Blogia

Calvaris in Deutschland

Haberá selección galega de fútbol para o Nadal

Cito textualmente de Vieiros:

[26/08/2005 14:01] As xestións para crear a selección galega de fútbol comezarán en setembro e prevese que o primeiro partido amigábel se despute polo Nadal, conforme avanzou o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez. Será a primeira vez dende a República en que unha selección galega de fútbol xoga un partido oficial, aínda que sexa amigábel, e está por ver se o fará contra unha selección autonómica ou doutro país.

O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, mantivo o xoves en Santiago unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Fútbol, Xulio Meana. Meana, que leva máis de quince anos de presidente da entidade e que sempre se opuxo á creación do combinado, amosouse agora de acordo coa intención do novo goberno e declarou que ata o momento non fora posíbel poñela en marcha porque "desde a Administración non se tiña claro o que representaba para o pobo galego". Para Meana, é xa o momento de que "Galiza deixe de ser a única comunidade autónoma que non dispón de selección".

O director xeral para o Deporte, o nacionalista Domínguez, anunciou que a mediados de setembro asinaría un protocolo entre a Xunta e a Federación para botar a andar a selección galega, e valorou a xuntanza de hoxe como "importante porque cómpre mirar ao futuro, a través do deporte, cun aire novo". Sinalouse o Nadal, data tradicional dos partidos das seleccións autonómicas, como días probábeis para a estrea da selección albiceleste, e recalcou que este é un proxecto que se sacará adiante "con absoluto consenso".

Santiago Domínguez quere fuxir dos localismos "creando un proxecto que ilusione a todos e que sexa representativo da sociedade galega". As vindeiras semanas Domínguez reunirase cos xogadores máis emblemáticos dos últimos anos do fútbol galego, Fran e Michel Salgado, e que xa apoiaran no seu momento a creación da selección, para presentarlles a proposta. E tamén falará con Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez para o posto de adestrador.

C.A.L.V.A.R.I.S. e X.A.B.I.E.R.

Cybernetic Artificial Lifeform Viable for Accurate Repair and Immediate SabotageXperimental Artificial Battle and Immediate Exploration Replicant

ERC propón oficializar o galego en todo o estado

Cito textualmente de Vieiros:

Lingua e Administración
ERC propón oficializar o galego en todo o estado

[22/08/2005 08:55] Como xa anunciara hai meses, Esquerra presentará no Congreso dos deputados unha proposición de lei para oficializar o galego, o catalán e o vasco en todo o estado. Os republicanos xa asomen que vai ser moi difícil que se aprobe en todos os seus puntos, pero afirman que pode axudar a abrir un debate sobre o multilingüismo no estado. En todo caso, na proposta contémplase que os cidadáns se poidan relacionar en galego coa administración estatal alí onde se atopen, así como incorporar o galego en igualdade co castelán en moedas, selos e medios de comunicación públicos.

Os líderes de Esquerra presentaron a proposición de lei no marco da Universidade de verán de Prada, aínda que xa fora avanzada en apuntamentos ao longo dos últimos meses. No texto, recollerase que catalán, galego e vasco sexan oficiais "no ámbito da Administración do Estado e no de todas as institucións e organismos estatais", incluídos a policía e o exército, e na medida das posibilidades, nas embaixadas, así como para expresar "calquera actuación xurídica pública ou privada" e loxicamente en toda as actuacións administrativas que se fagan, nun sentido e noutro, a través de internet. O estado debería pois incorporar persoal capacitado para expresarse en todas as linguas, para a tradución e a interpretación, e obrigar a que os funcionarios que se incorporen de novo a territorios con fala propia acrediten o seu coñecemento, incluídos os de xustiza.

O galego debería incorporarse tamén a selos e moedas, na liña que vén reclamando a Organización a prol do Multilingüismo, garantir desconexións ou versións multilingües en cando menos a metade da programación dos medios de comunicación públicos, incorporar a "realidade plurilingüe" nos plans de estudo, así como facer efectiva a presenza do galego tanto nos órganos parlamentarios como na Unión Europea ou na Unesco.

O estado debería regular, conforme esta proposición de ERC, a protección efectiva e a promoción destas linguas, para o que crearía un comisionado que termase do cumprimento da lei e que puidese intervir en todos os niveis da administración central. O estado debería nesa liña impulsar o software e as producións audiovisuais nas tres linguas. Ademais, e con respecto ás "outras linguas do estado", o Goberno do estado debería determinar de qué medidas se poderían beneficiar, conforme a "súa situación sociolingüística, demanda social, posibilidades técnicas e opinión da autonomía ou autonomías onde se fale.

Josep Lluís Carod Rovira, o presidente de ERC, sinalou que que o Congreso aprobase o trámite desta iniciativa "é enormemente positivo e sen precendentes históricos". Segundo el, o camiño que vai iniciar esta iniciativa necesita "complicidades políticas, académicas e culturais", e engadiu que "normalizar a diversidade lingüística" é "unha asignatura pendente desde 1977". Sobre a posibilidade de que os socialistas rexeiten a proposición, declarou que "a cultura da ameaza non é a de Esquerra", aínda que cualificou de "improcedente" que Zapatero tivese un discurso para o estado e outro para Europa en relación coa oficialidade. Por parte de Esquerra, presentaron a proposición Carod, a súa responsábel de lingua, Xesca Oliver, así coma o senador Miquel Bofill, os deputados Tardá e Joan Puig e a deputada no Parlament catalán Maria Merc Roca.

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica inicia as exhumacións de foxas comúns en Galiza

Cito textualmente de Vieiros:

Lembranza das vítimas da Guerra Civil
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica inicia as exhumacións de foxas comúns en Galiza

[19/08/2005 08:47] Un equipo de arqueólogos deste colectivo, con ampla experiencia na busca e apertura de foxas comúns da guerra civil, realizará este venres o labor de exhumación dos restos de Severino Rivas Barja, quen fora alcalde de Castro de Rei, apreixado en Lugo en 1939 e asasinado en Portomarín a finais de outubro dese ano.

Trátase dos primeiros traballos de exhumación de foxas comúns con vítimas republicanas da guerra civil que este grupo realiza en terras galegas. Neste caso, a iniciativa vén do fillo do asasinado, Darío Rivas, con residencia actual en Arxentina, que se desprazou estes días a Galiza para asistir aos traballos e darlle sepultura aos restos de seu pai e homenaxe á súa memoria, nunha cerimonia no pantéon da familia no lugar de Loentia.

Os arqueólogos da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, dirixidos polo arqueólogo Javier Ortiz, que veñen realizando esta tarefa noutras xeografías do Estado, trasladarase o vindeiro sábado día 20 ata a localidade luguesa do Vicedo, onde desenterrarán os restos de Emilio Ríos Martínez e Xosé Fernández Rolle, asasinados no monte da Penela en 1939.

A Asociación lembra ademais que hai un ano localizaron os restos de Carlos López, estudiante galego de Medicina que coa guerra escapou aos montes do Bierzo, onde foi capturado xunto con outros dous homes e asasinado canda eles. Os restos destas tres persoas foron recuperados hai varios meses e dende aquela os de Carlos López foron os únicos non reclamados, polo que o colectivo fai un chamamento para a localización de posíbeis parentes.

Zoo Wilhelma

Zoo Wilhelma

Hoxe erguémonos cedo para ir ao Zoo en Wilhelma. A verdade é que chovía e tiñamos medo de que non se puidesen ver os animais, pero era, agás a semana que vén, a nosa derradeira oportunidade de vermos xuntos este Zoo. Así que alá fomos, choiva incluida. A entrada foi barata, 5€ para estudantes. Tentamos seguir unha visita guiada que comezaba ás 10, pero a fulana non apareceu, así que seguimos os sinais e fixémola pola nosa conta seguindo os "elefantes amarelos" até chegar ao outeiro, onde tivemos que seguir os "elefantes azuis".

O Zoo, a verdade é que é completísimo, teñen monos, serpes, hipopótamos, xirafas, peixes, focas, de todo o imaxinábel. Unha das cousas que maís me chamou a atención foron os monos, porque os demais animais non teñen raciocinio, pero en particular, os monos teñen o ollar dun ser humano. E cando os miras aos ollos é coma se estiveses a ver a un home que está dentro dunha gaiola, mentres todo o mundo está fóra dela. Iso si que me impactou. De feito, houbo un que "mandaba a tomar polo cu" á xente que lle petaba no cristal para que mirase para fóra. Cando llo facían, el viraba a cara e pegaba coa man no cristal coma dicindo, "déixame en paz"!

Outra das cousas que me chamou foron os pingüinos, aínda que non sei como os teñen así, porque fai bastante calor. De feito, creo que os teñen bastante mellor no Loro Parque de Tenerife, onde polo menos, tiñan neve e xeo. O que se pode ver na foto é un exemplar de pignüino, que foi un que toquei un pouco de "estrangis" (e que case me mete unha trabada), para poder morrer tranquilo sabendo que toquei un.

Outra chasco foi os 7,50€ que pagamos por un paquete de seis pilas Kodak, que quedamos sin batería para sacar fotos das serpes, arañas, insectos, peixes...

De todos os xeitos, o resto foi incríbel e recomendo a todo o mundo a súa visita, porque até tiñan unha vaca marela, non puña que fose típica galega, pero eu creo que era unha marela galega de toda a vida ;-) . Outra anécdota foi cando entramos na sección de roedores e lle comentei a Laura (no seu weblog podedes atopar máis fotos da visita) que a ver se tiñan unha chinchilla, que me lembraba ao capítulo de Los Serrano de Antes Muerta que Chinchilla e alí a atopamos (a chinchila, como dicían os alemáns).

Outras cousas típicas galegas que atopei foron os fentos, porcos bravos, porcos e demais animais de granxa, incluso había moitas árbores iguais ás da Alameda de Marín.

Outra cousa curiosa era unha pequena especificación das Leis de Mendel da xenética e co que puiden comprobar que a xente non tiña nin puta idea de que ían, porque ficaban a mirar para os ratos e dicían: "Ala, mira! Hainos branquiños e negriños!"...

A que non vos podedes imaxinar cal era o peixe máis visto polos rapaces? Pois como non podía ser doutro xeito, o peixe paiaso de Buscando a Nemo.

Unha das partes maís noxentas foi a dos insectos, porque había escarabellos, arañas, alacráns, e todo tipo de bichos noxentos que non facía máis que darnos ganas de pisalos. Iso si, despois viñeron os canguros, e os pingüinos que melloraron bastante a impresión.

A anécdota do día foi ver correr a un paxaro con outro enriba, de razas completamente distintas e aos que non lle tiramos unha foto porque Laura mexaba coa risa, así que ficamos sen momento estelar :-) .

Camisolas

Camisolas

Ao rematar no Zoo, xa un pouco até o carallo de tanto andar, collemos o U-Bahn e fomos ao Anatolien a tomarmos un kebap e xa voltamos a casa, onde se festexaba un cumpreanos de Diana, unha das chilenas e no que estivemos a falar de política (tema que como sabedes me gusta pouco) cun peruano.

O tema foi que me deron a camisola que fixo a xente do meu edificio, que é a que se pode ver na foto, por diante e por detrás. Por diante pódese ver o edificio, na manga pon Stuttgart e na parte de atrás o número de habitación, que como podedes adiviñar, me tocou o porteiro por ter o número 1. E xa que falamos de porteiros, pois poño tamén a foto da camisola do VfB Stuttgart, que é o equipo de fútbol local, que este ano xoga a UEFA e do que merquei a camiseta do ano pasado, que estaban de oferta porque xa veñen as do ano que vén. Co carallo da UEFA, ao mellor o Deportivo xoga algún partido aquí, que non descarto vir a ver, aínda estando xa de volta n'A Coruña.

Ramen!!!!!!

Ramen!!!!!!

Onte foi un sábado de traballo, no que o único que fixemos en todo o día foi traballar, en parte polo mal tempo que presaxiaba o tempo en Yahoo e tamén porque había moito que traballar. O mediodía xantamos un pouco de brécol con pataca cocida e aceite de oliva e seguidamente fomos ao Kaufland buscar un pouco máis de Ramen para preparar aparte do que eu xa tiña. Pola noite, puxémonos a cociñar o que resultou ser uns fideos cunha salsa. Botámoslle aparte carne, champiñóns e un pouco de cenoria, xa que a receita suxería acompañalo dalgo de verduda e carne ou peixe. Había dous xeitos de facelo, estilo sopa e seco. Nós quixemos facelo estilo sopa (coma Naruto), pero pareceunos moita auga, así que botamos menos no que debiamos, e co que se evaporou, quedou bastante seco, coma na foto, pero iso si, moi rico.

O que fixemos mentres xantabamos este riquísimo manxar, foi ver o capítulo dobre de Naruto. Oportuno, nonsí? Por suposto, fixémolo adrede...

Máquina do Pan

Máquina do Pan

Estes días non fixemos nada raro. Nada máis que a traballar, a dar unha voltiña pola tarde ao saír Laura das clases e despois a traballar outra vez, cear, Los Serrano e deitarnos. O carallo foi que o luns, que xa contamos que estivemos de compras por aí, vendo máquinas de ferver arroz e de cocer pan, pois non atopamos ningunha que tivese dous compartimentos coma unha que tiñan Dores e Juanjo, que está xenial para persoas, xa que as demais son para facer un pan grande dun quilo e iso para dúas persoas coma nós é moito. Aparte de que podes facer dous pans distintos nas dúas cubetas. Por iso, que marchamos decididos ao Kaufland para mercar a que viramos alá, que custaba 40€, un prezo moi asequíbel, contando todo o que viramos anteriormente e ademais, tiña dúas cubetas. Que sorpresa a nosa, que cando chegamos, a máquina estaba rebaixada 10€, co cal a mercamos a 30€ (alí puña un aforro do 68%). Mercamos tamén unha masa especial para facer pan, que xa vén mesturada con todo, é dicir, coa fariña e levadura xa para meter na máquina.

Collemos e traducimos o manual completo, que está só en alemán, e xa nos iamos marabillando con todas as cousas que podía facer a máquina, pero o chasco chegou cando a enchufamos e vimos que o display non se vía ben. Decidimos non facer nada con ela e levala ao día seguinte para trocala por outra. Non se vía ben, pero iso dentro de 1 ano xa dá igual, pero cunha máquina nova non gusta.

O carallo é que o martes fómola trocar, todo menos o manual que xa o tiñamos traducido ;-) Ao voltarmos a casa, lemos as instruccións que viñan coa masa e puxémolo todo nas cubetas. Puxemos para Laura un pouco máis escuro e para min un pouco máis clariño. Incríbel como dunhas cubetas con auga, unha culler de aceite e fariña, só botando iso, pode saír un pan como o da foto, pero é certo. No modo normal para pan branco fai o seguinte.


  1. 5 minutos de amasado: ao principio amodiño e despois xa lle mete caña

  2. 5 minutos de fermentación

  3. 20 minutos de amasado: a toda caña

  4. 40 minutos de fermentación

  5. 30 segundos de "descanso", no que move un chisco a masa

  6. 30 minutos de fermentación

  7. 60 minutos a cocer



O carallo é que con cada programa avísache despois dun tempo, por se queres botarlle algo máis á masa, en plan uvas pasas ou algo así, no caso do programa que usamos é aos vinte minutos, no cal podemos abrir a portiña e botarlle algo, pero non o fixemos. Este programa dura un total de 2:40 minutos.

Para hoxe temos pan integral que ten 50 minutos na última fase de fermentación e 50 minutos a cocer, o cal fai un total de 2:50 minutos.

Para impacientes, dicir que a máquina tamén ten modos "Rápido" (pan branco en 1:40) e "Express" (pan branco en 55 minutos) e tamén ten outros programas para facer outros tipos de masas (sen cocelas), coma masa de pasta, boliños, pizza e "bagels", que non sabemos o que é, pero pola receita ten pinta de ser algo coma donuts. Probaremos a facer unha empanada no programa da masa de pizza e algún día faremos tamén pizza, xa que onte vimos un mesturado especial para facer pizza. Tamén ten outros programas para cousas que non levan levadura, coma masa de pasteis, mermelada e forneados rápidos.

Por suposto, ten o modo de comezar con retardo, o cal se pode deixar por exemplo todo preparado pola noite e dicirlle que che teña listo o pan para as 8:00 da mañá, para almorzar un pan quentiño. O que estivemos facendo estes dous días é poñelo para as 10 da noite e tomar pan con Nocilla de postre da cea.

Noutra orde de cousas, descubrimos de onde vén a historia dos Maultaschen, que unha especialidade da cociña sueva (que foi o pobo que fundou o antigo Reino de Galiza). Esta vén do tempo na que a xente pobre non podía comer carne (os ricos si, porque pagaban as bulas), así que enrolaban a carne en pasta e dicían que Deus dende arriba non a podía ver.

Por certo, quen queira unha que a pida, que me transfira os cartos e mándolla sen problemas, que teño unha oficina de correos case diante do centro comercial. Supoño que os gastos de envío encarecerían uns 20€ a máquina...

Lembranza da Galiza Mártir

Lembranza da Galiza Mártir

Nova de Vieiros:

Homenaxe a Bóveda

Lembranza da Galiza Mártir


# [17/08/2005 08:48] "Ti eres lume vivo, acesa chama,/roita irreversíbel de futuro;/potente trebón que berra e crama,/home do pobo, asoballado e puro!". Velaquí un anaco dos versos adicados polo recentemente finado Manuel María ao galeguista Alexandre Bóveda. Hai xa 68 anos que o exército sublevado fusilou a Bóveda na Caeira, en Poio. Na memoria do deputado ourensán e do resto de vítimas republicanas da Guerra Civil celebramos o "Día da Galiza Mártir".


  • "Bóveda na Galiza do 2004", artigo de Justo Beramendi para Tempos Novos

  • Bóveda, a figura incómoda do nacionalismo: chat co historiador Ramón Villares.

  • Taramancos non esquece a Bóveda: transcrición dunha emisión do programa radiofónico arxentino 'Con vós', dirixido á comunidade galega.

  • Biografía de Alexandre Bóveda, manifesto, mp3 coa súa voz orixinal cantando coa Sociedade Polifónica de Pontevedra e conclusións do Congreso "A Galiza de Bóveda"

  • A guerra civil en Galiza: ligazóns na rede

  • Homenaxe en Galiza Espallada

  • Alexandre Bóveda como presente, artigo de Manuel Mera na web da CIG

  • Anterior: Amnistía insiste en poñerlle fin ao "silencio e a inxustiza de case 70 anos"

De compras

Pois onte andamos, despois de ir buscar a Laura andamos un pouco polo centro a buscar algunhas cousas que tiñamos ganas de mercar. O primeiro, por suposto foi saciar a nosa fame, co que eu comín unha salchicha vermella e ela un pasteliño. Despois fomos até o Kaufhof a mirar a ver se tiñan máquinas de pan e máquinas de cocer arroz, para comparar prezos e ver se nos compensa mercar aquí e enviar cara aló, ou simplesmente mercar aló. Pasamos tamén polo Mediamarkt e polo Makromarkt, pero non foi nada satisfactorio, así que marchamos cara o Kaufland a Vaihingen a facer a compra normal, que xa non nos quedaba nada para xantar.

É incríbel o que acelera a compra unha lista. O que fixemos foi coller o S-Bahn até Universität e xa nuns minutos chegaría o autobús cara Vaihingen. Mentres iamos no S-Bahn fixemos a lista da compra, pero non só a lista, senón tamén lle puxemos unha orde, comforme á súa posición no supermercado, xa que está disposto de forma lineal e ás veces voltar atrás supón camiñar cara atrás todo o supermercado e só tiñamos 10 minutos para facelo todo. Conseguimos facela en 13 minutos, pero chegamos á conclusión de que quizais pechase un pouco máis tarde.

Á volta estivemos a enredar un chisco e despois xa capítulo de Los Serrano e a deitarse.

Días de traballo

Días de traballo

Estes días están sendo días de intenso traballo para ver se tiro cara adiante o meu proxecto. Á fin rematei cos Hello Packets e agora estou a me pegar contra os grafos. Non fago máis ca traballar, e xa estou un pouco canso. Comezo a botar moitas cousas de menos e xa teño ganas de voltar, o que me fai traballar máis para conseguilo antes e me acrecenta este mini agobio que comezo a ter, porque xa vexo a meta aí á volta.

Días de traballo que non tiveron máis descanso que os xantares e as ceas. O sábado pola noite, por exemplo, fomos cear con Daniel, o alemán que se ve no medio da foto, que coñecín na GUADEC, na que estiven de organizador con el, e por suposto con moitísima máis xente, pero del quedoume algo máis porque estivo tres anos en Mexico e durante toda a organización só puiden falar con el en Español. Moi bo rapaz. Pois iso, que fomos cear ao restaurante que hai en Rotebühlplatz, que teñen comida bávara. Eu, por suposto, tomei a pata de porco ou Schweinshaxe con Semmelknödeln (ollo aos graciosos), que non é ningún mollo especial, senón unhas bolas (tampouco arranxo moito) que están feitas de fariña, e un mollo feito a base de cervexa, que todo o mundo que estivo comigo en Alemaña, sabe que me encanta. Despois tomamos algo e despedímonos de Cristian (o da dereita da foto), que voltaba unha semaniña a Barcelona para estar con seus pais, que digamos que non está para botar foguetes dende que rompeu coa súa moza.
Onte tamén cociñamos ao mediodía. Fixemos outra vez Semmelknödeln, pero esta vez de feitoría, tanto en bóla, coma de tipo Böhmische Art, todo con mollo especial de Dores. Para facer os Semmelknödel Böhmische Art utilizamos a preparadora de arroz de Cliff que o fai ao vapor. Despois de usala, a Laura e mais eu entrounos a febre polos electrodomésticos que queremos ter o día de mañá, entre os cales está o de cociñar ao vapor e por suposto a máquina do pan. Estivemos a mirar na web de El Corte Inglés para ver se nos compensa mercalas aquí ou xa en Galiza. A máquina do pan será mellor mercala aquí, porque estiven a buscar algunha que tivese dous compartimentos para non ter que cociñar sempre un pan grande e só atopamos unha ao prezo de 40€, que posibelmente merquemos hoxe, así que que xa vos contaremos. Sobre a do arroz xa veremos se aquí ou alá, porque a Laura lle gusta a de El Corte pola tapa transparente que ten, aínda que quizais aquí se poida comprar moito máis barata. O carallo é que hai que mirar se compensa tamén polo transporte, que nin eu nin ela poderemos levar todo iso na maleta...

Por suposto, a maioría das comidas estiveron acompañadas por un capítulo da derradeira tempada de Los Serrano.

Una magistrada de Vigo pondrá en marcha la Policía Autonómica

Segundo a nova de La Voz de Galicia:

La Dirección Xeral de Interior, enmarcada en la Consellería de Presidencia , tendrá en el nuevo Gobierno un reto importante: crear la Policía Autonómica. Y para llevar a cabo este objetivo se situará al frente una magistrada, María Isabel Durántez Gil, cuyo nombramiento se hizo efectivo en el Consello da Xunta de ayer.

Durántez, una palentina nacida en 1963, acumula experiencia en la relación con los cuerpos policiales, ya que desarrolló parte de su carrera en Bilbao, en donde vivió en primer plano la creación y el despegue de la policía autonómica vasca. Progresista y comprometida, es miembro del colectivo Jueces para la Democracia e instruyó el caso de un conductor que arrolló a dos manifestantes en Vigo.

Bono: “No vamos a ceder en la condición militar de la Guardia Civil”

Tal como se pode ler na SER o ministro Bono non pensa desmilitarizar a Guardia Civil. Está ben, que siga a ser un niño de fascismo ao igual que o resto do exército Español, que aínda que moitos non o crean así, non superou aínda a dictadura do Generalísimo, alomenos nos seus altos cargos. Na miña opinión, a Guardia Civil é unha policía moi efectiva, pero que en parte basea a súa efectividade moitas veces na "transgresión das normas democráticas", e iso é un custo que eu non estou disposto a admitir. Isto pasa en todos os corpos policiais do Estado, pero no caso da Guardia Civil é maís grave, porque están educados na disciplina militar e como militares que son, ven ás veces ao que non opina coma eles coma un inimigo, o cal lles leva a actuar en contra del, cando non se decatan de que realmente, o seu traballo é servir ao pobo, e non ir contra el.

Por exemplo, é tristísimo que un garda civil sexa destinado a Euskadi e non se lle ensine euskera. Que ocorre con isto? Foméntase o odio mutuo porque o garda civil cre, debido as súas crenzas na España rancia e predemocrática, ben "de serie" ou adquiridas durante a instrucción militar, que o cidadán está na obriga de lle falar en español e non se decata que el está para servilo, e que a súa obriga sería coñecer o idioma do cidadán co que está a interactuar, porque xa sexa inocente ou criminal, está no dereito recoñecido na Constitución da que tanto se gaban e nos estatutos de autonomía de utilizar a súa lingua materna, diferente do español. No caso do cidadán, seguindo co cidadán basco, que sobre todo se vén dun caserío do monte, pode ser probábel que apenas coñeza castelán, co cal verá ó garda civil non coma un servidor, senón coma un inimigo, en parte tamén pola fama de represores gañada a pulso durante a dictadura franquista. No caso de catalán ou galegos non hai tanto problema polas similitudes das linguas, pero quen carallo pode entender o basco?

E se non chegase con isto, temos que decatarnos de que temos militares polas rúas. Moito se queixan por exemplo de Palestina, onde hai soldados israelís polas rúas, pero aquí tamén nos temos aínda sen decatármonos.

Por iso creo que había que "civilizalos", é dicir, convertilos en civís e de paso suprimiríamos unha boa serie de descordinacións entre corpos policiais e sobre todo, burocracia, que acho que neste país, nos sobra.

Seleccións galegas

Semella que despois o novo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta ten entre os seus cometidos o da creación da Selección Galega de Fútbol segundo di La Voz de Galicia, quen tamén afirma que haberá Selección de Ciclismo. Para a selección de fútbol semella que, como xa viñera dicindo o propio xogador que sería a única condición para a súa volta ao fútbol profesional, terá a Fran como capitán, tan como se menciona en Riazor.org.

Fernando Echávarri y Antón Paz se proclaman campeones de Europa

Nova procedente de La Voz de Galicia:

La pareja española formada por Fernando Echávarri y Antón Paz, a bordo del Movistar , se proclamó ayer campeona de Europa de la clase tornado después de la disputa de la última jornada de la competición, celebrada en la localidad sueca de Vastervik. El dúo gallego consigue acumular así cuatro victorias en la presente temporada, entre ellas el Campeonato del mundo del pasado mes de junio.

El Movistar partía como favorito desde el inicio de la prueba continental y mantuvo su liderato de principio a fin, aumentando su ventaja paulatinamente hasta hacerse con la victoria final y subirse al primer cajón del podio.

Tras una larga espera, el viento apareció y se pudo disputar la apasionante jornada final, que constaba de dos mangas. Sin embargo, los españoles se adecuaron bien y, con dos cuartos puestos, se hicieron con el primer puesto del podio. La plata fue para los austríacos Roman Hagara y Hans Peter Steinacher, mientras que el bronce fue para la pareja holandesa formada por Mitch Booth y Herbert Drecksen.

«En lo que va de temporada hemos conseguido, entre otros, el título Mundial y el Europeo, y nos encontramos al frente del ránking mundial de la clase tornado. Además, Antón y yo hemos estado de cumpleaños esta semana y definitivamente éste es nuestro mejor regalo. ¿Qué más podemos pedir?», declaró Fernando Echávarri tras la conclusión de la prueba.

3 días a traballar arreo

Levamos tres días que non paramos de traballar, ela coma tola a estudar alemán e eu co proxecto. A verdade é que podo dicir que vai amodiño, pero vai. Laura xa é quen de facer frases máis complexas incluso xa con verbos separábeis. Levamos tres días xantando na Mensa, onte sen Cristian, que non apareceu. O martes fiquei a traballar boa parte da tarde porque Laura tiña unha cita cos compañeiros de clase, que ían tomar unhas cervexiña, en concreto á terraza do Kaufhof, onde teñen algo que é unha imitación dunha praia. Eu fiquei a traballar coma un tolo. Nunha destas, borrei os ficheiros de código fonte coa intención de volver baixalos do CVS, pero a máquina non me daba acceso, así que como me preocupei fun até a facultade, camiño da cal atopei a Laura que me acompañou. Aínda dentro da facultade a máquina non me deu acceso, así que non me quedou máis remedio que conectarme a outra, facer un checkout a outra máquina, que teñen as contas montadas por NFS e copiei os ficheiros que quería. Despois capítulo de Los Serrano xa deitarnos.

Antonte fun tamén buscala, pero co antollo de Döner Kebap, así que fomos ao Anatolien a tomar un. Despois, ao pasarmos por unhas pastelería, vimos como os croissants e os Bretzel de oferta, mercamos 5 de cada. Pola noite, puxémoslle Nocilla dentro e metémolos no forno un chisquiño, co que ficaron caralludos. Outro capítulo de Los Serrano e a deitarnos.

Onte tamén a traballar. Cando fun buscar a Laura, demos un paseíño durante o que comín unha salchicha asada, caralluda. Mercamos algún doce e voltamos para casa, para traballarmos un pouco máis. Pasamos por casa de Cristian, que tiña día pachucho, así que veu traballar connosco un pouco até a hora de cear, que que puxemos uns Paninis no forno e miramos o capítulo de Naruto. Depois puxemos un capítulo de Los Serrano que ficou á metade, polo sono que tiña Laura e marchamos durmir."

Windows Vista contra OpenGL

Segundo Barrapunto:

nos cuenta: «Pues según leo en la web de OpenGL, AeroGlass, el sistema de ventanas de el próximo sistema operativo de Microsoft, impedirá el funcionamiento inmediato de OpenGL, encapsulándolo dentro de Direct3D para ventanas, lo que según los desarrolladores de OpenGL puede suponer hasta un 50% de pérdida de rendimiento. La única alternativa posible sería la desactivación de dicho sistema gráfico de Windows Vista. Comentan también que según los desarrolladores independientes esta decisión no obedece a una cuestión técnica. ¿Es esto un ataque directo de Microsoft a OpenGL? Lo que esta claro es que las aplicaciones multiplataforma, van a salir perdiendo con esto.» Rurouni también nos cuenta: «Para más información: Direct3D vs OpenGL (Wiki sobre desarrollo de juegos)»


La noticia de Rurouni, completa: «

En una más de sus tácticas monopolísticas Microsoft quiere deshacerse de OpenGL (OGL). En este caso quieren implementar OGL por encima de la API de Direct3D(D3D), en lugar de acceder al hardware directamente, lo que significaría una disminución de hasta el 50% de la velocidad y la imposibilidad de utilizar extensiones, además de quedarse anclado en la versión 1.4 (cuando la actual es la 2).

Esto podría afectar mucho a los usuarios de otros sistemas operativos, ya que los únicos que utilizan Direct3D son los de la familia Windowa y la gente tendería a decantarse por D3D que es lo que "utiliza el todo el mundo".

Aún así, OpenGL es utilizado por gran número de profesionales en el mundo: desde la Industrial Light and Magic hasta Pixar; y prácticamente todas las aplicaciones de representación en tiempo real de caracter médico, arquitectónico... que existen están programadas con esta API ya que en estos casos se suele utilizar un sistema operativo de la familia UNIX (IRIX, MacOS, Linux...).

Desde OpenGL.org hacen una llamada a la comunidad y a las empresas para que ayuden a no dejar que Microsoft siga con esta práctica, diciendo que se envien e-mails a los CEOs de las empresas de hardware gráfico y que hagamos el máximo ruido que podamos sobre el tema en blogs y posts.

No podemos permitir que Microsoft machaque otro estándard más.

Para más información:

Traballar para nada

Onte erguémonos relativamente cedo para irmos ao consulado facer o meu DNI. Como non sabiamos as cousas que tiña que levar, nin canto tempo me ían tardar, pois mellor chamamos por teléfono. Dixéronme que tiña que renovalo en España, que iso eles non o facían e que de todos modos, para identificarme coa Polizei, me valía até 6 meses despois de caducar. Así que xa irei coa miña baixa consular a renovalo cando volte, para que non me cobren a multa. Sigo dicindo que a min me gustaría ter este CNI, pero como non é posíbel, terei que renovar o meu DNI obrigatorio. Despois traballamos un pouco antes de irmos xantar. Acompañei a Laura até a parada e despois fun até a facultade a ver se atopaba alguén que me axudase co que estou a facer agora no proxecto, que é a implementación do protocolo de enrutado, pero non había ninguén, así que me puxen a mirar algo no laboratorio e xa non ter que ir a casa e despois voltar para coller o S-Bahn. O carallo foi que me chamou Cristian, que acababa de chegar e que precisaba as súas chaves, así que saín para levarllas e despois xa fiquei nada casa.
Fun buscar a Laura e foi cando me crucei cos dous ianquis, que me deron noxo, que xa nada máis saír das clases de alemán estaban a falar inglés con todo o mundo. Fastidiame tamén o tema do australiano-chinés que vive no meu edificio, que fala un 70% das frases en inglés, así con todo o mundo, sen importarlle se sabes ou non, porque eu sei, pero non moito.
Ao recoller a Laura fomos no U1 até Vaihingen, donde fixemos a compra, cunha porcentaxe mínima dun 50% de larpeiradas. Á volta tiramos o lixo aos contenedores e cagamonos na puta ao ver que tiñamos un frigorífico novo, e que o que nos levara máis de hora e media limpar, ía para fóra. Ceamos, Los Serrano e a durmir.

Fin de semana aburrida

Fin de semana aburrida

Aínda estado Laura aquí, esta foi unha fin de semana un tanto aburrida. Non fixemos máis ca traballar e comer algunha que outra salchicha na festa que montaron ao lado da lagoa que teño en fronte á miña fiestra. O único que fixemos así máis ou menos salientábel foi limpar o conxelador como ben contou Laura no seu weblog.
Iso si, polo menos tiven tempo de rematar o que quería rematar esta fin de semana, que era a xeración de traxectorias dos nodos para o simulador. Como se pode ver na imaxen, na fiestra de enriba, os nodos xéranse sobre algo que ten pinta de seren rúas e na de enbaixo, como todas as traxectorias, agás a inicial, que é a da fiestra de enriba, rematan nos cruces das rúas.
Tiven unha chea de problemas e creo que o compilador (gcc) tiña moito que ver neles. Primeiro porque o Valgrind me detectaba 5 problemas, aínda que a explicación non era satisfactoria e despois a execución sen Valgrind ficaba sen rematar, unha cousa un tanto rara. Así que troquei de compilador, do 3.4 ao 3.3 e xa Valgrind deu só 3 erros, de variábeis non inicializadas que estaban no código de Dominique, non no meu e a partir de aí xa foi todo ben, por fin puiden facer un commit en condicións...

Jose

Jose

Hoxe tiña cita co médico cedo, así que así nos erguemos. Collemos uns pasteis e voltamos para Allmandring a traballar. Coma sempre ás doce y pico fomos para a Mensa e despois de xantar con Laura até o IFA. Ao saír fun no U1 até Vaihingen a enviar un fax e como perdín un bus aproveitei para mercar unhas cantas cousas no Kaufland. Á volta vin en Vieiros unha nova sobre o Gerador de poesia galega" de Aduaneiros sem Fronteiras, que me causou impacto e coa miña ansia de meter máis cousas no meu Liferea (lector de RSS), pois tamén metín do Aduaneiros. Estiven a fedellar un cachiño e foi onde descubrín o Cartão Nacional de Identidade que me namorou. Está xenial e tamén ten versión Passaporte. O carallo é que non hai ningunha versión sen datos :-( . Tamén teñen unha lista de fontes típicas galegas moi xeitosas.
Despois traballei outro pouco no proxecto cando me chamou Jose (o da foto) para se despedir, que marchaba de volta para Chile. O día que marchou Ian había así coma 15 persoas para despedilo. Hoxe para Jose, só ficabamos uns 6. Triste, pero así é o conto.
Despois fun buscar a Laura, coa intención de irmos a ver o Zahnradbahn que non puideramos ver onte correctamente, pero decidimos mellor ir a Schloßplatz, que había unha feria por alí. Tiñamos a intención de comer unha Bratwurst, pero curiosamente non había. O que sí había era moitas bandas de música, entre as cales había unha de ingleses que era un pouco paiasos, pero moi divertidos... Á volta fixen un pouco o parvo con Kash coa espada láser e baixamos con Marcus e mais el a preto do lago, que hai un festival de música que non nos vai deixar durmir. Tomamos unha Bratwurst e unha Radler, que é unha cervexa con limón. Despois voltamos xa para casa a escribirmos o weblog e tentaremos deitarnos, aínda que con esta música non sei se o conseguiremos.
Unha cousa que lin en El Pais sobre a Wikipedia é que contan a trasnada que fixeron no artigo do papa Bento XVI, que ao parecer se pasou ao Lado Escuro da Forza, aínda que eu xa achaba que estaba nel. Acabo de comprobalo, pero xa o puxeron de novo ben, que antes era a do Emperador Palpatine."
Noutra orde de cousas, esqueceume contar onte, que boto tanto de menos a programación para GNOME que me implementei o g_assert, que me parece vitalísimo.