Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2005.
Podemos ler esta nova na Cadena Ser:
El político ha sido el autor del informe más contundente sobre la violación de los Derechos Humanos durante la dictadura.
Ha tenido que ser un diputado maltés, miembro de la Asamblea Parlamentaria del Consejo de Europa, quien haya realizado un informe más que contundente sobre las violaciones de los Derechos Humanos cometidas bajo la dictadura de Franco.
Para ler máis, premer aquí.
Hoxe era teoricamente cando os de Timofónica tiñan que desenchugar o meu cable da central para pasar a ter servizo con Jazztel. O carallo é que era hoxe cando pensaba ter a conexión dos 20Mb, pero non puido ser. Espero ter máis novas mañá sobre o que aconteceu, aínda que o que me dixeron os de Jazztel foi iso, que os cabróns da outra empresa con quixeron soltar o cable. Por esa razón está a pór Jazztel tantas demandas a esa empresa...

Este luns marchamos Laura e mais eu de ponte da constitución a Marín. En dúas horas e media chegamos a aló, iso si, despois de parar no supermercado Día de Ordes onde ademais de mercar unha chea de lambetadas descubrimos que teñen o chocolate Ritter Sport, que descubrín ao estar en Stuttgart e que pensei que non había aquí.
Ao chegarmos, ceamos con meu pai a súa típica tortilla de patacas, que estaba boa, pero que puido ser mellor por estar fría.
E despois marchamos para a casa do meu tío para ver unha película que rematamos ao día seguinte e durmir para erguernos ao día seguinte e ir a Portugal. Chamei aos ígalos para ver se me dicían onde carallo estaba o restaurante no que xa estiveran eles e que estaba moi ben, pero xa contactei tarde con eles, así que finalmente xantamos nun que atopamos na estrada, no que comin un bo Bacalhau. Aí foi o primeiro sitio no que me tomaron por portugués con só falar galego cun pouco de sotaque portugués. O segundo sitio foi unha das tendas das Fortaleza (que se ve na foto, á beira do Miño), onde merquei unha chaqueta. Por alí preto tamén puiden mercar uns calcetíns. Afortunadamente os portugueses non festexan o día da constitución española :-) .
Ao día seguinte fomos a Pontevedra, por onde paseamos un pouco e xa onte xoves volvemos para A Coruña.
Tranquilos! Laura NON está preñada, senón sospeito que o está a pequena Catalina, que á volta da ponte me semella estar máis gorda, así que supoño que estará preñada, aínda que non o sei seguro. Segundo Ana, non se lles nota até a derradeira semana, así que haberá que esperar aínda un chisquiño máis. Por agora, só facemos rumore-rumore; cando teñamos a exclusiva, non será o Tomate, senón o meu weblog e o de Laura, os que terán a exclusiva.

O xoves pasado pola noite, cando chegamos Laura e mais eu de Marín, quedamos Miguel, Carlos e mais eu para cociñar e comer un polbo que me dera meu pai. Fixémolo segundo o canon do . Pór auga a ferver, e unha vez que ferve, dáselle tres chupos na auga quente e despois déixase cocer durante unha hora. Mentres fixemos tamén un par de bolos de pan na supermáquina e ao se rematar de cocer o polbo botámoslle o sal e o pementón picante.
Teño que dicir, e non é porque o fixese eu, que estaba caralludo. Máis información, no blog de Miguel. Non houbo gran velada, porque el tiña que traballar ao día seguinte :-/
1- Abrir Open Office Calc
2- Escribir nunha cela =Game("StarWars")
3- Desfrutar
Fonte: Blog de Aklis ou Planet de GPUL.
Pois iso, que xa teño a camisola da selección galega da que aínda non vou pór fotos porque a quero estrenar o día do partido, é dicir, o 29 de decembro. Levo agardando unha chea de tempo por ela e menos mal que ma gardaron, porque xa non quedaba a miña talla, é dicir, que se están a vender unha chea delas. A ver se cumpre o que se desprende disto, que é que a selección vai ter unha aceptación bárbara, co cal lle daremos no nariz a eses que gobernaron durante 16 anos aquí e que se negaron a creala...
Noutra orde de cousas, podo dicir xa case seguro, que Catalina está preñadísima, porque semella un bocoi. Así que non tardaremos moito en ter Breoganciños e Cataliniñas...
Pois iso, que o día 29 de decembro a Selección (agardo que dentro de pouco sexa "nacional") Galega xogará o seu primeiro partido dende a segunda república contra Uruguai. Será en Santiago e retransmitido pola TVG, na que comezará un especial o mesmo día ás 19:30 e a propia retransmisión ás 20:50. Tamén teremos dende o sábado 17 nos telexornais unha sección especial sobre a nosa selección.
Máis información en
Pois iso, que ante o inminente parto de Catalina, a nosa hamster, terei uns cantos bambinos que levarei á tenda de animais. Iso, si, se alguén quere algún, que avise que llo regalo. Son bichiños moi simpáticos, sinxelos de coidar e baratos de manter, así que animádevos!
Ana, a ti non che dou ningún que non quero que haxa hamsters Borbóns na familia de Kruskal-Ina :-ppppp
Pois iso, que aínda non sei cantos son, porque a cabrona pariu dentro da casa. Agora estou á espera das instrucións que me dea Ana e de que os veña a ver tamén.
Iso si, o fillo de puta de Breogán xa está a tentar montala outra vez! E acaba de parir!
Aínda non remato de crelo, pero é certo, aprobei Enxeñería do Software e iso significa que rematei a carreira, porque tiven a sorte de facer o proxecto na Universidade de Stuttgart, do que aínda non sei a nota, pero que o meu director me asegurou o estar aprobado.

Pois como poderedes ver na parte de arriba, teño novo banner no weblog, para tratar de axudar na campaña de galeguización da sociedade, é dicir, que a xente faga coma min, e que fale máis galego :-)

Pois xa teño as entradas para o partido que a Selección Galega xogará no estadio municipal de San Lázaro na capital o día 29 de decembro ás nove. Puxéronse hoxe á venda e na grada de preferencia, só quedaban 28 entradas. A verdade é que era a mellor opción, xa que só valían 10€, 7€ as dos fondos e 15€ as de tribuna. Despois de se botaren atrás, finalmente só iremos Laura, Marcos e mais eu.
PD: quen queira entradas, pódese mercar no servizo de venda e Caixanova.

Hoxe pasoume a buscar Miguel de xeito totalmente improvisado para ir até Santiago á tenda de Jesús Babio, xa que ao parecer había unha liquidación e había cousas interesantes, aproveitando que Unión Fenuestra (homenaxe para a xente que apoia a cooficialidá) lle queimou todos os aparellos eléctricos da casa. Por suposto, non puiden sobrevivir á febre consumista e pillei un teléfono sen fíos de 20€ e unha grella eléctrica de 10€, que me axudará a facer esas salchichas alemás que xa empezo a botar de menos.
Pasamos tamén por Leroy Merlin, onde farei todas as compras de bricolaxe, por á súa competencia (alcumada "O Rei"), non penso darlles nin a hora. Había unha chea de cousas interesantes, a maioría que nin sei para que valen, pero que me dan ganas de mercar, aínda non sei por que. O que si vin alí, foi algunha mampara interesante para a ducha e incluso algún sistema de hidromasaxe por 69€, claro que serán máis malos cá fame, pero polo menos, algo mellor que un simple "teléfono" de ducha, xa poderemos ter.

Cito textualmente do xornal 20 Minutos:
En la pelea que actualmente se desarrolla en las escuelas de Estados Unidos entre las teorías de la evolución y la del Diseño Inteligente, que plantea la intervención de una inteligencia superior, Charles Darwin ha ganado un punto: Un juez ha fallado que el diseño inteligente no puede enseñarse en las clases de biología.
Tamén aparece en El País, do que cito textualmente:
Darwin gana la batalla de Pensilvania
Casi siglo y medio después de que formulara su teoría sobre el origen de las especies Darwin ha ganado una batalla en los tribunales estadounidenses. Un juez federal ha decidido prohibir la enseñanza de la teoría del diseño inteligente -el nuevo disfraz del viejo creacionismo- que se impartía desde 2004 en el pequeño pueblo de Dover (Pensilvania). Once padres de familia que denunciaron esta situación se han convertido así en los ganadores de la mayor batalla legal sobre la enseñanza de la evolución desde 1925.

Antes de nada, teño que dicir que estou perfectamente agás por algunhas rañaduras sen importancia.
Pois iso que hoxe ao vir das oficinas da Axencia Tributaria de preguntar pola miña declaración da renda, que resulta que estou obrigado a presentar fóra da de meu pai, probei que a moto chegaba aos 90 km ao entrar xusto dende Juán Flórez a Alfonso Molina. O carallo que chegaba eu emocionado ao campus e quíxenlle meter tralla na baixada xusto antes da rotonda, que pola práctica que teño, sempre a collo case recta. O que pasa é que esta vez había un Volkswagen Golf de cor negra diante de min, que ía moi a modo e polo que tiven que frear, momento no cal me decatei da hostia que me ía dar, por que vin que tiña que pisar a gravilla, que non se leva nada ven cos freos, así que en canto a roda tocou o bordiño da beirarrúa, catapún, ao chan dereito.
Grazas ao casco, e ao mercalo enteiro, deses que protexen tamén a queixada. Menos mal, porque Deus sabe onde estaría agora, se chego a bater con iso no chan...
Erguinme, quitei o casco (algo que non se debería facer, agora que me decato), luvas, gafas e vexo que so teño algunhas rañaduras. Apago a moto, que aínda esta acendida e volto a acendela, para comprobar que o motor está todo ben. As rodas semellan estar ben tamén, agás a de diante, que está un pouco virada á esquerda, é dicir, que para ir dereito, teño que ter o guiador un pouco cara a esquerda, mais case nada.
En Z-Center, que é onde merquei a moto, din que non me dan cita até a semana que vén, así que preferín falar con AC Medín, que me botan unha ollada mañá e co cal tamén escapo do mecánico arxentino, do que non me falaron ben, así que irei a que miren a ver se está todo correcto e a que lle poñan o espello novo, colocar ben o guiador e o faro, que está un chisquiño frouxo e se tal adecentar un pouco as rañaduras que ten. De paso, xa lle farei a revisión dos 1000 Km, na que lle teño que trocar o aceite, que leva ese máis forte para pulir o motor.
Afortunadamente, cito textualmente de Vieiros:
O SUPERMARTES DESPÍDESE LOGO DE 13 ANOS EN ANTENA
A trompeta de Atilano soará esta noite por derradeira vez en milleiros de fogares galegos. Tras o cambio político no goberno e na televisión pública moitos se preguntaron pola continuidade dos programas que simbolizaban o antigo réxime con iso que se deu en chamar "telegaita". E, como era de esperar, o Supermartes pecha para non volver abrir. Este martes despedirase dunha audiencia que lle foi fiel durante trece anos e grazas á que se consolidou como o programa de entretemento máis duradeiro da televisión estatal.
Falando hoxe con Dominique, notificoume que a miña nota no meu Studienarbeit foi un 1,3!. Teño que dicir, que as notas van de 5 a 1, é dicir, o perfecto sería un 1. A miña nota non está nada mal! De feito, se non é unha matrícula, está moi preto. Ademais, as cousas polas que me baixaron puntos, segundo me dixo Dominique, foron o idioma e a estrutura.
Estou orgulloso de min, unha das poucas veces, pero esta vez fíxeno ben!

Onte tocounos a a tarefa de limpar a gaiola dos hamsters, despois do parto de Catalina. Non o puideramos facer antes porque os cativos, aínda eran iso, moi cativos. Así que non sabiamos nada sobre eles, só que estaban aí. Agora sabemos que son 6 e que teñen as mesmas cores que a súa nai, ou iso lembro, así que xa sabemos cal é o xen dominante :-)
Tiñamos un pouquiño de medo do que pasaría ao metelos outra vez na gaiola, non fose que a nai os rexeitase ou algo así, pero non ocorreu, de feito, un que se foi por aí dar unha volta, puxémolo outra vez diante da porta e foi a mesma nai a que o colleu coa boca e o meteu dentro, así que: Migración cumprida!

O venres pasado, día 23, quedara coa xente dos scouts para unha cea de Nadal, así que alí fun no tren até Pontevedra, onde me recolleron Guille e María, que me levaron coas maletas até o restaurante. Alí ceamos todos, lembrando vellos tempos e non tan vellos. Foi superagradable divertirme con esta xente, aínda que non estaba moi católico, pero si que o pasei ben, sobre todo cando nos puxeron as botellas de licores, entre eles unha de caña tostada e outra de herbas, así que empezou aí a festa.
Despois fomos até un local do casco vello de Pontevedra, no que estivemos a bailar un chisquiño, até as dúas e media, hora á que eles decidiron trocar de local e eu marchar para casa, xa que ao día seguinte tiña unha cita relativamente cedo con Luis, antigo compañeiro de colexio e amigo, en Vigo, para xantar e facermos unhas compras. Acompañáronme Guille e María até o seu coche, onde estaban as miñas maletas e agardei ao bus (ou trole, como o coñecemos aquí) para ir a Marín, onde ao chegar a casa, merquei o billete de tren para ir a Vigo.

O sábado erguinme ás doce para facer unhas compras co meu pai, como uns zapatos e un pantalón e despois a toda hostia que fun con el cara a estación de trens de Pontevedra para coller un cara Vigo.
Durante o camiño lin un interesante artigo sobre honeypots que me molou moito, así que a viaxe se me fixo bastante rápida.
Alá me agardaba Luis, compañeiro de colexio e amigo dende hai dezanove anos, que sempre estivo e está aí para todo o que precise. Con el xantei e fun de compras, incluido o Corte Inglés, onde descubrín que as distribuidoras de cinema son unhas porcas. Discutín cos dependentes sobre a serie "Orgullo y Prejuicio", que lle regalaron a Laura e que ten mal as carátulas dos DVDs. A estes tamén lles respostei o mesmo que aos de Coruña cando me dixeron que ninguén se queixara, e era que cando alguén se gasta 50€ en DVDs pretende que todo sexa perfecto, porque para iso pódoos mercar no top-manta.
Despois amoseille as fotos de Stuttgart e tomamos algo abaixo, cando me falou do Eye Toy Kinetic, que é un xogo para Play 2 que fai de entrenador persoal para facer exercicio diariamente, co cal creo que xa teño excusa para mercar esa consola ;-)
Tamén lle cifrei a rede wireless, que a tiña abertísima e co password por defecto que deixaban os de Timofónica.
Despois leváronme el e maila moza de volta a Marín, xa que tiñan cea en Pontevedra.
Luis, grazas por todo.

O único interesante, que non quere dicir bo, foi este micro incendio que ocorreu na rúa Jaime Janer de Marín e que foi máis aparatoso que outra cousa, porque por sorte, non tivo consecuencias. Foi nada máis ca un contedor de papel...

Pois non sei se será dende que morreu miña nai, supoño que si, na miña casa o Nadal é unha merda, porque o único que facemos é cear algo un pouco máis traballado e de postre, turrón. Así que me decatei nun debate das clases de alemán, de que o único interesante que me ocorre no Nadal é o feito de recibir o agasallo. Si, soará moi material, pero lamentablemente é a verdade.
Este ano, como supoño que todos imaxirades, foi o Episodio III de Star Wars, que xa estaba a agardar a rubir polas paredes! Grazas, meu amor, por estar aí e agardo que cando vivamos xuntos, isto mellore, e tamén desexo que sexas ti, a que me dea esta ledicia que dende hai estes anos, é o único decente dos meus Nadais...

Esa foi unha das consignas que se berramos onte no partido que tanto tempo, por non dicir toda a vida, estiven a agardar. Si, o partido da Selección Nacional Galega.
O día comezou ben, recollendo a Laura e a Marcos na FIC e marchando en dirección Santiago. Chegamos xa á hora de xantar, así que fomos dereitos a Área Central e nos metemos nunha das cervexerías, onde había menú do día. A verdade é que tardaron moito en traernos o xantar, pero ao final estaba todo bo.
Despois tivemos a idea de ir no coche até o estadio e voltar a andar á cidade a dar unha volta, así teriamos o coche xusto ao ladiño ao saír do partido. Que tangadora! Dixo que serían uns 20 minutos a andar e foron máis de 40! Ao chegarmos á cidade polo menos eu xa non tiña ganas de nada, así que demos unhas voltas pola cidade na procura da tarta superdensa (segundo lle dixeran a Laura, hai un bar onde poñen unha tarta empalagosísima, como ten que ser), e vendo como estaba o ambiente na praza de Praterías, onde estaban os Siareiros Galegos a reivindicar unha selección que poida xogar competicións internacionais, co cal estou completamente dacordo e que non debería ser algo anormal, como pasa por exemplo coas seleccións escocesa, galesa...
Fomos á Praza de Galicia na procura da parada da liña número 6, que levaba ao estadio, porque despois do Camiño de Santiago que fixeramos antes, non estabamo dispostos. Cando atopamos a parada metémonos no bar de enfrente, onde estaba Carlos Blanco, curmán duns colegas meus, pero non lle dixemos nada, aínda que estiven a piques de ir falar con el.
Ao saír, estivemos un chisco a esperar, até que a parada estivo chea, que foi cando chegou o bus. Conseguimos entrar, menos mal, porque o bus xa non parou na parada seguinte. Xa aí comezaron os cánticos.
Ao chegarmos, collemos unha chea de cousas, entre elas, un exemplar do Vieiros en papel, edición especial do partido e merquei unha chapiña co escudo galego feito por Castelao.
Atopámonos entón con A.J. e compañía, que xa viñan un pouco borrachos e entramosss todos xuntos, conseguindo unhas bandeiras, un libro co posíbel once titular da selección galega literaria, etc.
Emoción, canto tempo levaba a agardar para oír e cantar o Hino Galego nun partido da nosa selección! O carallo foi que non o cantaron completo, coas estrofas máis bonitas e máis nacionalistas, pero deume igual, o importante era o feito.
E alá comezaron as bandeiras, cánticos e pancartas, que dicían cousas como:
Galiza xogou incribelmente e grazas a iso, marcamos os tres goles, para ledicia da maioría que estabamos alí, ben cantados coa música do hino, e que eu non podía crer, porque teño que dicir, que pensaba que nos ían meter unha chosca de carallo, pero non foi así e gañamos naquel momento histórico, co estadio municipal da capital ateigado de siareiros coma min, con ganas de ver unha selección coa que nos identificamos de verdade.
Ao rematar, marchamos Marcos, Laura e mais eu outra vez a Área Central, ao mesmo sitio que ao mediodía, pero esta vez pedín un prato típico alemán (codillo ou Schweinshaxe) que me desilusionou bastante, porque era nin semellante ao que eu comera alá.
E de volta a La Curuña...
Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/