenda que teño aquí, pero aínda non estaba para firmar. Até agosto nada. De todos os xeitos mandei a solicitude de Laura. :-)
Despois pola tarde un pouco de traballo até chegar a hora da clase de alemán, que non estivo mal, porque fixemos declinación do adxectivo, que é algo que xa sabiamos, pero que exercitamos. De todos os xeitos, apenas teño problemas para facelo cando escribo. O falar é outro conto, porque así en quente e rápido é moito máis complicado.
E Despois xa a cear con todos e a ir para casa a ver como trocaba o goberno do noso país. Decatádevos que para os da nosa xeración será importantísimo, porque a maioría de nós será nestes próximos catro anos, cando comezaremos a buscar a nosa propia vivenda, buscar o nosos traballos, etc. É ao final non teremos a eses fillos de puta fodéndoo todo. Só podo dicir, que hoxe é o día máis feliz da miña vida, despois do 15 de maio de 2000. Saúdos revolucionarios a todos!
28/06/2005 02:13 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]