Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2005.
01/07/2005
Varios días

Este martes estiven a traballar bastante porque ao día seguinte tiña bastantes cousas que facer, entre elas traballar, acompañar a Cristian até a consulta, onde tamén traballei mentres estabamos a agardar...
O mércores tiña a cita con Dominique, e co que estiven falando dende as 3 até as 4. Esta vez polo menos, estivo ben. Non me votou bronca coma a outra vez.
Despois fun á proba final do título de portugués na Universität Stuttgart. Resultoume moi sinxelo facela a pesar de que apenas fun a clase un mes para a aprender a ortografía. Iso vai para a xente que di que non son o mesmo idioma ;-) A primeira parte foi unha de buscar pór sinónimos de expresións. Iso non me resultou sinxelo, porque por exemplo, como atopar un sinónimo de "sem dúvida"? Eu ao principio pensei que non se podían usar as palabras coa mesma raíz, ou que había que trocalas todas, pero ao final puxen ahí "induvidavelmente". O segundo era de respostar a unhas cantas preguntas do texto, pero podíase copiar literalmente, así que foi moi sinxelo. E a terceira era de conxugación. Despois pasamos á outra parte, onde había que respostar xa a unhas preguntas que non eran inmediatas coma as do segundo exercicio da primeira parte a outra parte era de escribir a miña opinión sobre o texto, que neste caso era sobre as grandes superficies, que abren por exemplo o día de noiteboa ás 10 da mañá e pechan o día de Nadal ás 6 da tarde. O primeiro texto, que me esquecera, era sobre como se tiña que chamar a lingua do brasil, e que é portugués brasileiro, etc.
E onte, pois a traballar un pouco e despois pola tarde, a iso das sete a tomar algo. Resulta que había cervexa de balde no campus, polo menos os 50 primeiros litros. Despois marchamos ao centro, que non era tal centro a un Biergarten coa vista que se ve na foto, de onde marchamos cedo, porque estabamos bastante cansos. Despois eu vin a peli "Secretary", que me molou mogollón :-)
02/07/2005
Festa na terraza
Onte erguínme cedo para traballar un pouco antes de xantar. Supúñase que iría xantar con Cristian porque estaban aquí uns amigos de Eloi e polo tanto, non me avisaría coma sempre. Decidín marchar eu, porque Cristian non deu sinais de vida. Xantei con Ignasi e unha chea de españois e un portugués. Primeiro estiven a discutir con Carolina, ex-compañeira miña de alemán, da "Obra de Deus", coa merda da Igrexa e o meterse no Estado do xeito que o fan. Por aí foi mal o tema, pero peor foi cando empezou o tema do nacionalismo, porque se puxeron todos contra min, pero aguantei o tipo ben, e iso que ía contra 4. Iso si, hai xente que non sabe discutir, é moi pechada e moi intolerante, e parece mentira que sexa eu quen o diga...
Despois a traballar outro chisco até que chegou a hora de Zapping, que podedes escoitar a través de
Radio Voz, onde puiden constatar que seguen tolos coma sempre (mentiendes?). E despois supúñase que ía vir Cristian a cear comigo, pero non apareceu até as doce e media, na festa, por suposto, calcado. Tamén viñeron Eloi e os seus colegas e estivo bastante ben, porque a xente preparara doces para picar e había algunhas cousas que realmente estaban caralludas.
E ao final, xa sei que o día 26 deste mes, é cando Laura colle o avión para pasarmos o mellor mes da nosa vida. Que será o primeiro que viviremos completamente xuntos :-) Quérote, meu amor!
04/07/2005
Fin de semana
Onte sábado erguinme para lavar a roupa e mentres, ía á compra a Vaihingen. Deu a casualidade de que trocaran a liña en sentido ida, cousa que me descolocou. Así que fun ao sitio no que se supoñía que ía ser a volta, pero o percorrido de volta estaba perfectamente, así que perdín o autobús. Despois fixen de xantar e púxenme a ver o capítulo de Los Serrano que baixei do ordenador de Francesc de Barcelona, que nos imos rulando a cuota para non esgotar os 8GB de límite que temos. E despois Hotel Ruanda, que estivo xenial, pero un pouco sanguenta e forte, aínda que afonda perfectamente na hipocresía da sociedade occidental. Despois traballei un pouco e a cear uns paninis mentres falaba con Laura.
Despois subín á festa que había na parte de arriba, que estaba xa case rematada, é dicir, coa xente xa en retirada, pero sempre fica unha retaguardia que non me permite durmir, así que decidín baixar a ver a peli "Al Sur de Granada". Por sorte, cando rematou xa marchara todo o mundo para a cama, así que non houbo problemas para deitarme. O carallo foi a mala noite que me deu a barriga.
Hoxe pola mañá erguinme para ver a fórmula 1. Fun a casa de Cristian, que aínda estaba a durmir, aínda que non me estraña nada despois do cagallón que collera. Por sorte, Alonso dominou dun xeito clarísimo a carreira. Mañá direille á profesora de alemán, que cando gaña Raikonnen, sempre lles dá os parabéns aos fineses. Esixireille os nosos desta fin de semana ;-) É comprensíbel, aquí en Baden-Württemberg está a Mercedes...
Despois vin unha peli e a traballar un poquito antes de ir ao centro para me atopar co tándem. Estivemos por aí polo centro a cear un Kebap e despois eu tomei un xelado de "Ferrero Rocher", que estaba caralludo. Tranqui, Laura, que iremos a probalo ;-)
E despois xa a falar un pouco con Laura, a ver outra peli e a deitarme para erguerme para o exame oral de galego, ou digo portugués, que teño mañá.
05/07/2005
Portugués e Dominique
Hoxe erguínme ás 10:30, xa que tiña exame oral de portugués. Polo camiño ao S-Bahn atopei a Dani, que tiña exame despois de min, e que non se lembraba en absoluto. Fomos os dous cara aló. Tiña moito medo, porque ao chegarmos alí non vimos a ninguén. Preguntamos en secretaría e ao nos abriren a medioteca, xa nos decatamos de que estaban alí, así que agardamos. Tocoume a min. Escollín dous papeis que puñan "Comida" e "Diferenças culturais". Preguntei e "Comida" eran as típicas portuguesas e brasileiras, das que só coñezo o "Bacalhau" e a "Feijoada". "Diferenças culturais", dixo unha das profesoras que era entre Brasil e Portugal, pero a outra corrixiuna e dixo que era en xeral, así que collín esa sen dubidalo máis. Tocoume escoitar unha cassette e apuntar catro cousas. Ía rápido, así que non me deu tempo a apuntar todo, pero por sorte, comezou outra vez. Xa me chegara cunha soa vez, pero non puiden apuntar todo, así que a segunda me axudou a lembralo para poder apuntalo sen problemas. Despois fun cara elas e comezaron as preguntas. Primeiro sobra a fita e despois sobre un libro que se lera en clase, que non tiven problemas en respostar, pero coma o meu capítulo fora "Procurando ao alemão", falei de que non existe a persoa estereotípico nos países, e que iso era unhas das cousas que máis me molestaban de España, así que entraron ao tema e puiden falar de todas esas cousas que me interesan a min, pluriligüismo, respecto, lusismo, etc. Incluso unha das profesoras me pediu que lle explicase á outra as incorreccións que atopara no texto sobre "Origem do português", sobre a Gallaecia e a Lusitania, que expliquei amabelmente. Tamén me pediron que contase cal fora a maior "Diferença cultural" coa que me topara eu en Alemanha. E comentei que era o tema da "bandeijinha". Que é algo que en Alemanha usan para pasarse os cartos nunha tenda, por exemplo. E incluso elas comezaron a falar entre elas sobre o tema, que había panaderías, nas que poñían os cartos e o pan na mesma bandexiña e non era moi hixiénico. Iso si, contáronme "8 peros" e "3 mas", xa que en portugués non usan "pero". Foi todo xenial.
Despois á saída agardei por Dani mentres falaba coa búlgara que tamén ía ao exame, por suposto en galego. Díxenlle que tivese coidado co "pero" :-), aínda que la non ía ter ningún problema.
Despois xa vin para o campus. Como cheguei á unha menos 10, fun a buscar a Cristian ao seu instituto (departamento), pero non estaba, que xa marchara a xantar. Estivo a agardar por min e eu por el, unha boa situación de interbloqueo, pero como eu morría de "starvation", fois marchei para a mensa. Non atopei a Cristian e Jero e Eloi xa marchaban, así que me puxen nunha mesa e ao cabo de 2 minutos apareceu Cristian. Despois de xantar e tomarmos un café, marchei para casa a mandarlle un mail a Dominique para ir falar con el. Namentres, rematei de escribir o que lle quería presentar. A verdade é que lle gustou bastante, e non me puido rechistar moito coas solucións que lle dei.
Despois tivemos clase de alemán, onde repasamos un pouco para o exame da semana que vén, fixemos a avaliación da mestra e coa que me queixei de que non dicía nada sobre a F1 desta fin de semana.
Despois ceei con Cristian na miña cociña, a falar un pouco con Laura, a ver unha película e a deitarme.
06/07/2005
Baloncesto
Hoxe erguinme para traballar un pouco, pero pouco, que andei a enredar con outras cousas e ao final non fixen nada pola mañá. Despois fun a xantar á mensa. E tomei un café con todos.
Á volta vin "Der Königreich der Himmel", o "El Reino de los Cielos" como se coñece en España, con subtítulos en portugués, porque non me apeteceía tentar entender todo en alemán.
Despois si que traballei até que ás sete me viñeron buscar para ir xogar ao baloncesto. Eloi e mais eu contra Cristian e un chinés. Gañamos nós ;-)
Ao voltar escoitei Zapping de
Radio Voz, que pensei que xa rematara a semana pasada até o ano que vén, pero non, estaban aínda aí. Menos mal, porque os ía botar de menos.
Despois a cear con eles. Cristian e mais eu fixemos Pasta con salsa especial de Dores, que a todo o mundo lle flipa.
E nada, agora, despois de falar con Laura, á que teño que felicitar pola súa presentación do DEA, xa me deito. Parabéns, meu amor! O carallo foron os chancullos de sempre. Sabe Deus quen lle faría o traballo a María, que según me contaron tiña todo moi semellante a outra moza do laboratorio. Manda carallo, que parece que leu como moito 10 artigos científicos e eu levo 32 só para o meu proxecto en dous meses... O desta fulana é completamente incríbel. Pero alguén me pode explicar como fixo o DEA se estaba a traballar en Madrid?
07/07/2005
Día normal

Hoxe espertáronme ás 8 da mañá, porque había unha moza mexicana do meu edificio que marchaba de volta. Así que me erguín tamén para despedirme dela. Despois xa me fun á ducha e a traballar, así que se pode dicir que me erguín moi cedo :-)
Estiven a traballar até a hora de xantar, que coma sempre fun á Mensa, pero hoxe por me erguer máis cedo, tiña unha fame que rebeaba... Despois do café de rigor, marchei para casa a ver se podía ir ao médico por tema, pero ao chegar a Vaihingen, ningún dos dous que tiña en mente consultaba o mércores pola tarde, así que marchei de volta para casa. Vin a película
Sólo el más fuerte, na que había capoeira, así que o pasei xenial, que me mola de carallo. Gustaríame practicala, pero creo que xa vou un pouco tarde :-(
Despois seguín a traballar e a buscar cousas no Direct Connect da residencia até que chegou a hora de marchar para me atopar co tándem. Fomos a dar unha volta até Königstraße e despois a cear ao restaurante chinés que hai en Rotebühlplatz. Por 6,80€ pódese comer todo o que se queira, así que fartei.
Á volta falei un pouco co meu amor, e despois fun un pouco até a festa dun rapaz español que marcha de volta dentro duns días, e que entregou hoxe o proxecto, que é precisamente o que sae na foto coa frecha. Parabéns, Pedro!
Actualización: Según me comentaron hoxe, ao marchar eu para a casa, foron a unha discoteca do centro. Pediron unha ronda de tequila, e despois de pedir a segunda, ameazáronos con chamar á Policía. Ao pouco, chegaron e sacaron para fóra a Cristian e Sergio (un de Madrid), despois saiu o resto e cando se decataron, Pedro, o da foto, estaba no chan e cun xeonllo dun policía no pescozo. A Sergei, o ruso que viva en Coruña, como non tiña a documentación e ao ser ruso, levárono para outra comisaría distinta que aos demais. A sergio e Pedro metéronos no calabozo e aos demais deixáronos marchar. Semella que Pedro está denunciado por "resistencia á autoridade" ou algo así, pero que realmente non fixo nada. Ao parecer, a Policía alemá, tivo un comportamento pouco axeitado, porque segundo chegou aos meus oídos, chegaron tamén a pegarlles. E ao parecer, aínda non saben o que pasou para chamaren á Policía.
08/07/2005
Festa no instituto de Cristian
Onte pola mañá erguinme para ir de médicos, o que me levou toda a mañá entre unas cousas e outras. Despois xantei no centro con Johanna e Liisa para irmos á clase de "Landeskunde: Baden-Württemberg", na que nos levaron a ver a pegada do nacionalsocialismo na cidade, coma algúns monumentos en contra e o antigo cuartel da Gestapo, que é agora unha sede do "Innenministerium" e do "Finanzministerium", é dicir, do ministerio de interior e do de finanzas. Despois unha volta polo centro e de volta a casa a traballar. Fun até a cociña de Eloi para irmos á festa do diante do instituto de Cristian. Pero na cociña de Eloi apareceron Pedro e Sergei, que nos contaron como fora un pouco o tema da Polizei. A Sergei tratárono ben, pero a Pedro metéronlle algunhas hostias, e é que aquí a Polizei non é coma en España, que aquí primeiro cascan e despois preguntan...
Pois nada, que a festa estaba xenial, e era curioso, porque a había que mercar uns cupóns para poder pagar nos chiringuitos. Parece ser que o facían para que ninguén gardase cartos para eles. Había que facer o troco para poder mercar algo. Cristian e mais eu tomamos unha salchicha vermella. Teño que dicir que me estou afacendo ás salchichas asadas, que están caralludas.
Despois de estarmos un pouco na perfecta discoteca que montaran dentro da facultade e de estar con Arvid (o buddy de Jero), con Anika (a tándem de Eloi) e con Felipa (unha compañeira miña de Portugués) marchamos para casa. Eles aínda ficaron un pouco na cociña de Jero, pero eu marchei para casa, que aínda tiña que rematar o documento para que presentei hoxe pola mañá cedo a Dominique, con éxito, por certo.
09/07/2005
Dominique

Onte erguinme pola mañá moi cedo para ir falar con Dominique. Gustoulle moito o que fixen. Tamén atopamos algún problema que me preocupaba a min e incluso parece que estamos sincronizados nalgunhas cousas porque chegou a darme algunha solución na que eu xa andaba a cavilar :-) O bo foi que esta vez me comezou a corrixir faltas de ortografía, descoidos, e incluso estilo en alemán. Estiven con el dende as nove da mañá até as doce. Pero fiquei tan canso, que non fixen nada o resto do día de traballo.
Fun xantar á mensa e despois a tomar un café no Ökumenisches Zentrum, que é máis barato, pero o té que teñen non me gusta demasiado. Estivemos alí a falar de moitas cousas e a contar nos idiomas cantas palabras significan o mesmo que foder nos diferentes idiomas. Os fineses atoparon 24 e nós 20. A iso respostamos que nós nos dedicamos a practicalo en vez de procurar as verbas :-)
Despois vin
Moulin Rouge, que teño que dicir que non me molou nada de nada. Menos mal que tiña un capítulo de Naruto para tirar o mal sabor da boca.
Xa ao solpor, abrín a fiestra e vin unha paisaxe de postal. Así que collín a cámara e saquei un par de fotos dende a miña habitación, mais coidei que dende a terraza sería moito mellor, como efectivamente se pode ver na foto. Ao subir, atopeime con Felipe, que tiña a cámara na man e tamén subiu. Ao chegarmos arriba, atopamos a Diego que tamén estaba facendo fotos. Estivemos alí enriba un pouco, cando tamén vimos a Huseyin dende abaixo facendo fotos, momento no cal Ian lle ensinou o cu dende arriba :-)
Despois baixei para cear con Cristian e vermos un capítulo de Los Serrano antes de nos deitar.
10/07/2005
Cumpreanos de Ian

Hoxe erguémonos Cristian e mais eu sobre as doce, para irmos ao Kaufland. Puxen a roupa a lavar e marchei para a súa casa. Fíxome agardar até o seguinte autobús porque non tiña lavadas as cousas do almorzo. Ao final fomos xa á unha. Estivemos alí unha chega de tempo porque tamén estaba cheo o Kaufland. A verdade é que merquei bastantes cousas, a ver que resultado dan.
Despois xantamos xuntos unha ensalada e cando marchou baixei a casa a traballar algo até as oito e pico, hora á que me puxen a ver Los Serrano, que por certo, me deixou fodido, porque é moi cruel deixar así á audiencia con tantas frontes abertas, o romance de Teté e Guille, a separación de Diego e Lucía... Unha merda, pero haberá que agardar, igual que con Naruto, pero moito máis tempo. Se alguén sabe cando vai comezar a seguinte tepada, por favor, que mo diga, porque o estiven a procurar na web, pero non fun quen de atopar nada.
Despois veu a traerme unha das chilenas a primeira pista do agasallo de Ian. A miña habitación era a primeira pista, que consistía nunha bolsiña de gominolas co papeliño que lle indicaba onde atopar a seguinte pista. As demais cousas foron un minitrípode para a cámara de fotos e unha luz USB para o portátil. Os IBM non precisan, nonsí? :-)
Despois baixei e traballei un pouco polo balbordo da festa, que non me deixaba durmir, até que apareceu Cristian no MSN e me comentou que ía ver Los Serrano, pero non o derradeiro capítulo. Así que decidín ir a velo con el. Ao final vimos dous capítulos co cal rematamos ás 4 e media da mañá...
11/07/2005
Estudar alemán
Onte tocou erguerse a iso das doce por mor da xente que estaba pola escaleira. Estiven a traballar un pouco até a hora de xantar, na que agardei por Cristian unha chea de tempo. Despois fun recollelo, porque non respostaba ao móbil. Estaba sen duchar aínda. Agardei a que se duchase e marchamos á miña casa. El xantou dous paninis e eu nada, porque tiña que facer xexún.
Vimos o derradeiro capítulo de Los Serrano da tempada, que nos deixou parvos aos dous e despois a estudar un pouco para o exame que temos hoxe de alemán.
Despois traballei un pouco pola tarde e xa a deitarme para erguerme cedo hoxe.
13/07/2005
Luns e martes
Pois onte luns erguinme cedo para ir ao médico e poder almorzar xa a gusto :-) Despois voltei para casa para traballar un pouco e agardar até a hora de xantar. Non tomei café por mor de ter que voltar a casa a estudar para o exame de alemán de pola tarde.
A parte que tiven primeiro foi a de gramática, que me saiu bastante ben. O carallo foi coma sempre o Hörverständnis ou "listening" como se chama en inglés, que debido ao meu problema cos idiomas, nunca son quen de facer ben. Esta vez non foi moi difícil, pero houbo cousas que non puiden entender ben e outras que non me deu tempo a apuntar, porque sempre tes que apuntar varias cousas e como teño unha memoria de merda, non son quen de me lembrar que catro parvadas que me soltan xuntas. A parte de Textproduction foi sobre o tema dos "Studiengebühren", que é algo que queren pór agora en Alemaña e que consiste en que queren facer pagar aos estudantes como xa pagamos nós. Por suposto, parece que se popón tamén que os estudantes con poucos recursos non paguen e que se pague a partir do 12º semestre tamén. Eu dei a miña opinión, que no caso da Galiza, non acho mal o que se fai.
Despois a cear con estes e a deitarme.
Hoxe erguinme tamén para traballar para o documento que tiña que presentarlle a Dominique. Pensei que tiñamos a cita para as dúas da tarde, pero por sorte era ás catro, co cal tiven dúas horiñas máis para traballar, que boa falla me fixeron. Saín coas chanclas, pero como chegaba tarde, collinas coa man e fun sen elas a correr. É incríbel como se pode facer iso sen te cravares sete pedras por minuto. Eu nada máis que me cravei 2 en máis de 500 metros de camiño dende a miña casa até a facultade. De paso automento o meu nivel de frikismo, porque aquí hai moito friki que anda sen nada nos pés...
O carallo é que o que estamos a facer é bastante chungo, porque estamos a buscar unha solución que palíe todos os problemas, pero coma sempre, cando apretas por un sitio, estoupa polo outro, así que o tema está bastante fodido e haberá que tomar a decisión de que erros queremos que se toleren no protocolo. De todos os xeitos, en todos os papers que lin, non vin ningún que fose perfecto, así que tampouco me preocupa moito. Alén disto, terei que traballar aínda un cacho, polo menos até a fin da semana, que é cando terei que comezar a ver algo para comezar a picar código.
Despois de falar con el, saín pitando para casa a me mudar de roupa, porque levaba chanclas e pantalóns curtos e o ceu xa estaba con nubes de choiva, así que non podía facer outra cousa para ir á cea de portugués en Zuffenhausen, que está preto das fábricas de Porsche... Tardei unha chea en atopar o restaurante, pero paseino ben a falar galego coa profesora e cos demais alumnos, aínda que non me afago a escoitar un fato de alemáns con sotaque brasileiro. Pedín un "Bacalhau ao marinheiro", que non estaba nada mal, contando o estarmos nun lugar de terra adentro e fóra de Portugal. En canto a profesora, que tiña que voltar a Kalsruhe, marchou, xa comezaron a falar alemán, co cal non me quedou máis remedio que alguén se dirixise a min amodiño, porque cando falan rápido entre eles é complicado entendelos. Pero aínda estiven a falar un bo cacho con eles, sobre os tópicos dos EUA, sobre fútbol... Sobre os EUA comentamos algunhas estatísticas que non lles son moi favorábeis sobre cultura e algunha anécdota coma a de Llamazares co tema da lavadora (que lla amosaron coma se non houbese aquí) e as súas conclusións sobre Franco (que de tanto falar mal del, chegaron á conclusión de que era comunista). Sobre fútbol comentei que non me gustaba demasiado o fútbol alemán, porque ás veces semella que non saben xogar polas bandas...
E despois un deles levoume até a parada do S-Bahn en Bad Cannstatt, co cal puiden chegar de xeito cómodo até o campus.
Por certo, aínda que non o vaia ler: Parabéns para meu pai, que está de cumpreanos hoxe 12 de Santiago!
14/07/2005
Biohazard

Pois onte erguinme para traballar un pouco pola mañá e despois ir a xantar. Ao saír da Mensa, fun até Vaihingen a mercar cereais para o almorzo.
Á volta traballei un pouco até que chegou a hora de cear, hora á que me enterei de que a televisión portuguesa vai facer a versión de
Os Serranos. Incríbel. Tamén hai algo interesante na
Wikipedia. Semella tamén que a NBC mercou os dereitos, pero non creo que funciona nos USA unha serie deste tipo. De feito, non creo que funcionase nin aquí en Alemaña, nin en Francia... O que si teño claro, é que quero velo en portugués, así que haberá que buscalo no Emule un para o Bittorrent. Mágoa que por razóns políticas non poidamos ver a televisión portuguesa na Galiza.
Despois fun até a cociña de Cristian, onde estaban a facer unha festa, que como se pode ver na foto, ficou un pouco mollada. E despois achegámonos á Biohazard, que se facía no Instituto de Eloi e Jero. Estivo ben, e coma sempre, salichichas á venta, que á grella están caralludas.
15/07/2005
Grella
Hoxe erguinme tamén para traballar. Ultimamente non fago maís ca traballar, que de todos os xeitos é o que vin facer aquí :-) Pois nada, que traballei un pouco no que me pedira
Dominique. Fun xantar e despois outra vez a traballar para ter algo listo antes de ir falar con el.
Por sorte o que fixen non estaba tan mal, aínda que por suposto, non imos poder facer todo o que pensaramos ao principio, facelo dun xeito completamente xeral, etc. É dicir, que vai ficar un pouco más pequeno do que nos gustaría. Pero de todos os xeitos, son cousas coas que non quedan máis collóns.
Despois estiven a pelexar un pouco coa impresora do departamento, para ver se era quen de imprimir dende o portátil, pero tampouco houbo collóns. Ao final cheguei á conclusión de que era un problema de permisos. Pelexei co
gnome-cups-manager e coa interface web, e pensei que non gargaba o login e o password, pero se se mira o ficheiro de configuración do
CUPS está todo correcto, así que non queda máis que ser un problema de permisos na impresora ou no servidor.
Outro tema é que cando chego co portátil teño que pedir unha dirección por
DHCP e despois para que se active a saída á internet teño que abrir o navegador para entrar nunha páxina e pór o login e o password. Como por suposto me parece unha auténtica merda ter que facelo sempre, tamén estiven a pelexar con iso. O de configuracións alterativas, non me costou moito, que xa tiña scripts feitos por Berto (Sugarkane) para detectar en que rede estás. Despois, coa execución de scripts pódense automatizar tarefas dependendo da configuración. O carallo era como facer para simular un navegador cunha liña de comandos e mandar a información por
POST. Despois de pelexar un bo cacho co
wget, atopei que me estaba a esquecer dun parámetro
hidden que había no formulario. Unha vez posto xa conseguín que funcionase. O carallo é que o troquei un pouco para que non cuspise nada por pantalla e que non gravase ningún ficheiro, pero deixou de funcionar nese intre. Non puiden solucionalo pola falla de batería, así que marchei para casa.
Pasei pola de Cristian, onde me xurdiu a idea de facermos carne á grella, así que llo dixen a Cristian, chamamos a Eloi e descidimos ir os dous até o a
Kaufland a mercar carne. Pillamos unha especie de pinchos morunos, churrasco e uns filetiños de pavo. Tamén mercamos algo para encender a grella de xeito máis sinxelo. Eu comenteille que mellor pillar o líquido, pero a el non lle convencía por parecerlle tóxico. Ao final mercamos algo que semellaban mistos, pero en xigante e moito máis grosos. Ao chegarmos ao bus, comentámoslle a nosa discusión a un de Madrid que andaba por alí e comentounos que eran unha merda. Por sorte, non foron tan malos, e seguindo as instruccións e botando 4 en vez de 1, foi todo ben e acendeu sen problemas. A verdade e que a carne, xunto coa bebida a base de limón que mercamos, estaba caralluda.
Despois estivemos na cociña de arriba de todo cos chilenos e xa marchamos para a casa.
Meu amor, cando leas isto, xa só quedarán once días!
16/07/2005
Richtige Party

Pois onte erguinme para traballar un pouquiño e despois ir á Mensa rápido por mor da cita con Dominique ás 13:30. O carallo foi que tiña cousas que facer e non puidemos traballar nada. Desculpouse así coma sete veces e despois probei a miña configuración automática do portátil. Que agás por un erro de sintaxe, estaba todo xenial. O que fixen, foi trocar a configuración por defecto para a estática, que así pode ser un pouquiño máis rápido o arranque en caso de non estar conectado a ningures.
Despois fun outra vez até a Mensa porque estaban todos alí a tomar café. Vin con Eloi para casa a facer o CD de música que lle imos agasallar aos fineses. El escolleu música catalá, eu escollín música galega, entre a que puxen Heredeiros da Crus, Carlos Nuñez e algunhas cancións do Xabarín, e entre os dous metemos máis música española. O que foi caralludo foi o collage que fixemos co GIMP para pór de portada. Pasámolo xenial porque tivemos que ver todas as fotos para escoller cal puñamos de cada un. Ao final quedou impresionante.
Despois eu fiquei a ver Naruto, a escoitar a radio, até que chegou a hora de falar con Laura. Ao rematar fun até a cociña de Eloi, na que estaban el e Cristian. Rematamos e fomos todos os que estamos na foto ao Move, que é unha disco que está caralluda. Alén das dúas cervexas que bebera, bebín na disco outras catro máis, así que o cagallón foi considerábel. Pero pasámolo xenial. A próxima vez irei con chanclas, porque teñen unha especie de terraciña con area, na que estaría caralludo estar descalzo a bailar. Tranquila, meu amor, que xa iremos :-) Por certo, feliz día 15!
18/07/2005
Fin de semana
O sábado erguinme cunha resaca de carallo, así que o primeiro que fixen foi xantar algo para que non me caese a Aspirina no estómago baleiro. Despois fun xantar con Eloi e pola tarde estiven con él aquí a seleccionar algunhas das miñas fotos, que quería ter el. Despois, pola noite, fun estar con eles un pouco até que decidín voltar para aquí a ver unha película. Como me atopei a Felipe, o chileno, e tiña ganas de ver Hypercube, que xa vira Cube e lle gustara moito, así que iso fixemos. E despois a deitarme.
Hoxe domingo erguinme tamén para ir xantar a casa de Eloi, pero como non piñamos aceite, non me quedou máis remedio que tirar de conxelado, ao mediodía e pola noite. Pola tarde non fixemos nada, en principio queriamos ir á piscina, pero Eloi non as tiña todas con el, porque sendo dous non o iamos pasar moi ben, e ademais, el precisaba crema, que non tiña. Despois de estar con Cristian e non saber que facer, voltei para a miña habitación a facer o parvo e traballar un chisco até que deu a hora de cear, á que voltei a tirar de conxelado e me puxen a ver
Destino de Caballero, que rematou agora. E xa me vou deitar para erguerme mañá e traballar algo para presentarlle a Dominique, que por sorte, xa comezarei a implementar dunha puta vez."
19/07/2005
Festa de despedida de Cristian

Pois onte erguinme para traballar e poder presentarlle algo a Dominique ás catro da tarde. Non puiden ir xantar por prescripción médica, así que o único que comín en todo o día foi o almorzo. Fixen todo o que puiden e puidemos avanzar bastante, pero aínda ficou traballo por facer. Fiquei no laboratorio até as 20:30, hora á que fun até a cociña de Eloi para preparar a festa de despedida de Cristian, aínda que máis ben era ao contrario, era para que Cristian puidese despedir a a todos os demais, porque el marchou a Barcelona, pero voltará e en troques os demais xa non o ven, porque marchan antes de que el volte. Gravei tamén todos os CDs de música que lle imos dar aos fineses. A festa estivo ben, senón fose porque non puiden probar nada pola prescripción médica. Así que marchei cedo para casa para non seguir aturando a fame negra diante de todo o mundo a xantar. Unha das cousas que lle prepararon a Cristian foi o do "Scheiße Meister", ou o que sería o mesmo "Mestre da merda". Por que? Porque non sei como carallo fai, pero sempre está a cagar, así que os demais lle puxeron ese alcume e onte encheron a cociña de Eloi de papel hixiénico que ponía "Scheiße Meister" e tamén lle escribimos unha chea de dedicatorias nun rolo.
Óscar Pereiro fai historia e gaña unha tirada no Tour
Nova en
Vieiros:
[19/07/2005 20:58] Non o conseguiu no cumio do Courchevel. Tampouco en Saint Lary Soulan, onde só puido ser segundo. Mais á terceira foi, e Óscar Pereiro, logo dunhas xornadas sendo protagonista da paixón, venceu na liña de meta de Pau a súa primeira tirada do Tour. Pereiro saltou do grupo cando comezaba a subida ao alto de Aubisque, acompañado do tamén galego Marcos Serrano. Logo deixou atrás os compañeiros, e situouse na cabeza a canda o vasco Zandio, o australiano Evans e o italiano Mazzoleni. Quedaban só os quilómetros da baixada, e a distancia co grupo (uns seis minutos), podía abondarlles. E así foi: Pereiro ceibouse dos outros tres a 250 metros da liña de Pau, e conseguiu a primeira vitoria para un ciclista galego en toda a historia do Tour. O ponteareán Álvaro Pino quedara segundo nesta mesma tirada, xustamente hai vinte anos.
A cidade gascoa de Pau coñece así a primeira vitoria galega nun Tour, logo de que históricos como Álvaro Pino ou Blanco-Villar nunca o conseguisen. E aínda non dixo Pereiro a última palabra: loxicamente o podio está lonxe, pero o excelente estado de forma do mosense pódeno animar a rabuñar algúns segundos máis nas tiradas do Macizo Central francés e mais na última das contrarreloxos. O horizonte, mellorar a décima praza da edición de 2004. Para mañá, unha longa tirada de 239 quilómetros dende Pau ata a viliña languedociana de Revel, bastante chans. Pereiro, que acaba de renovar o seu contrato por dous anos co equipo Phonak, dedicoulle a vitoria á muller, coa que agarda un fillo para outubro.
O presidente en funcións da Xunta, Manuel Fraga, felicitou cun telegrama a Pereiro polo seu triunfo. Fraga transmitiulle a noraboa "no seu nome e no de toda Galiza" e cualificou a vitoria de "fito histórico" para o deporte galego. Fraga destacou que "é un orgullo para Galiza" contar cun deportista de tan gran valía.
Pola súa banda, o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, envioulle esta tarde unha mensaxe de felicitación a Pereiro polo "seu grande triunfo". Quintana seguiu a retransmisión televisiva da vitoria de Pereiro, e sinalou que o triunfo de Pereiro era un "bo exemplo de ata qué punto os galegos e as galegas son capaces de abrirse paso exitosamente en distintos campos a escala internacional, entre eles o deporte profesional ao máis alto nivel".
A mesma nova en
La Voz de Galicia.
PSdeG e BNG chegan a un acordo definitivo para gobernar a Xunta
Nova de
Vieiros:
[19/07/2005 21:20] O secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, e o coordinador da Executiva do BNG, Francisco Jorquera, escenificaron cun apertón de mans o pacto de goberno ao que chegaron ambas formacións políticas logo da xuntanza desta tarde das comisións negociadoras. Un acordo que as dúas forzas políticas cualificaron de "serio, reigoroso e xeneroso" e que mostra o "desexo de cambio" que os galegos expresaron nas pasadas eleccións autonómicas. Ambos dirixentes non quixeron desvelar os pormenores do pacto e remitiron á presentación pública do documento que farán Touriño e Quintana a finais desta semana.
O acordo ao que chegaron as comisións negociadoras do PSdeG e do BNG inclúe como eixos transversais do novo goberno os ámbitos relativos á política lingüística, de relación cos medios de comunicación privados e as competencias referidas aos medios públicos. De feito, tanto política lingüística como comunicación social serán dúas secretarias xerais asociadas a presidencia. Porén, as decisións do goberno nestas materias terán que ser consensuadas polas dúas forzas políticas que integran o futuro goberno conxunto da Xunta, o PSdeG e o BNG, por medio de comisións formadas por membros de ambas formacións. Desta forma, Comunicación Social, que xestionaba as competencias da CRTVG, deixará de depender da consellaría de Cultura e Política Lingüística abandona a consellaría de Educación, tal e como pretendían PSdeG e BNG nos seus programas electorais.
O BNG responsabilizarase da política forestal
Por outra parte, outros dos temas que estaban pendentes de acordo, a asignación de Montes á consellería de Medio Ambiente, como quería o PSdeG, ou á nova consellaría de Medio Rural, como pretendía o BNG, decantouse ao final cara a banda nacionalista. Con este acordo, a consellaría de Medio Rural estará integrada polas áreas de Agricultura, Gandería, Desenvolvemento e Política Forestal.
Os negociadores salientan a "xenerosidade" e "rigor" do acordo
Tanto Varela como Jorquera subliñaron esta tarde que o acordo de goberno é "bo" para Galiza e está concebido como "un contrato coa sociedade".
"O acordo desbloqueouse aproximando posicións e coa xenerosidade das partes da delegación, que tivo o PSdeG e o BNG", sinalou Ricardo Varela. Neste sentido, os portavoces da comisión negociadora indicaron que, a pesar de que os traballos desta comisión están rematados, "queda pendente a redacción definitiva" do acordo e anunciaron que a finais desta semana Touriño e Quintana presentarán publicamente o documento final.
Varela e Jorquera coincidiron en salientar que ambas delegacións realizaron "un gran esforzo" para expresar cun pacto o "desexo de cambio" dos galegos. Así, o secretario de Organización do PSdeG sinalou que as dúas delegacións realizaron un traballo "rigoroso, serio e xeneroso". "Temos un pacto que é bo para Galiza, para o noso futuro, e consolidará un goberno de cambio", engadiu. "Podemos felicitarnos polo traballo realizado e, desde logo, estamos satisfeitos das dúas semanas de contactos para chegar a este acordo".
O coordinador da Executiva do BNG insistiu en que as dúas forzas políticas "souberon estar á altura das circunstancias tras o "cambio" expresao polos galegos o pasado 19 de xuño. "Houbo un esforzo mutuo de integración, de comprensión, de poñer o desafío que temos diante da sociedade galega, de non defraudar ese desexo para un cambio importante no noso país por riba de intereses de curto alcance".
Tamén advertiu que o acordo alcanzado será "publicitado con luz e taquígrafos".
A mesma nova en
La Voz de Galicia e
Galicia hoxe."
Studienarbeit

Hoxe erguinme moi cedo para ir ao médico ás 9:15, por sorte, xa en menos de un cuarto de hora estaba fóra e puiden voltar para o campus a traballar. Fun xa para a
FIS (Fakultät Informatik Stuttgart) porque ás once tiña cita con Dominique. Xa case temos todo listo para comezar a implementar. Teño que escribir unhas cantas cousas máis. El en xeral está satisfeito co meu traballo, porque di que con todo o que levo xa investigado e reflexionado, debería ter boa parte da memoria xa feita, e que realmente é un bo traballo de investigación. Non é por me botar flores, pero é un único traballo de investigación que fixen :-) A cidade que usaremos como escenario será
Barcelona, que pola súa forma reticular nos fará o traballo un pouco máis doado, como se pode ver na foto.
Despois de saír da FIS fun a mercar cousas para xantar, que non tiña xa aceite de oliva e iso é imprecindíbel para cociñar. Ao voltar fixen Spätzle co mollo especial de Dores, que me quedou un pouco salgado de máis, pero moi bo igualmente.
21/07/2005
Schnappi, das kleine Krokodil
Pois onte coma sempre a trabajar pola mañá. Fun á FIS porque aquí estaba o meu veciño francés co hip hop a todo volume. Estiven alí con Dani, que tivo o exame oral de BD2 aquí. Aprobou cun 1.7, así que parabéns para el.
Despois fun xantar onde estiven a falar sobre nacionalismo con Ignasi o catalán e despois outra vez ao troballo, á cita con Dominique. Estivemos a falar 3 horas e non rematamos todo, que aínda me quedou o tema de como vai ser o algoritmo de enrutamento. Despois estiven até as nove no laboratorio a preparar un repositorio CVS para o meu proxecto nunha máquina do departamento, que aínda que vaia traballar eu só, está xenial para controlar os trocos e para que me fagan backup :-) Alí escoitei Zapping, por cortesía da conexión á internet da Fakultät.
Á volta colleume a choiva e fiquei mollado coma un pito. Fixen a cea na miña cociña e coma fixen demasiado, pois invitei a Marcus, un alemán moi simpático veciño meu. Aí foi onde escoitei a
canción número 1 en Alemaña hai tres semanas (
letra). Déixoo ao voso xuízo... (Ich bin Schnappi, das Kleine Krokodil!)
Marcos Serrano gaña a tirada e completa a festa galega do Tour
Nova de
Vieiros:
SEGUNDA VITORIA GALEGA NA ROLDA FRANCESA
Marcos Serrano gaña a tirada e completa a festa galega do Tour
[21/07/2005 18:06] Dúas de dous. Os dous ciclistas galegos que participan na edición deste ano do Tour de Francia van volver a casa con cadansúa vitoria. Despois de que Óscar Pereiro conseguira o pasado martes gañar a primeira tirada dun ciclista galego na rolda gala, Marcos Serrano logrou impoñerse esta tarde na meta de Mende, no Macizo Central francés, despois de conseguir deixar atrás ao grupo de fuxidos na última ascensión do día. O francés Vasseur e o belga Axel Merckx entraron na meta a 26 segundos como segundo e terceiro, respectivamente.
17ª tirada
1º Marcos Serrano (GZ)"
2º Cédric Vasseur (FRA), a 27"
3º Axel Merckx (BEL), a 27"
12º Lance Armstrong (EUA), a 11'18"
24º Óscar Pereiro (GZ), 12'28"
Xeral
1º Lance Armstrong (EUA)
2º Ivan Basso (ITA), a 2'46"
3º Mickael Rasmussen (DIN), a 3'46"
13º Óscar Pereiro (GZ), a 17'10"
40º Marcos Serrano (GZ), a 1:16'33"
22/07/2005
Traballo
Coma sempre onte a traballar pola mañá. Grazas á axuda de Marcos, xa que eu tiña toda xeometría oxidada, conseguín facer a proxección dun punto exterior a un segmento sobre o propio segmento. Haberá quen diga que é unha grandísima parvada, e realmente o é, pero o carallo é que eu non me lembraba sequera da ecuación da recta. Pois iso, que grazas a el conseguir desenvolver o cálculo e con iso presenteille a Dominique despois o algoritmo de enrutamento, que por fin chegamos á conclusión de que funcionaría, e que non tería máximos locais, alomenos, de xeito tan flagrante coma o outro. Fun a falar con Dominique despois de xantar na Mensa, onde puiden saudar a Jero a a Johanna, que voltaran de Berlin.
Despois pola tarde a traballar outra vez, pero vin para casa, que non tiña batería no móbil. O carallo é que non atopaba as follas limpas que escribira con Dominique sobre todo o que iamos implementar. Voltei á facultade, pero non estaban, así que xa na casa voltei a buscar e atopeinas ben gardadiñas para non perdelas. Tan ben gardadas estaban, que nin sequera podía atopalas :-) .
Estiven a traballar até as nove e media, hora á que fun cear, onde Felipe me convenceu para ver Cube Zero, mentres ceaba o meu "pa amb tumaca", ou como carallo se escriba. A verdade é que é algo que teño que importar de Cataluña, porque está moi bo. Fixen tamén unhas patacas ó polbo, estilo Cacabelos que tamén gustaron moito. E despois de falar un chisquiño co meu amor, que xa vén en catro días!, vin a película con Felipe, o chileno.
¡Publicado Fisterra 2!
Nova de
Barrapunto:
kevin nos cuenta: « Fisterra 2 es un framework GNOME para desarrollo de aplicaciones de gestión. La versión anterior de Fisterra (fisterra-old), publicada en 2002, significó una pequeña revolución para el mundo del software de gestión. Decenas de talleres en todo el mundo siguen utilizando este software, sobre el entorno GNOME, como ERP funcional y completo para su negocio. El primer caso de éxito sigue siendo el mayor beneficiado de su publicación como software libre. La nueva versión de la tecnología se llama "Fisterra 2". Su arquitectura , potente y flexible, la convierten en una tecnología del software libre muy adecuada como base para cualquier proyecto de entidad relacionado con GNOME.»
« Modestamente, Fisterra 2 pretende servir también para fortalecer el futuro de GNOME como entorno de desarrollo, además de su existoso presente como escritorio.
Hay un sinfín de caminos posibles para participar en el proyecto Fisterra, abierto de forma absoluta a la colaboración con la Comunidad. El poder utilizar lenguajes como C# (Mono) o Python del lado cliente son un ejemplo de tareas interesantes a realizar.
El equipo del proyecto está disponible a través del chat o las listas de correo.
Fisterra 2 está compuesta actualmente por:
# "fisterra-base", el framework GNOME, ya en versión estable
# "fisterra-distribution", implementación vertical para el sector retail sobre fisterra-base, cuya release actual cuenta con funcionalidad TPV (POS)
Tanto los fuentes como los paquetes para GNU/Linux Debian Sarge pueden bajarse de sourceforge o la propia web del proyecto
Aquellos que quieran instalar estas versiones estables de Fisterra 2 utilizando apt, pueden servirse del repositorio disponible para ello.
Pódese ler tamén a nova na
web oficial do proxecto Fisterra.
23/07/2005
Network Simulator 2

Pois onte, xa por non trocar a rutina, tamén me erguín para traballar. Fun xantar á unha menos algo á Mensa, sen agardar polos demais porque tiña cita con Dominique ás 13:30 . Chegaron e sentaron todos os españois arredor miña. Até me sorriu Carolina cando chegou tarde e lle deixei o sitio para se sentar, xa que eu marchaba. A verdade, non sei que carallo lle pasa comigo, será porque falo mal da Igrexa, porque é devota de Escrivá, ou porque son nacionalista e esta xente non soe aturar nin unha cousa nin a outra...
Pois iso, que onte practicamente só estiven no despacho de Dominique, que me estivo a amosar código que teño que tocar e esas cousas para implementar o meu protocolo no simulador
Network Simulator 2. Verdadeiramente é unha merda espichada nun pau. Non ten outro nome. Está deseñado co cu. Hay que facer unhas cousas rarísimas con portos, que non teñen nada que ver cos portos de TCP e UDP, é dicir, cada protocolo ten un porto ns2 que hay que pór. O carallo é que ese porto gárdano na cabeceira IP, tendo como ten, unha cabeceira común. Tamén tes que especificar a dirección do paquete, é dicir, se vai cara arriba na pila de protocolos ou cara abaixo, porque no código se fan comprobacións do tipo, se o paquete vai cara arriba fago esta cousa, se vai cara abaixo fago outra. É dicir, que me vai tocar loitar contra esta merda incríbel. Cando rematou a explicación, marchei para o laboratorio a rexerar o repositorio CVS que puxen nunha máquina, para ter backup á parte de control de trocos. Outra das cousas que me pareceu un pouco rara, é que Dominique utilice o propio simulador para xerar código TCL. Non me soubo responder cando lle preguntei por qué non utilizaba simplesmente un programa externo...
Despois vin a ver Batman Begins, que andaba xa pola rede de Direct Connect e despois de falar un chisco con Laura, que xá so faltan 3 días, subín a unha minifesta que facían na cociña de enriba da miña. Alí tomei un par de cervexas até que chegou a hora de saír pitando para coller o derradeiro S-Bahn da noite con Eloi e compaña. Fomos a un bar "español", onde puxeron catro cancións en español e despois o resto en inglés. Alí tomamos uns chupitos, bailamos e xa despois a tomar o Kebap de rigor e para casa no Nachtbus, ou bus nocturno. Aínda estivemos un chisco a facer coma corridas de touros en Allmandring, así que nos deron as catro e media cando nos deitamos.
24/07/2005
Koskenkorva

Por sorte onte era sábado, así que tomei un día de lecer. Ao acender o móbil, chamoume Eloi para xantar e de paso, para me avisar de que na lagoa das pontes estaban a saltar con bicicletas. Collín o que me facía falla para cociñar a pasta e fun cara a lagoa tamén coa cámara. Fixen bastantes fotos, entre elas a que acompaña á nova de hoxe. Hai que ter tempo e ganas de facer iso. A verdade é que ganas non me faltan, pero si tempo e collóns tamén :-) .
Despois de xantar, fun até o centro a mercar a camisola do
Vfb Stuttgart, que estaba rebaixada coa chegada do novo modelo. De todos os xeitos, a min a que me interesa era esta, que foi a tempada que pasei aquí. Preguntei tamén polos bonos de transporte para Laura, onde me puxen a punto de matar a alguén. Resulta que cheguei e me puxen á cola para preguntar, así como me desviei un metro para mirar unha cousa, metéuseme outra parella que acababa de chegar diante. Así que tiven que agardar dobre. E despois, noutra cola que tiven que facer, a agardar os caprichos dun vello que había alí, que de verdade me deron ganas de matar... Por fin marchei de alí e vin xa para aquí. Avisáronme para facer a barbacoa cos españois á que fun ás sete e media cando me veu recoller Jero. Chegamos alí e puxémonos a cociñar. Como non estaba seguro de que me fose encher con xeito, púxenme a cociñar con Eloi, e xa se sabe, o que reparte... Pois comín un cacho de carne, algunhas salchichas de Nürnberg, dous cachos de panceta adobada e unha Bratwurst. Discutimos un pouco sobre as linguas en España, tema que case demos por imposíbel, porque xa de por si, lles falta educación no tema. Con isto que quero dicir, que nos colexios españois non se educa na sensibilidade a estes temas, así que hai xente que pensa, por exemplo, que o catalán e o galego son dialectos do castelán.
Despois da barbacoa, chegaron por alí Arvid e Stefen, cos que falamos un bo rato, até que Jero e Eloi se despediron del, que xa non o voltarán a ver.
Fomos até a festa que había na terraza do edificio de Jero, onde estaban os fineses e moita máis xente. Alí foi onde probei o
Koskenkorva, que é unha especie de
Vodka con algunhas pastillas de menta. Tiña sabor a xarope, así que me encantou e fiquei coa botella toda a noita, coa que lle ía dando a probar tamén á xente.
Á fin, marchei para casa a me deitar despois da festa que non estivo nada mal.
25/07/2005
Almorzo comunitario

Tan coma me dixeran antonte, onte había almorzo comunitario do edificion na miña terraza. Erguinme ás doce menos cuarto, ducheime e fun cara arriba. Aínda tivemos que agardar un chisquiños até que estivo todo e puidemos comezar a xantar. Comezaron a chegar unha chea de abellas en busca das cousas doces, iso si, que eu saiba, non picaron a ninguén... A xente preparou cousas caralludas, pero como eu non tivera tempo de facer nada, e á parte diso, que doce podo facer eu? Pois que o pasamos ben e fixemos unha chega de fotos, coma a que se pode ver aquí na nova. Despois Felipe e mais eu baixamos a mirar película
The Grudge, que era xaponesa-USAna, de terror de San Raimi, que achei bastante cómica.
Despois a traballar outro pouco até que chegou a hora de cear e ver
El secreto de Los McCann, que si que achei moi divertida. Despois tocou deitarse para agardar o último día que estarei só até o mes que vén, porque xa mañá me tocará recoller no aeroporto para pasarmos o mellor mes da nosa vida ao meu amor!"
26/07/2005
Primeira despedida
Pois onte coma sempre a traballar para poder presentar algo decente a Dominique. Por sorte, puiden rematalo onte pola tardiña. Coma sempre fun xantar á Mensa e despois tentei imprimir as portadas para os discos que lle imos dar aos colegas nosos, pero non fun quen, porque non me imprime a impresora á calidade que o tiña que facer. Cando me decatei marchei fungado ao Hausmeister, que tiña que firmar o contrato da habitación até a fin de setembro. Case non chego, de feito, ao chegar xa tiñan a porta pechada, pero toquei no timbre e abríronme.
Despois fun a meterlle cartos outra vez á tarxeta da lavadora, que me esquecera na Mensa, e despois a Vaihingen a mercar algunhas cousiñas e lambonadas que sei que lle gustan a Laura, que por certo, chega hoxe :-) . Á volta seguín a traballar e despois, ás 20:30 fomos Eloi, Jero e máis eu a cear á cociña de Jero, os tres sos para podermos falar en español e nos despedir con xeito. Despois tomamos un par de cervexiñas e xogamos ás cartas. Sobre as dúas marchei para casa, que hoxe tamén quería traballar algo :-) .
Sobre informática dicir, que probei un proxy socks para poder acceder ao CVS da Fakultät, pero decateime que a miña conta, que é onde está o repositorio, tamén se monta na única máquina que á que se pode acceder dende fóra, así que decidín trocar a dirección do repositorio e listo, xa nin proxy nin nada.
28/07/2005
Laura

Pois onte tocoume, por milésima vez consecutiva, erguerme para traballar. Teóricamente non ía ir xantar con Eloi e Jero á Mensa, porque andarían de papeleo por Stuttgart adiante, pero ao final avisáronme, pero ás doce e media. Fun para alá e despois a traballar outro chisco ao laboratorio até que chegou a hora da cita con Dominique, que chegou un cuarto de hora tarde.
Estivemos a discutir unhas cantas cousas respecto á implementación, que mas trocou aí a última hora, menos mal que non comezara aínda. Despois fun con Eloi a imprimir as carátulas dos CDs que lle iamos dar aos fineses. Tentámolo na sala de informática, pero as impresoras non ían, así que a min se me ocorreu a idea de ir á Fakultät, pero non imprimir dende o portátil, senón lanzar un lp dende outra máquina, co cal saiu todo sen problemas. Ao carallo foi que a porta principal estaba pechada, así que se me ocorreu a idea de ir á de atrás e agardar a que saíse alguén para poder entrar, pero ao irmos cara alí, Eloi atopou un porta auxiliar aberta, e ao entrarmos, a porta que tentaramos abrir antes, estaba aberta. Foi coma isto de tentar aparcar, dar unha volta de carallo, e cando tes que pasar despois a pé polo sitio onde querías ter aparcado antes, atopar un sitio libre e amplísimo.
Despois fomos até a cociña de Liisa, que é a mesma que a de Cristian e cando os franceses marcharon fóra, démoslles os CDs, que lles molaron moito, sobre todo a portada, que é a que se pode ver na imaxe da nova.
Despois marchei ao aeroporto para recoller ao meu amor, que tamén chegou un cuarto de hora tarde, coma Dominique.
Deixamos as maleta na habitación, despois de perderlle unha roda, por iso era chunguísimo andar con ela, fomos outra vez á cociña de Liisa, onde me agardaban "as bólas de Pasi", que dito así soa mal, pero que son unhas albóndigas moi boas, carne de reno, e a supertarta de Johanna, que coma sempre estaba caralludísima.
Ao rematarmos, fomos ao Unitekle onde non puiden pedir nada, porque xa estaban a pechar. Estivemos un cachiño alí e despois fun deixar a Laura a casa, que se atopaba mal. Voltei, non porque fose un maleducado con Laura, senón porque sería un maleducado con Eloi e Jero, que marchaban xa para Barcelona, aos que vou botar moito de menos despois de todas as aventuras que vivimos xuntos por aquí.
Papeleos
Hoxe, por primeira vez en tempo, non me erguín para traballar! Erguémonos para ir ao centro a buscar os libros de Laura e o bono de transporte. Tentei mercalo aquí, pero o fulano dixo, que sendo un bono mensual, tiñamos que facelo no centro, así que mercamos un ticket simple para ela e alá fomos. Por sorte, un dos sitios está en Charlottenplatz, que era a mesma parada do centro de idiomas de Laura. Fixemos alí o bono, pero ao tentarmos coller os libros descubrimos que estaban na pausa do mediodía, así que marchamos a Vaihingen a xantar cos fineses, que xa marchan mañá. Manda carallo, que ao estarmos alí apareceu Irene, unha das españolas que xa marchara, pero que estaba a facer o proxecto e que viñera uns días para falar cos titores. Tomamos un café todos e despois Laura e máis eu marchamos a polos libros, que non nos deron porque xa llos darían o primeiro día de clase. De todos os xeitos, puidemos comprobar que estaba todo en correctamente.
Despois demos un paseo polo centro, onde escoitamos a uns fulanos tocando música clásica de daba gloria oílos. Aproveitamos para tomar un granizado dos Starbucks, que abriron hai pouco, pero había moita xente e ademais, era carísimo. De todos os xeitos, tomamos o noso granizado. Atopamos unha zapatería, onde merquei uns zapatos, que os que teño xa estaban moi vellos e xa voltamos para Vaihingen, onde tentamos configurar coma tolos unha conexión ad-hoc wireless para que Laura puidese saír tamén a internet. Levounos tempo de carallo e todo por mor da canle. A Laura saíalle sen problemas e a mí aparecíame coma "unassociated". Probei trocando a canle e todo foi ben, aínda que tivemos que arranxar aínda o tema do firewall e de NAT, que foi menos complicado.
E agora miraremos Naruto e xa nos deitaremos, que teño sono e ela tamén. Até mañá!
29/07/2005
Recurridas dos licitaciones de proyecto de software
Nova de
Barrapunto:
Recurridas dos licitaciones de proyecto de software
editado por Candyman el Jueves, 28 de Julio 2005, a las 18:01h
desde el dept. a-Dios-rogando,-y-con-el-mazo-dando.
Justicia kevin nos cuenta: «Igalia, empresa gallega de ingenieria cuyo principal objeto es el desarrollo de soluciones basadas en software libre, ha interpuesto sendos recursos de alzada a dos licitaciones del Servicio Gallego de Salud (SERGAS) basadas en software propietario. Ambas licitaciones, relacionadas con el despliegue de entornos colaborativos y el alquiler de hardware y licencias de software respectivamente, hacen referencia explícita a marcas y tipos de software propietario, vulnerando así la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas.» Obviamente es una nota de prensa, pero de estas teníamos que poner en barrapunto dos cada semana hasta que las licitaciones públicas cumplan la ley. Sigue tras la publicidad.
«La empresa gallega basa sus alegaciones, en primer lugar, en el citado incumplimiento de la Ley de Contratación, ya que al citar marcas y tipos de software propietario están excluyendo a posibles interesados y determinados productos, impidiendo de antemano la posibilidad de presentar una solución basada en Software Libre.
En segundo lugar, se apoya en la Propuesta de Recomendaciones a la Administración General del Estado sobre utilización de software libre y fuentes abiertas, adoptada por el Consejo Superior de Informática, en cuyo informe establece claramente que el Software Libre y de fuentes abiertas no puede ni debe ser considerado de forma desfavorable con respecto al software propietario.
En tercer lugar, se cita la proposición de Ley de 4 de enero de 2005, donde ya en sus motivaciones se hace referencia a “las ventajas económicas, estratégicas y sociales que el uso, promoción y desarrollo de este tipo de software proporciona, en especial a las Administraciones Públicas, en contraposición al software de licencia propietaria”
Por último, en sus alegaciones Igalia recurre al informe del Tribunal de Cuentas de 30 de marzo de 2005 donde se dice que “las decisiones sobre el uso de software que impliquen costes para la Administración deben justificarse ampliamente en todos los casos por los responsables de la Administración, como cualquier otro gasto. No es admisible legalmente la adopción implícita de decisiones sobre la instalación de determinado software que suponen, en definitiva, la asunción de gastos millonarios para el Estado sin las debidas formalidades y garantías”
Por todo ello, Igalia se considera perjudicada y excluída, por lo que solicita que se dicten nuevas resoluciones donde las condiciones económico-técnicas no resulten exclusorias para con el Software Libre.»
Jussi

Onte pola mañá tampouco traballamos, fixemos o preguiceiro un pouco. Despois a xantar á Mensa, con Jussi, Sabrina e Liisa. Despois eu quería ir á piscina, pero a Laura non lle apetecía porque dicía que se ía queimar co sol. Así que ficamos na casa a traballar.
A iso das seis e media marchamos a mercar algunha cousa ao Kaufland e á volta a traballar outro pouco, até que rematei o que quería facer onte.
Despois, Laura e mais eu fixemos uns Ovos á Extremeña e puxémonos a ver Naruto, o 144 e o 145. Ao rematarmos estivemos a facer un pouco o parvo no meu edificio, onde Liisa nos deu un autocolante que pon "Santa Claus' Main Post Office. Arctic Circle. Finland", que por suposto procedín a pegar no portátil. Así xa teño dúas cousas de Finlandia, contando co kernel de Linux.
Como xa vai sendo habitual estes días, tocoume despedirme de Jussi, o da foto, que xa marchaba para Finlandia de volta. Outro que ao principio parecía un pouco aburrido, pero que despois se soltou e foi un dos demais. Outro ao que vou botar de menos.
30/07/2005
Liisa

Pois onte si que traballamos pola mañá, pero pouco, porque nos erguemos ás once e pico. Á unha coma sempre fomos á Mensa, onde xantamos con Sabrina, Liisa e Ignasi. Ao rematar fomos tomar una café e foi cando me despedín de Liisa, a da foto, unha das finesas que ao principio semellaba ser unha aburrida, pero que ao final resultou ser a máis divertida de todas. Tamén a vou botar de menos.
Despois pola tarde traballei outro pouco tentanto facer dúas parvadas coa xeración de escenarios, pero non fun quen, porque non fun quen de compilar a versión de ns2.27 que me pasou Dominique. Realmente é incríbel o mal que está iso. Non sei como un programa coma ese non ten un sistema de automake e autoconf coma todo programa que se precie...
Pois iso, que lle mandei un mail a Dominique, que seguramente non me resposte até o luns, así que menuda merda...
Mentres estabamos a traballar, apareceu Huseyin, o outro da foto, para nos despedir e para asinarnos os cadernos mutuamente. Dúas despedidas no mesmo día.
Ao rematarmos con iso, fomos até o centro a Hauptbahnhof, onde pola parte de abaixo, o Klett-Passage, que é coma unha praza subterránea, estaba toda inundada. Pasaba unha riada que ía dende a pasaxe que está ao lado da comisaría até a saída ao número 1 de Königstraße. Totalmente incríbel, así que nos metemos outra vez no S-Bahn e a cear ao Anatolien, no que Laura fixo a maior aberración do mundo ao pedir un Döner Vegetarisch! Pero que carallo é iso?! Pues un Döner Kebap, pero sen a carne, cousa terríbel.
Ao voltar vimos
El penalti más largo del mundo e despois un capítulo de
Los Serrano.
Denuncia das cancelas do Sergas ao software libre
Nova de
Vieiros:
PRESENTADOS DOUS RECURSOS NA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA XUNTA
Denuncia das cancelas do Sergas ao software libre
[29/07/2005 11:48] As esixencias de marcas e tipos de software propietario nas licitacións do Servicio Galego de Saúde "incumpren a lei de contratación". Así o denuncian dende a empresa galega Igalia, especializada precisamente no desenvolvemento de solucións informáticas baseadas en software libre.
Igalia considérase "prexudicada e excluída" polo que pide que se dicten "novas resolucións onde as condicións económico-técnicas non resulten exclusorias para o software libre". Por este motivo veñen de presentar recurso de alzamento a dúas licitacións de proxectos do Sergas. A denuncia lembra que as respectivas peticións dende a administración de propostas vencelladas co despregue de contornos colaborativos e alugueiro de hardware e licencias de software que fan "referencia explícita a marcas e tipos de software" vulnera a Lei de Contratos das Administracións Públicas.
As alegacións de Igalia a estas licitacións subliñan tamén que a Proposta de Recomendacións á Administración Xeral do Estado sobre Utilización de Software Libre, remitida ao executivo polo Consello Superior de Informática establecen "claramente que o software libre e de fontes abertas non pode nin debe ser considerado de xeito desfavorábel con respecto ao software propietario".
Do mesmo xeito, citan a proposición de lei de 4 de xaneiro de 2005 que destaca "as vantaxes económicas, estratéxicas e sociais que o uso, promoción e desenvolvemento deste tipo de software proporciona en especial ás administracións públicas, en contraposición co software de licencia propietaria". A maiores, lembran que un informe do Tribunal de Contas en marzo pasado recolle que "as decisións sobre uso de software que impliquen custos para a administración deben xustificarse amplamente" precisando que "non é admisíbel legalmente a adopción implícita de decisións sobre a instalación de determinado software que supoñen a asunción de gastos millonarios para o Estado sen as debidas formalidades e garantías".
Touriño presidente
Nova de
Vieiros:
SESIÓN DE INVESTIDURA
Touriño presidente
[30/07/2005 01:11] 38 contra 37. Os votos de nacionalistas e socialistas emitíronse como era agardado e Emilio Pérez Touriño é xa, na primeira volta, presidente electo da Xunta de Galiza. A presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, ten que comunicarlle a elección al-Rei Xoán Carlos, o BOE e mailo DOG recolleren o nomeamento e Pérez Touriño ser proclamado presidente nunha sesión extraordinaria do Parlamento o vindeiro martes. Nas últimas palabras antes de procederse á votación, Pérez Touriño insistiu en que actuará de forma leal coa oposición, e que buscará un goberno "a prol da suma e da integración". Pérez Touriño é o segundo presidente socialista da Xunta e o quinto na historia da democracia.
31/07/2005
Cumpreanos grego

Pois onte, voltando á tradición, erguémonos para traballar un chisco até que chegou a hora de xantar. Fixemos un par de pizzas mentres viamos
Los Serrano. Despois traballamos outro pouco até que deron as sete e pico, hora á que fomos mercar algunhas cousas que nos esqueceran o outro día, entre elas, unhas Bratwurst para levar á grella que tiñamos despois cos españois.
Fomos alí e resulta que había un grego de cumpreanos, que fixera unha chea de cousas gregas para cear, entre elas unha especia de fabada fría, arroz envolto en follas de viña, olivas estilo grego e iogures. Agás os iogures, encantoume todo. As salchichas que mercamos nós tamén estaban caralludas, xunto coa carne e por suposto o postre, que aínda estou a agardar a receita.
Despois fomos para casa, que Laura tiña sono e eu tíñame que despedir de Katerina e Ian, que marchaban hoxe. Así que fun con eles até a lagoa, mentre Laura ficaba a durmir na cama. Estivemos a aprender a canción da Felicita en italiano, cantada por Elisa, con baile incluido e despois xa voltei para casa. O carallo foi que non me despedira de Katerina, que xa non a ía ver porque marchaba pola mañá cedo. Así que saín para pórlle unha nota para que me espertase pola mañá antes de marchar, pero ao saír, atopei a unha amiga súa que ía cara a lagoa, así que xa llo dixen a ela. 10 minutos despois oí como ela mesma entraba no edificio, así que voltei a erguerme a dicirlle adeus. Outra despedida máis...