Blogia

Calvaris in Deutschland

Zahnradbahn

Zahnradbahn

Pois hoxe erguémonos tarde, e entre unhas cousas e outras xa fomos case directamente xantar á Mensa. Despois coma sempre, con Laura até as súas clases e eu de volta a traballar onde por fin puxen a andar o bendido ccache. As estatísticas que acabo de facer (sempre despois dun make clean) dánme os seguintes resultados:


  • 1:17 con todo na caché

  • 3:33 sen usar ccache

  • 4:04 coa caché baleira. Por por de ter que facer os hashes e todo iso
  • .

Como se pode comprobar o uso de ccache aforra moito traballo, sobre todo cunha configuración que non usa Automake, só Autoconf e que cada vez que troco un ficheiro de cabeceiras, fórzame a facer un make clean . Quizais poidese facer algo para arranxalo, pero co ccache xa teño unha boa solución.
Ao chegar a hora, fun buscar a Laura e marchamos a probar un novo método de transporte que descubrín no mapa do U-Bahn. Trátase do Zahnradbahn ou tren da roda dentada, que vai dende Marienplatz até Degerloch. Así que alá nos fomos e puimos comprobar que era como se ve na foto, que provén da Wikipedia. Tendo incluso na parte de atrás (ou de adiante, segundo o sentido no que o collemos nós) un remolque para levar bicicletas (só as bicis, os ciclistas teñen que ir dentro). Foi bastante interesante, lembroume un pouco á miña liña preferida de transposte da cidade, que é algo un pouco exótico. A ver se mañá levamos a cámara para facer unhas cantas fotos ás vistas...
Ao rematarmos voltamos para casa, onde nos puxemos a traballar até agora. Xa nos deitaremos en breve, que temos que erguernos moi cedo mañá.

Martes e mércores

Martes e mércores

Onte pola mañá, nada máis erguernos, puxemos a lavadora, que xa nos ía facendo falla. Despois de almorzarmos e traballarmos un pouco recollemos a roupa e colgámola para secar. Traballamos outro chisco e a xantar á Mensa, onde noutra ocasión, me tocou despedirme de Sabrina, que marchaba para Australia (á esquerda da foto). Triste, porque aínda que era unha tola que se puña a berrar cando estaba borracha e non paraba de restregarse contra os corpos de todos. Aínda así ao final collínlle agarimo e tamén a vou botar de menos, que Australia está na outra punta do mundo...
Despois fun con Laura até o IFA e alí xa en Charlottenplatz collín o U1 cara Vaihingen Schillerplatz a mercar ovos e catro cousas máis que nos facían falla.
Fun recoller a Laura máis tarde e voltamos a traballar un pouco. A iso das oito e media comezamos a facer as tortillas de pataca, e patacas ao estivo Cacabelos (coma o polbo á feira). O carallo é que tamén de despedín de Irene, a grega (á dereita na foto), que tamén vou botar de menos. Ficou todo caralludo e foi un éxito cando o subimos á cociña de arriba. Despedínme de Felipe, que pensei que marchaba para sempre, pero non foi así, porque só marcha nada máis e nada menos que a ver ao cabrón de Ratzinger. Estivemos alí un chisco até que remataron as dúas bandexas de polo que tiñan ao forno, que queriamos probalas. A verdade é que estaban caralludas tamén, pero ao noso nivel non chegaban... Despois baixamos a ver un capítulo de Los Serrano e xa nos deitamos.
Hoxe pola mañá Laura ergueuse un pouco antes ca min, pero non puiden durmir por mor do ruido que había fóra, e iso que a habitación que temos é moi tranquila.
Xa case non nos deu tempo a nada e fomos xantar. Á volta de levala púxenme a traballar. A merda de C++ xunto co que fixo o meu director, que acho que ás veces non é moi bo coma programador, leváronme a estar toda a tarde a solucionar un problema de merda, pero xa espero rematar mañá o tema co que estou agora e pasar ao seguinte. Por certo, non collades o libro de Stroustrup para aprender C++, porque non vale para principiantes.
Ao recoller a Laura demos un paseo por Schreiberstraße na busca de pipas de auga, pero estaban todas carísimas, así que decidín buscar a tenda Bad Cannstatt que me dixera Ian. Alá fomos no U1. Custounos un pouco atopala, pero ao final demos con ela. As pipas tiñan moi boa pinta, pero eran caras. Non así o tabaco, así que quizais merque unha pipa nun lado e tabaco no outro.
Despois traballamos outro pouco e escoitamos o partido do Deportivo, mentres faciamos a cea na cociña, grazas á conexión wireless, que tiña un 40% de calidade. Ao rematarmos Laura fixo os deberes mentres eu miraba outra vez Los Serrano e agora xa nos imos deitar. Até mañá!

Laura na clase

Laura na clase

Hoxe erguémonos para podermos facer os papeis de Laura. Primeiro fomos ao Hausmeister. Ensinámoslle o xustificante da transferencia da fianza, Laura asinou o contrato e listo. Como só vai ficar un mes, non ten que rexistrarse no concello tampouco. Déronnos a chave e rematamos. Sorpredente a rapidez...
Despois fomos xantar á Mensa ás 12. Tamén incríbel o cantidade de xente que había, pero collemos buffet de pasta, así que non tivemos que facer cola. Ao rematarmos, acompañei a Laura até Charlottenplatz ás clases e voltei ao campus, onde me atopei con Marcin o polaco que estaba a recoller un ordenador do lixo. Resulta que ao marchar toda a xente, poñen un contedor de lixo e toda a xente bota as cousas que non quere. Había tamén tres televisións, de feito, unha delas fóra. Fun chamar á xente do meu edificio para recollérmola. Limpámola e deixámola na cociña de arriba de todo. Tamén collemos algunha cadeira. Eu fiquei con ganas dalgunha televisión tamén, pero eran excesivamente grandes. Se as houbese pequenas...
Despois pelexei un pouco co CVS, que é unha merda á hora de meter directorios e borralos. É dicir, para meter unha árbore de directorios hai que facelo a man. E borrar directorios non se pode. Pódense eliminar todos os ficheiros dun directorio, pero non os directorios en si. Pois iso, que engadín co GNU/emacs pouco a pouco os ficheiros e borrei os do outro lado, ficando os directorios baleiros, pero é o que hai.
Á volta de recoller a Laura, fomos dando un paseo até a Universidade a ver se podía recoller o meu diploma de portugués, pero non foi posíbel porque a Secretaría está pechada até o 19 de agosto. Por certo, xa no primeiro día puiden constatar os procesos que fixo, que sabe incluso palabras que eu descoñecía. Vai rematar sabendo máis ca min...
Voltamos para casa a recolocar as habitacións. Puxemos na de abaixo a oficina e na de enriba o dormitorio, que é máis silenciosa (podedes velas nas fotos) e agora imos cear, a ver algo no portátil e a deitarnos.
Observade con pracer a portada do DOG de hoxe ;-) .

As consellarías xa teñen nomes

Nova de Vieiros:


UN NOVO GOBERNO EN SAN CAETANO
As consellarías xa teñen nomes

[31/07/2005 04:02] A decana do colexio de arquitectos Tareixa Táboas e a profesora de Economía María Xosé Caride son as dúas maiores sorpresas dun executivo do que os principais nomes xa se coñecían. Como prometeran, Touriño e Quintana escolleron 6 homes e 6 mulleres, sacados a partes iguais do mundo universitario e da política.

Presidencia: Xosé Luís Méndez Romeu. Pedagogo. Foi Secretario de Estado de Cooperación Territorial co primeiro goberno de Rodríguez Zapatero. Foi concelleiro na Coruña desde 1987 ata 2003 e teniente de alcalde entre 2003 e 2004.

Política Territorial: María Xosé Caride Estévez. Economista, profesora na Universidade de Vigo. Economista. É experta en políticas de transporte.

Cultura: Ánxela Bugallo Rodríguez. Doutora en Bioloxía e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. Concelleira no municipio de Teo desde 1999. É adxunta á Portavocía Nacional e membro da Executiva Nacional do BNG.

Economía: Xosé Ramón Fernández Antonio. Economista. Tivo responsabilidades no Ministerio de Transporte sendo ministro Abel Caballero. Responsable do Gabinete da Presidencia de Auna.

Medio Rural: Alfredo Suárez Canal. Profesor de Matemáticas en excedencia. Membro do Consello Nacional do BNG. Foi deputado desde 1993 a 2005, período no que exerceu de coordinador e vicevoceiro parlamentario do grupo parlamentario nacionalista.

Industria, Comercio e Turismo: Fernando Blanco Álvarez. Supervisor de loxística en Telefónica. Foi voceiro do BNG na Deputación Provincial de Lugo (1995-2005) e voceiro do BNG no concello lucense.

Educación: Laura Sánchez Piñón. Doutora en Bioloxía e Catedrática de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela, na que foi adxunta ao vicerreitorado de Lugo durante o mandato de Dario Villanueva.

Pesca: Carme Gallego Calvar. Conselleira de Pesca. Técnica administrativa comercial, xestora de economía social. Profesionalmente vencellada ao sector da pesca. Membro da Executiva do PSdeG. Secretaria Executiva na dirección federal do PSOE desde 2004.

Traballo: Ricardo Varela Sánchez. Diplomado en Relacións Laborais. Foi secretario nacional da Executiva da UGT-Galicia. Desde 2004 é secretario de Organización do PSdeG.

Medio Ambiente: Xosé Manuel 'Pachi' Vázquez. Médico. Foi alcalde do Carballiño e deputado provincial (1995 e 2005). É secretario provincial de Ourense e membro da Executiva do PSdeG-PSOE.

Sanidade: María Xosé Rubio Vidal. Conselleira de Sanidade. Licenciada en Medicina. Inspectora médica. Xefa da Unidade de Concertos da Dirección Provincial do SERGAS da Coruña.

Vivenda: Tareixa Táboas Veleiro. Decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia desde 2003. Foi arquitecta municipal do concello de Marín.

Dos conselleiros son deputados os nacionalistas Fernando Blanco e Ánxela Bugallo, e dos socialistas Ricardo Varela, Xosé Luís Méndez Romeu, e Pachi Vázquez. Dende ambos os dous partidos indicárase a conveniencia de que os deputados demitisen dos seus escanos para non condicionar as votacións cos seus traballos, así que moi probabelmente entrarán na cámara galega Ana Luísa Bouza e Manuel Parga polo BNG, e María Xesús Vázquez, Miguel Anxo Fernández e Áurea Soto, polo PSdeG.

Ian e Katerina

Ian e Katerina

A da foto é Katerina, que foi da que me despedín onte, pero que marchou hoxe, mentres estabamos a durmir.
Hoxe erguémonos para facermos un pouco os preguiceiros. Despois xantamos unhas pizzas e a agardar a que Ian marchase tamén. Por ser este un pouco máis carismático, estaba todo o mundo a chorar. El e mais eu tamén estivemos a punto, porque ao falar español era unha persoa coa que tratei moito. Tamén o vou botar de menos.
Despois traballamos outro pouco, onde fun quen pór a compilar o código de Dominique coa versión 2.28 do ns. Menos mal, porque xa me estaba a cagar de medo de non poder pólo a funcionar. Esta versión estaba xenial, non sei que carallo lle pasaba á de Dominique. Sabe Deus que carallo le faría... Creo que lle falta unha boa compoñente friki linuxeira, é dicir, que será moi bo no seu, pero que no resto dos temas anda un pouco peixe, coma por exemplo, por usar printf en C++, habendo cout.
Despois Laura e mais eu fomos até o centro a tomar un Kebap, ela outra vez vexetal e un xelado, eu de Nutella (que timo) e ela de Ferrero Rocher, lástima non ter collido o mesmo ca ela.
E agora xa nos imos deitar, que vai sendo hora...

Liisa

Liisa

Pois onte si que traballamos pola mañá, pero pouco, porque nos erguemos ás once e pico. Á unha coma sempre fomos á Mensa, onde xantamos con Sabrina, Liisa e Ignasi. Ao rematar fomos tomar una café e foi cando me despedín de Liisa, a da foto, unha das finesas que ao principio semellaba ser unha aburrida, pero que ao final resultou ser a máis divertida de todas. Tamén a vou botar de menos.
Despois pola tarde traballei outro pouco tentanto facer dúas parvadas coa xeración de escenarios, pero non fun quen, porque non fun quen de compilar a versión de ns2.27 que me pasou Dominique. Realmente é incríbel o mal que está iso. Non sei como un programa coma ese non ten un sistema de automake e autoconf coma todo programa que se precie...
Pois iso, que lle mandei un mail a Dominique, que seguramente non me resposte até o luns, así que menuda merda...
Mentres estabamos a traballar, apareceu Huseyin, o outro da foto, para nos despedir e para asinarnos os cadernos mutuamente. Dúas despedidas no mesmo día.
Ao rematarmos con iso, fomos até o centro a Hauptbahnhof, onde pola parte de abaixo, o Klett-Passage, que é coma unha praza subterránea, estaba toda inundada. Pasaba unha riada que ía dende a pasaxe que está ao lado da comisaría até a saída ao número 1 de Königstraße. Totalmente incríbel, así que nos metemos outra vez no S-Bahn e a cear ao Anatolien, no que Laura fixo a maior aberración do mundo ao pedir un Döner Vegetarisch! Pero que carallo é iso?! Pues un Döner Kebap, pero sen a carne, cousa terríbel.
Ao voltar vimos El penalti más largo del mundo e despois un capítulo de Los Serrano.

Jussi

Jussi

Onte pola mañá tampouco traballamos, fixemos o preguiceiro un pouco. Despois a xantar á Mensa, con Jussi, Sabrina e Liisa. Despois eu quería ir á piscina, pero a Laura non lle apetecía porque dicía que se ía queimar co sol. Así que ficamos na casa a traballar.
A iso das seis e media marchamos a mercar algunha cousa ao Kaufland e á volta a traballar outro pouco, até que rematei o que quería facer onte.
Despois, Laura e mais eu fixemos uns Ovos á Extremeña e puxémonos a ver Naruto, o 144 e o 145. Ao rematarmos estivemos a facer un pouco o parvo no meu edificio, onde Liisa nos deu un autocolante que pon "Santa Claus' Main Post Office. Arctic Circle. Finland", que por suposto procedín a pegar no portátil. Así xa teño dúas cousas de Finlandia, contando co kernel de Linux.
Como xa vai sendo habitual estes días, tocoume despedirme de Jussi, o da foto, que xa marchaba para Finlandia de volta. Outro que ao principio parecía un pouco aburrido, pero que despois se soltou e foi un dos demais. Outro ao que vou botar de menos.

Cumpreanos grego

Cumpreanos grego

Pois onte, voltando á tradición, erguémonos para traballar un chisco até que chegou a hora de xantar. Fixemos un par de pizzas mentres viamos Los Serrano. Despois traballamos outro pouco até que deron as sete e pico, hora á que fomos mercar algunhas cousas que nos esqueceran o outro día, entre elas, unhas Bratwurst para levar á grella que tiñamos despois cos españois.
Fomos alí e resulta que había un grego de cumpreanos, que fixera unha chea de cousas gregas para cear, entre elas unha especia de fabada fría, arroz envolto en follas de viña, olivas estilo grego e iogures. Agás os iogures, encantoume todo. As salchichas que mercamos nós tamén estaban caralludas, xunto coa carne e por suposto o postre, que aínda estou a agardar a receita.
Despois fomos para casa, que Laura tiña sono e eu tíñame que despedir de Katerina e Ian, que marchaban hoxe. Así que fun con eles até a lagoa, mentre Laura ficaba a durmir na cama. Estivemos a aprender a canción da Felicita en italiano, cantada por Elisa, con baile incluido e despois xa voltei para casa. O carallo foi que non me despedira de Katerina, que xa non a ía ver porque marchaba pola mañá cedo. Así que saín para pórlle unha nota para que me espertase pola mañá antes de marchar, pero ao saír, atopei a unha amiga súa que ía cara a lagoa, así que xa llo dixen a ela. 10 minutos despois oí como ela mesma entraba no edificio, así que voltei a erguerme a dicirlle adeus. Outra despedida máis...

Touriño presidente

Nova de Vieiros:

SESIÓN DE INVESTIDURA
Touriño presidente
[30/07/2005 01:11] 38 contra 37. Os votos de nacionalistas e socialistas emitíronse como era agardado e Emilio Pérez Touriño é xa, na primeira volta, presidente electo da Xunta de Galiza. A presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, ten que comunicarlle a elección al-Rei Xoán Carlos, o BOE e mailo DOG recolleren o nomeamento e Pérez Touriño ser proclamado presidente nunha sesión extraordinaria do Parlamento o vindeiro martes. Nas últimas palabras antes de procederse á votación, Pérez Touriño insistiu en que actuará de forma leal coa oposición, e que buscará un goberno "a prol da suma e da integración". Pérez Touriño é o segundo presidente socialista da Xunta e o quinto na historia da democracia.

Denuncia das cancelas do Sergas ao software libre

Nova de Vieiros:

PRESENTADOS DOUS RECURSOS NA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA XUNTA
Denuncia das cancelas do Sergas ao software libre

[29/07/2005 11:48] As esixencias de marcas e tipos de software propietario nas licitacións do Servicio Galego de Saúde "incumpren a lei de contratación". Así o denuncian dende a empresa galega Igalia, especializada precisamente no desenvolvemento de solucións informáticas baseadas en software libre.

Igalia considérase "prexudicada e excluída" polo que pide que se dicten "novas resolucións onde as condicións económico-técnicas non resulten exclusorias para o software libre". Por este motivo veñen de presentar recurso de alzamento a dúas licitacións de proxectos do Sergas. A denuncia lembra que as respectivas peticións dende a administración de propostas vencelladas co despregue de contornos colaborativos e alugueiro de hardware e licencias de software que fan "referencia explícita a marcas e tipos de software" vulnera a Lei de Contratos das Administracións Públicas.

As alegacións de Igalia a estas licitacións subliñan tamén que a Proposta de Recomendacións á Administración Xeral do Estado sobre Utilización de Software Libre, remitida ao executivo polo Consello Superior de Informática establecen "claramente que o software libre e de fontes abertas non pode nin debe ser considerado de xeito desfavorábel con respecto ao software propietario".

Do mesmo xeito, citan a proposición de lei de 4 de xaneiro de 2005 que destaca "as vantaxes económicas, estratéxicas e sociais que o uso, promoción e desenvolvemento deste tipo de software proporciona en especial ás administracións públicas, en contraposición co software de licencia propietaria". A maiores, lembran que un informe do Tribunal de Contas en marzo pasado recolle que "as decisións sobre uso de software que impliquen custos para a administración deben xustificarse amplamente" precisando que "non é admisíbel legalmente a adopción implícita de decisións sobre a instalación de determinado software que supoñen a asunción de gastos millonarios para o Estado sen as debidas formalidades e garantías".

Recurridas dos licitaciones de proyecto de software

Nova de Barrapunto:


Recurridas dos licitaciones de proyecto de software
editado por Candyman el Jueves, 28 de Julio 2005, a las 18:01h
desde el dept. a-Dios-rogando,-y-con-el-mazo-dando.

Justicia kevin nos cuenta: «Igalia, empresa gallega de ingenieria cuyo principal objeto es el desarrollo de soluciones basadas en software libre, ha interpuesto sendos recursos de alzada a dos licitaciones del Servicio Gallego de Salud (SERGAS) basadas en software propietario. Ambas licitaciones, relacionadas con el despliegue de entornos colaborativos y el alquiler de hardware y licencias de software respectivamente, hacen referencia explícita a marcas y tipos de software propietario, vulnerando así la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas.» Obviamente es una nota de prensa, pero de estas teníamos que poner en barrapunto dos cada semana hasta que las licitaciones públicas cumplan la ley. Sigue tras la publicidad.


«La empresa gallega basa sus alegaciones, en primer lugar, en el citado incumplimiento de la Ley de Contratación, ya que al citar marcas y tipos de software propietario están excluyendo a posibles interesados y determinados productos, impidiendo de antemano la posibilidad de presentar una solución basada en Software Libre.

En segundo lugar, se apoya en la Propuesta de Recomendaciones a la Administración General del Estado sobre utilización de software libre y fuentes abiertas, adoptada por el Consejo Superior de Informática, en cuyo informe establece claramente que el Software Libre y de fuentes abiertas no puede ni debe ser considerado de forma desfavorable con respecto al software propietario.

En tercer lugar, se cita la proposición de Ley de 4 de enero de 2005, donde ya en sus motivaciones se hace referencia a “las ventajas económicas, estratégicas y sociales que el uso, promoción y desarrollo de este tipo de software proporciona, en especial a las Administraciones Públicas, en contraposición al software de licencia propietaria”

Por último, en sus alegaciones Igalia recurre al informe del Tribunal de Cuentas de 30 de marzo de 2005 donde se dice que “las decisiones sobre el uso de software que impliquen costes para la Administración deben justificarse ampliamente en todos los casos por los responsables de la Administración, como cualquier otro gasto. No es admisible legalmente la adopción implícita de decisiones sobre la instalación de determinado software que suponen, en definitiva, la asunción de gastos millonarios para el Estado sin las debidas formalidades y garantías”

Por todo ello, Igalia se considera perjudicada y excluída, por lo que solicita que se dicten nuevas resoluciones donde las condiciones económico-técnicas no resulten exclusorias para con el Software Libre.»

Papeleos

Hoxe, por primeira vez en tempo, non me erguín para traballar! Erguémonos para ir ao centro a buscar os libros de Laura e o bono de transporte. Tentei mercalo aquí, pero o fulano dixo, que sendo un bono mensual, tiñamos que facelo no centro, así que mercamos un ticket simple para ela e alá fomos. Por sorte, un dos sitios está en Charlottenplatz, que era a mesma parada do centro de idiomas de Laura. Fixemos alí o bono, pero ao tentarmos coller os libros descubrimos que estaban na pausa do mediodía, así que marchamos a Vaihingen a xantar cos fineses, que xa marchan mañá. Manda carallo, que ao estarmos alí apareceu Irene, unha das españolas que xa marchara, pero que estaba a facer o proxecto e que viñera uns días para falar cos titores. Tomamos un café todos e despois Laura e máis eu marchamos a polos libros, que non nos deron porque xa llos darían o primeiro día de clase. De todos os xeitos, puidemos comprobar que estaba todo en correctamente.
Despois demos un paseo polo centro, onde escoitamos a uns fulanos tocando música clásica de daba gloria oílos. Aproveitamos para tomar un granizado dos Starbucks, que abriron hai pouco, pero había moita xente e ademais, era carísimo. De todos os xeitos, tomamos o noso granizado. Atopamos unha zapatería, onde merquei uns zapatos, que os que teño xa estaban moi vellos e xa voltamos para Vaihingen, onde tentamos configurar coma tolos unha conexión ad-hoc wireless para que Laura puidese saír tamén a internet. Levounos tempo de carallo e todo por mor da canle. A Laura saíalle sen problemas e a mí aparecíame coma "unassociated". Probei trocando a canle e todo foi ben, aínda que tivemos que arranxar aínda o tema do firewall e de NAT, que foi menos complicado.
E agora miraremos Naruto e xa nos deitaremos, que teño sono e ela tamén. Até mañá!

Laura

Laura

Pois onte tocoume, por milésima vez consecutiva, erguerme para traballar. Teóricamente non ía ir xantar con Eloi e Jero á Mensa, porque andarían de papeleo por Stuttgart adiante, pero ao final avisáronme, pero ás doce e media. Fun para alá e despois a traballar outro chisco ao laboratorio até que chegou a hora da cita con Dominique, que chegou un cuarto de hora tarde.
Estivemos a discutir unhas cantas cousas respecto á implementación, que mas trocou aí a última hora, menos mal que non comezara aínda. Despois fun con Eloi a imprimir as carátulas dos CDs que lle iamos dar aos fineses. Tentámolo na sala de informática, pero as impresoras non ían, así que a min se me ocorreu a idea de ir á Fakultät, pero non imprimir dende o portátil, senón lanzar un lp dende outra máquina, co cal saiu todo sen problemas. Ao carallo foi que a porta principal estaba pechada, así que se me ocorreu a idea de ir á de atrás e agardar a que saíse alguén para poder entrar, pero ao irmos cara alí, Eloi atopou un porta auxiliar aberta, e ao entrarmos, a porta que tentaramos abrir antes, estaba aberta. Foi coma isto de tentar aparcar, dar unha volta de carallo, e cando tes que pasar despois a pé polo sitio onde querías ter aparcado antes, atopar un sitio libre e amplísimo.
Despois fomos até a cociña de Liisa, que é a mesma que a de Cristian e cando os franceses marcharon fóra, démoslles os CDs, que lles molaron moito, sobre todo a portada, que é a que se pode ver na imaxe da nova.
Despois marchei ao aeroporto para recoller ao meu amor, que tamén chegou un cuarto de hora tarde, coma Dominique.
Deixamos as maleta na habitación, despois de perderlle unha roda, por iso era chunguísimo andar con ela, fomos outra vez á cociña de Liisa, onde me agardaban "as bólas de Pasi", que dito así soa mal, pero que son unhas albóndigas moi boas, carne de reno, e a supertarta de Johanna, que coma sempre estaba caralludísima.
Ao rematarmos, fomos ao Unitekle onde non puiden pedir nada, porque xa estaban a pechar. Estivemos un cachiño alí e despois fun deixar a Laura a casa, que se atopaba mal. Voltei, non porque fose un maleducado con Laura, senón porque sería un maleducado con Eloi e Jero, que marchaban xa para Barcelona, aos que vou botar moito de menos despois de todas as aventuras que vivimos xuntos por aquí.

Primeira despedida

Pois onte coma sempre a traballar para poder presentar algo decente a Dominique. Por sorte, puiden rematalo onte pola tardiña. Coma sempre fun xantar á Mensa e despois tentei imprimir as portadas para os discos que lle imos dar aos colegas nosos, pero non fun quen, porque non me imprime a impresora á calidade que o tiña que facer. Cando me decatei marchei fungado ao Hausmeister, que tiña que firmar o contrato da habitación até a fin de setembro. Case non chego, de feito, ao chegar xa tiñan a porta pechada, pero toquei no timbre e abríronme.
Despois fun a meterlle cartos outra vez á tarxeta da lavadora, que me esquecera na Mensa, e despois a Vaihingen a mercar algunhas cousiñas e lambonadas que sei que lle gustan a Laura, que por certo, chega hoxe :-) . Á volta seguín a traballar e despois, ás 20:30 fomos Eloi, Jero e máis eu a cear á cociña de Jero, os tres sos para podermos falar en español e nos despedir con xeito. Despois tomamos un par de cervexiñas e xogamos ás cartas. Sobre as dúas marchei para casa, que hoxe tamén quería traballar algo :-) .
Sobre informática dicir, que probei un proxy socks para poder acceder ao CVS da Fakultät, pero decateime que a miña conta, que é onde está o repositorio, tamén se monta na única máquina que á que se pode acceder dende fóra, así que decidín trocar a dirección do repositorio e listo, xa nin proxy nin nada.

Almorzo comunitario

Almorzo comunitario

Tan coma me dixeran antonte, onte había almorzo comunitario do edificion na miña terraza. Erguinme ás doce menos cuarto, ducheime e fun cara arriba. Aínda tivemos que agardar un chisquiños até que estivo todo e puidemos comezar a xantar. Comezaron a chegar unha chea de abellas en busca das cousas doces, iso si, que eu saiba, non picaron a ninguén... A xente preparou cousas caralludas, pero como eu non tivera tempo de facer nada, e á parte diso, que doce podo facer eu? Pois que o pasamos ben e fixemos unha chega de fotos, coma a que se pode ver aquí na nova. Despois Felipe e mais eu baixamos a mirar película The Grudge, que era xaponesa-USAna, de terror de San Raimi, que achei bastante cómica.
Despois a traballar outro pouco até que chegou a hora de cear e ver El secreto de Los McCann, que si que achei moi divertida. Despois tocou deitarse para agardar o último día que estarei só até o mes que vén, porque xa mañá me tocará recoller no aeroporto para pasarmos o mellor mes da nosa vida ao meu amor!"

Koskenkorva

Koskenkorva

Por sorte onte era sábado, así que tomei un día de lecer. Ao acender o móbil, chamoume Eloi para xantar e de paso, para me avisar de que na lagoa das pontes estaban a saltar con bicicletas. Collín o que me facía falla para cociñar a pasta e fun cara a lagoa tamén coa cámara. Fixen bastantes fotos, entre elas a que acompaña á nova de hoxe. Hai que ter tempo e ganas de facer iso. A verdade é que ganas non me faltan, pero si tempo e collóns tamén :-) .
Despois de xantar, fun até o centro a mercar a camisola do Vfb Stuttgart, que estaba rebaixada coa chegada do novo modelo. De todos os xeitos, a min a que me interesa era esta, que foi a tempada que pasei aquí. Preguntei tamén polos bonos de transporte para Laura, onde me puxen a punto de matar a alguén. Resulta que cheguei e me puxen á cola para preguntar, así como me desviei un metro para mirar unha cousa, metéuseme outra parella que acababa de chegar diante. Así que tiven que agardar dobre. E despois, noutra cola que tiven que facer, a agardar os caprichos dun vello que había alí, que de verdade me deron ganas de matar... Por fin marchei de alí e vin xa para aquí. Avisáronme para facer a barbacoa cos españois á que fun ás sete e media cando me veu recoller Jero. Chegamos alí e puxémonos a cociñar. Como non estaba seguro de que me fose encher con xeito, púxenme a cociñar con Eloi, e xa se sabe, o que reparte... Pois comín un cacho de carne, algunhas salchichas de Nürnberg, dous cachos de panceta adobada e unha Bratwurst. Discutimos un pouco sobre as linguas en España, tema que case demos por imposíbel, porque xa de por si, lles falta educación no tema. Con isto que quero dicir, que nos colexios españois non se educa na sensibilidade a estes temas, así que hai xente que pensa, por exemplo, que o catalán e o galego son dialectos do castelán.
Despois da barbacoa, chegaron por alí Arvid e Stefen, cos que falamos un bo rato, até que Jero e Eloi se despediron del, que xa non o voltarán a ver.
Fomos até a festa que había na terraza do edificio de Jero, onde estaban os fineses e moita máis xente. Alí foi onde probei o Koskenkorva, que é unha especie de Vodka con algunhas pastillas de menta. Tiña sabor a xarope, así que me encantou e fiquei coa botella toda a noita, coa que lle ía dando a probar tamén á xente.
Á fin, marchei para casa a me deitar despois da festa que non estivo nada mal.

Network Simulator 2

Network Simulator 2

Pois onte, xa por non trocar a rutina, tamén me erguín para traballar. Fun xantar á unha menos algo á Mensa, sen agardar polos demais porque tiña cita con Dominique ás 13:30 . Chegaron e sentaron todos os españois arredor miña. Até me sorriu Carolina cando chegou tarde e lle deixei o sitio para se sentar, xa que eu marchaba. A verdade, non sei que carallo lle pasa comigo, será porque falo mal da Igrexa, porque é devota de Escrivá, ou porque son nacionalista e esta xente non soe aturar nin unha cousa nin a outra...
Pois iso, que onte practicamente só estiven no despacho de Dominique, que me estivo a amosar código que teño que tocar e esas cousas para implementar o meu protocolo no simulador Network Simulator 2. Verdadeiramente é unha merda espichada nun pau. Non ten outro nome. Está deseñado co cu. Hay que facer unhas cousas rarísimas con portos, que non teñen nada que ver cos portos de TCP e UDP, é dicir, cada protocolo ten un porto ns2 que hay que pór. O carallo é que ese porto gárdano na cabeceira IP, tendo como ten, unha cabeceira común. Tamén tes que especificar a dirección do paquete, é dicir, se vai cara arriba na pila de protocolos ou cara abaixo, porque no código se fan comprobacións do tipo, se o paquete vai cara arriba fago esta cousa, se vai cara abaixo fago outra. É dicir, que me vai tocar loitar contra esta merda incríbel. Cando rematou a explicación, marchei para o laboratorio a rexerar o repositorio CVS que puxen nunha máquina, para ter backup á parte de control de trocos. Outra das cousas que me pareceu un pouco rara, é que Dominique utilice o propio simulador para xerar código TCL. Non me soubo responder cando lle preguntei por qué non utilizaba simplesmente un programa externo...
Despois vin a ver Batman Begins, que andaba xa pola rede de Direct Connect e despois de falar un chisco con Laura, que xá so faltan 3 días, subín a unha minifesta que facían na cociña de enriba da miña. Alí tomei un par de cervexas até que chegou a hora de saír pitando para coller o derradeiro S-Bahn da noite con Eloi e compaña. Fomos a un bar "español", onde puxeron catro cancións en español e despois o resto en inglés. Alí tomamos uns chupitos, bailamos e xa despois a tomar o Kebap de rigor e para casa no Nachtbus, ou bus nocturno. Aínda estivemos un chisco a facer coma corridas de touros en Allmandring, así que nos deron as catro e media cando nos deitamos.

¡Publicado Fisterra 2!

Nova de Barrapunto:

kevin nos cuenta: « Fisterra 2 es un framework GNOME para desarrollo de aplicaciones de gestión. La versión anterior de Fisterra (fisterra-old), publicada en 2002, significó una pequeña revolución para el mundo del software de gestión. Decenas de talleres en todo el mundo siguen utilizando este software, sobre el entorno GNOME, como ERP funcional y completo para su negocio. El primer caso de éxito sigue siendo el mayor beneficiado de su publicación como software libre. La nueva versión de la tecnología se llama "Fisterra 2". Su arquitectura , potente y flexible, la convierten en una tecnología del software libre muy adecuada como base para cualquier proyecto de entidad relacionado con GNOME.»


« Modestamente, Fisterra 2 pretende servir también para fortalecer el futuro de GNOME como entorno de desarrollo, además de su existoso presente como escritorio.

Hay un sinfín de caminos posibles para participar en el proyecto Fisterra, abierto de forma absoluta a la colaboración con la Comunidad. El poder utilizar lenguajes como C# (Mono) o Python del lado cliente son un ejemplo de tareas interesantes a realizar.

El equipo del proyecto está disponible a través del chat o las listas de correo.

Fisterra 2 está compuesta actualmente por:
# "fisterra-base", el framework GNOME, ya en versión estable
# "fisterra-distribution", implementación vertical para el sector retail sobre fisterra-base, cuya release actual cuenta con funcionalidad TPV (POS)

Tanto los fuentes como los paquetes para GNU/Linux Debian Sarge pueden bajarse de sourceforge o la propia web del proyecto

Aquellos que quieran instalar estas versiones estables de Fisterra 2 utilizando apt, pueden servirse del repositorio disponible para ello.

Pódese ler tamén a nova na web oficial do proxecto Fisterra.

Traballo

Coma sempre onte a traballar pola mañá. Grazas á axuda de Marcos, xa que eu tiña toda xeometría oxidada, conseguín facer a proxección dun punto exterior a un segmento sobre o propio segmento. Haberá quen diga que é unha grandísima parvada, e realmente o é, pero o carallo é que eu non me lembraba sequera da ecuación da recta. Pois iso, que grazas a el conseguir desenvolver o cálculo e con iso presenteille a Dominique despois o algoritmo de enrutamento, que por fin chegamos á conclusión de que funcionaría, e que non tería máximos locais, alomenos, de xeito tan flagrante coma o outro. Fun a falar con Dominique despois de xantar na Mensa, onde puiden saudar a Jero a a Johanna, que voltaran de Berlin.
Despois pola tarde a traballar outra vez, pero vin para casa, que non tiña batería no móbil. O carallo é que non atopaba as follas limpas que escribira con Dominique sobre todo o que iamos implementar. Voltei á facultade, pero non estaban, así que xa na casa voltei a buscar e atopeinas ben gardadiñas para non perdelas. Tan ben gardadas estaban, que nin sequera podía atopalas :-) .
Estiven a traballar até as nove e media, hora á que fun cear, onde Felipe me convenceu para ver Cube Zero, mentres ceaba o meu "pa amb tumaca", ou como carallo se escriba. A verdade é que é algo que teño que importar de Cataluña, porque está moi bo. Fixen tamén unhas patacas ó polbo, estilo Cacabelos que tamén gustaron moito. E despois de falar un chisquiño co meu amor, que xa vén en catro días!, vin a película con Felipe, o chileno.

Óscar Pereiro fai historia e gaña unha tirada no Tour

Nova en Vieiros:

[19/07/2005 20:58] Non o conseguiu no cumio do Courchevel. Tampouco en Saint Lary Soulan, onde só puido ser segundo. Mais á terceira foi, e Óscar Pereiro, logo dunhas xornadas sendo protagonista da paixón, venceu na liña de meta de Pau a súa primeira tirada do Tour. Pereiro saltou do grupo cando comezaba a subida ao alto de Aubisque, acompañado do tamén galego Marcos Serrano. Logo deixou atrás os compañeiros, e situouse na cabeza a canda o vasco Zandio, o australiano Evans e o italiano Mazzoleni. Quedaban só os quilómetros da baixada, e a distancia co grupo (uns seis minutos), podía abondarlles. E así foi: Pereiro ceibouse dos outros tres a 250 metros da liña de Pau, e conseguiu a primeira vitoria para un ciclista galego en toda a historia do Tour. O ponteareán Álvaro Pino quedara segundo nesta mesma tirada, xustamente hai vinte anos.

A cidade gascoa de Pau coñece así a primeira vitoria galega nun Tour, logo de que históricos como Álvaro Pino ou Blanco-Villar nunca o conseguisen. E aínda non dixo Pereiro a última palabra: loxicamente o podio está lonxe, pero o excelente estado de forma do mosense pódeno animar a rabuñar algúns segundos máis nas tiradas do Macizo Central francés e mais na última das contrarreloxos. O horizonte, mellorar a décima praza da edición de 2004. Para mañá, unha longa tirada de 239 quilómetros dende Pau ata a viliña languedociana de Revel, bastante chans. Pereiro, que acaba de renovar o seu contrato por dous anos co equipo Phonak, dedicoulle a vitoria á muller, coa que agarda un fillo para outubro.

O presidente en funcións da Xunta, Manuel Fraga, felicitou cun telegrama a Pereiro polo seu triunfo. Fraga transmitiulle a noraboa "no seu nome e no de toda Galiza" e cualificou a vitoria de "fito histórico" para o deporte galego. Fraga destacou que "é un orgullo para Galiza" contar cun deportista de tan gran valía.

Pola súa banda, o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, envioulle esta tarde unha mensaxe de felicitación a Pereiro polo "seu grande triunfo". Quintana seguiu a retransmisión televisiva da vitoria de Pereiro, e sinalou que o triunfo de Pereiro era un "bo exemplo de ata qué punto os galegos e as galegas son capaces de abrirse paso exitosamente en distintos campos a escala internacional, entre eles o deporte profesional ao máis alto nivel".

A mesma nova en La Voz de Galicia.