Blogia

Calvaris in Deutschland

Eleccións en Alemaña

Eleccións en Alemaña

Pois como supoño que teredes oído, houbo eleccións en Alemaña esta domingo. Por suposto o que eu agardaba era que a Merkel da CDU-CSU (Unión no gráfico e equivalente ao PP alemán) non puidese coaligarse cos liberais do FDP, como finalmente así ocorreu, por sorte. Agora o problema está en que os socialdemócratas do SPD con Gerhard Schröder á cabeza e os Grüne (Verdes) de Joschka Fischer se deciden a pactar finalmente cos Die Linke (postcomunistas) de Oskar Lafontaine para polo menos formar goberno. O problema é que tando CDU-FDP como SPD-Grüne non se van reunir cos Die Linke, así que non sabemos o que vai pasar.

Aquí tamén hai escano díscolo en Pontevedra, porque no bundesland de Sachsen (Saxonia) morreu unha canditada ultradereitista (menos mal) e haberá que agardar supoño a que elixan outra candidata.

Máis información en galego en Vieiros e en alemán no Tageschau.

A Xustiza rexeita o 'La', unha vez máis

A Xustiza rexeita o 'La', unha vez máis

Este foi gráfico que atopei por aí nun blog e que me fixo moita coña, así que para completar, engado a nova de Vieiros:

A Xustiza rexeita o 'La', unha vez máis

[16/09/2005 09:33] O xuíz Fernando Fernández Leiceaga anulou nunha sentenza a decisión do pleno do Concello da Coruña respecto do topónimo, considerando que o consistorio non ten competencias para decidir o nome da cidade. O xuíz xa decidira en abril a suspensión cautelar do acordo, que fora acadado cos únicos votos favorábeis do PSOE, e dálle agora razón definitiva á Xunta no seu réxime de competencias.

A lei de Normalización, do ano 1983, sinala que é competencia do goberno autonómico a determinación dos topónimos do país. Pero a Lei de grandes cidades, aprobada en 2003 polo goberno de Aznar, rexía a forma en que as cidades máis populosas do estado podían alterar a súa denominación. Nesta lei era na que se apoiaba Vázquez para reclamar as competencias para colocar como nome oficial da cidade a dobre forma La Coruña - A Coruña.

O xuíz analiza na súa sentenza a lei de grandes cidades, e advirte que non introduce ningunha novidade sobre as competencias para decidir o nome das poboacións, senón única e exclusivamente sobre as maiorías que cómpren para adoptar o acordo. "A reforma que realiza a lei 57/2003 non autoriza a reabrir o debate sobre a denominación do Concello, e moito menos permite considerar que prive a Comunidade Autónoma de Galiza das súas competencias lingüísticas", destaca Fernández Leiceaga. O xuíz lembra tamén que o concello non respecto o procedemento estabelecido, que é solicitarllo á Xunta para que sexa a administración competente o que o autorice, e conclúe que o acordo do pleno coruñés é "nulo con todo o dereito".

Visita a Stuttgart

Visita a Stuttgart

Onte pasei todo o día con Carmen a pasear pola cidade facendo a rota que vén no mapa, que permite ver todo o interesante da cidade e de colleita propia foi a idea de tomar os transportes raros coma o Zahnradbahn, o Seilbahn a liña 15 cara o mirador de Bubenbad, que é o que se ve na foto.

Pasamolo moi ben e tivemos a oportunidade de falarmos de todo.

Pola noite iamos ir un pouco ao centro, pero perdemos o S-Bahn e como tiñamos que agardar ao Nachtbus, xa marchamos para casa, para durmir e erguernos cedo hoxe, e deixala subir ao ICE, que puiden ver por dentro e que en comparanza cos nosos TRDs, ou incluso os AVEs, fan que sinta por estes últimos algo semellante á pena. Teño que montar nun aínda que sexa cara Ulm, ida e volta.

Festa e Carmen

Festa e Carmen

O venres, despois de deixar todo a simular, fun buscar a Carmen á estación de tren, que viña de Köln (Colonia), onde está a facer un cursiño de alemán. Fomos xantar un Kebap ao Anatolien e xa para casa, porque chovia moitísimo.

Despois estivemos un pouco na festa da Batida de Coco (Mangaroca!) que fixo Till na que mesturaba isto con leite, que estaba moi bo.

Despois marchamos todos cara a festa dos cócteis onde había de todo, como Bloody Mary, Rusos Brancos, Ananás Coado, Auga de Valencia, etc... Así que houbo ao final estado etílico para todos. Aquí non había o tema do funil coma na festa de Estrada, pero había o sentar nunha cadeira, que che botasen os ingredientes do cóctel na boca, que cha abaneasen e a bebelo todo. O que se pode ver na foto é Cristian. Eu non me sometín porque non me gusta a xenebra. Iso si, coa chega de galegos que nos xuntamos alí, cantamos a Rianxeira, o Andar Miudiño, Pousa, pousa e ao final eu rematei co Eu de Marín ausenteime, que me fixo lembrar que xa levo moito tempo fóra, pero que estou aí en menos de tres semanas!

A verdade é que a festa estivo xenial e Carmen tamén o pasou moi ben!

Simulacións.

O venres pola mañá, erguinme despois non durmir demasiado, e incribelmente despois de pensar como podía facer o script para lanzar todas as simulacións sen que desen problemas. Escribin o que pensara na cama medio a durmir, mandeillo a Dominique e encantoulle, dixo que non vira nada igual, o cal me fai pensar que non traballou nada con bash, porque era bastante sinxelo, en comparanza con outras cousas. O carallo é que coma tivera gula esa mañá (almorcei dous mini bocatas de tortilla francesa con chourizo), non tiña moita fame e me petara unha simulación, co cal xa me comecei a pór un pouco eléctrico, pois decidín non ir xantar e arranxar o problema. Era unha cousa rara, que me ocorre de cando en cando xa que una paquete me chega dúas veces. É unha cousa rara, así que falando con Dominique, chegamos á conclusión de que daba igual e que un paquete así non ía perturbar moito as nosas estatísticas, así que deixeino seguir cara adiante e vía.

Diversas causas da vida (apagar o ordenador sen querer, inicialización incorrecta dos parámetros do script) fixeron que tivese que recomezar varias veces. Unha delas foi decatarme que o zoquete de Dominique, inicializaba a semente aleatoria co reloxo cada vez que creaba unha traza, así que algunhas trazas eran iguais e daban os mesmos erros e no mesmo lugar, iso tamén me fixo lembrar que tamén debería inicializar eu a semente, cousa que non facía porque así nos permitía seguir un erro forzando que se seguise a producir na seguinte execución, pero que esquecera por completo arranxar, así que unha vez que todo estivo listo, volteino deixar a traballar esta noite.

Iso si, esta mañá descubrín que ficara colgado nunha simulación, pero como xa teño iniciada a semente aleatoriamente, imposíbel seguilo, así que fixen a vista gorda e voltei a executalo, esta vez sen problemas.

Exclusiva! Exclusiva! Nova parella!

Exclusiva! Exclusiva! Nova parella!

Pois o xoves houbo unha pequena festa improvisada na cociña de Cristian, da que merchei moi cedo porque me rallei. Pero ao día seguinte, Cristian díxome:


  • Teño que che contar algo.

  • Bo ou malo

  • Bo

  • A ver, con quen te liaches?

  • Adiviña



Eu atei os meus cabos e botei as miñas contas, que descartaban a Anabel e a Elena e xa só ficaban Iris e Silvia, así que apostei por esta derradeira e acertei.

Levan xa xuntos dende o xoves e por agora vailles xenial, nótase que hai amor o cal me fixo pórme tan parvo coma no derradeiro capítulo de Los Serrano.

O único que lles desexo é toda a felicidade do mundo e que lles dure, porque Cristian xa o ía merecendo.

Código rematado

Código rematado

Por sorte, esta semana, puiden rematar o código do proxecto, co que só me queda por facer as simulacións. Fixen un script para poder lanzar todas as simulacións e deixalas traballar mentres podemos facer algo máis mentres está a traballar o ordenador. Púxenlle dous modos, modo "nice" e modo normal. O modo "nice" é para cando estou a facer algo máis e que as simulacións se lancen con menos prioridade e no modo normal deixo 30 segundos de descanso entre simulacións para non queimar o procesador.

O carallo é que atopei un erro un pouco raro, no que un paquete no entrega dúas veces, pero falando con Dominique chegamos á conclusión de que tampouco era problema noso e que mellor seguir cara adiante, así que troquei o código para que seguise e comecei as simulacións.

O carallo é que duran unha chea e tiven que paralas varias veces, así que non me valeu nada da computación que fixen onte e hoxe, pero vai cara adiante, así que xa veremos o que lle podo presentar o luns.

Como se pode ver na foto do escenario, está cheo de puntos onde non se pode facer a comunicación e sen uso da información conseguimos unha efectividade na entrega dos paquetes dun 55%, pero co uso da información, dependendo das optimizacións e onde almacenamos esta información, chegamos ao 75%, 79% e incluso 92%, así que non nos podemos queixar dos resultados, porque os problemas que temos, sabemos razonales, que tamén é superimportante. Agora a computar!

Festa de Estrada

Festa de Estrada

Sinto escribir algo agora tan tarde, pero é que andei cheo de traballo esta semana, iso si o venres 9, ou o sábado 10, xa non me lembro ben, fomos á festa de Estrada na cidade. Estrada é un dos españois.

Pois alá fomos todos a un festón tremendo no que estaba case todo o campus a pesar de que a festa era no centro. Alí tiñan o xogo do funil, que consistía obviamente nun funil, que remataba en dous tubos, ao que lle botaban sangría e por suposto, que se facía en modo competición. Isto é o que se pode verse na foto. Tamén tiñan xelatina que estaba feita coa metade de vodka. Eu tiña que erguerme cedo ao día seguinte, así que tentei marchar cedo, pero convencéronme para ficar un chisco máis. E menos mal que fiquei porque puiden presenzar o intre en que Elena e Silvia caeron cara atrás e tiraron unha tenda de campaña que había debaixo dunha cama (si, a verdade un pouco incríbel, pero era así).

Elena, que bebera media botella de vodka do malo, colleu un cagallón de carallo e tivemos que acompañala a dar unha voltiña para que evacuara todo o que levaba no estómago e despois Anabel e mais eu xa a levamos para casa. Jaume explicoume como podía facer para chegar ao Nachtbus (bus nocturno), pero ao chegarmos ao suposto sitio, non había parada ningunha. Preguntei e dixéronme que tiña que baixar cen metros. Ala nos fomos, Elena, Anabel e mais eu cara abaixo. Ao chegarmos abaixo, tampouco había parada, así que voltamos preguntar, onde nos indicaron que tiñamos que tirar cara Marienplatz. Chegamos alí e atopamos unha parada, pero xa faltaba pouquísimo tempo para pasar o bus e a que atopamos ía na dirección contraria, así que outro momento de pánico. Pero pensei que se había esa parada, tiña que haber outra por alí pretiño. Por sorte foi así, chegou o bus e subimos a el. O carallo foi cando a Elena lle deron ganas de botalo todo outra vez, co conseguinte susto ao fulano que tiña diante. Outra cousa foi que o fillo de puta non parou en Schranne, así que tivemos que nos baixar en Johannesgraben. Que fillo de puta! A andar coa borracha 300 metros máis dos que deberiamos. Ao chegarmos á súa casa, Anabel deixouna na cama e todos a durmir.

Grella

Grella

Por sorte, onte rematei unha boa parte do traballo e a outra boa parte agardo rematala hoxe, é dicir, telo xa todo preparado para poder facer as simulacións e extraer os resultados que presentaremos tanto na memoria coma na presentación.

Pola noite fixemos carne á grella, aínda que ao final so tiñamos para Cristian, Mario e máis eu, que os demais só tiñan unhas tristes salchichas, así que nós os tres xantamos o que quixemos e os demais fixérono na cociña e algúns prepararon algunhas pizzas no forno. O que si fixemos despois foi estar alí un pouco de festa na terraza, fumando pipa de auga con tabaco de mazá e de coco e sobre todo, ríndonos coas cancións dos debuxos animados de antes, nada de Pokemon, cousas como os Fragel, Caballaros del Zodiaco, etc.

Había moita máis xente, pero eu ensínovos a xente da que aínda non falei e que apenas coñeceredes:


  • Jasper, o meu veciño holandés, un pouco raro, pero boa xente.

  • Juan Gabriel o valencián.

  • Juan Pablo, o chileno.

  • Anabel, residente en Barcelona, de familia andaluza

  • Elena, de Logroño, pero estuda en Madrid

  • Iris, estuda en Madrid

  • Silvia, tamén estuda en Madrid

  • Till, un suevo que vive aquí porque a súa casa está lonxe.

  • A francesa nova, que creo que se chame Claire e que aínda non coñezo moi ben, pero á que parece que Jasper lle enche o ollo

  • Mario, o de Brandenburg, un alemán do leste simpático e co que estamos a facer un bo curso intensivo

O primeiro partido da selección galega de fútbol será en San Lázaro a finais de decembro

Cito textualmente a nova de Vieiros:

BUGALLO E OLVEIRA PERFILAN COS XOGADORES GALEGOS A NOVA SELECCIÓN DE FÚTBOL
O primeiro partido da selección galega de fútbol será en San Lázaro a finais de decembro

[09/09/2005 09:30] O estadio de San Lázaro, en Compostela, acollerá o primeiro partido da nova selección galega de fútbol o día 28 ou 29 do vindeiro mes de decembro. Así o acordaron este xoves a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, nun xantar que mantiveron en Madrid cos xogadores galegos, Michel Salgado, Xurxo Otero e Fran. Durante a reunión, os tres xogadores profesionais amosaron a súa satisfacción por botar a andar -"despois de tantos anos tentándoo", en palabras de Fran- a primeira selección galega desde os tempos da segunda República.


A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, manifestou o seu desexo de que "este partido sirva para que todos os nenos e nenas se animen a practicar deporte e para iso é fundamental que teñan un espello no que mirarse".

Domínguez Olveira, promotor desta iniciativa, afirmou que "nos queda conversar con adestradores emblemáticos para conformar definitivamente o equipo, aínda que xa falamos de Xurxo Otero e Fran para seren os capitáns como os veteráns do fútbol galego". Sobre a selección rival para este primeiro encontro, o director xeral comentou que se están a barallar varias posibilidades de combinados competitivos "e que teñan relación con Galiza".

Míchel Salgado, actualmente xogador do Real Madrid, amosouse moi feliz "logo de tantos anos agardándoo" e expresou o seu desexo de que "perdure e que sexa un punto de partida para que o fútbol galego mellore e que os nosos deportistas teñan máis oportunidades". "Creo que vai ser unha xuntanza bonita para os afeccionados e para o pobo galego", agregou.

Pola súa banda, tanto Fran como Xurxo Otero manifestaron a ilusión que lles produce pechar as súas respectivas carreiras inaugurando a andaina da selección nacional. O ex celtista afirmou que "en Galiza hai moito potencial para facer unha selección altamente competitiva".

Calico Electrónico

A verdade é que é unha serie flash xenial coa que te ris moito, así que vola recomendo a todos en www.calicoelectronico.com.

Os novos

Os novos

Estes días estiven a traballar bastante para ver se pechamos xa a implementación. Hoxe por sorte, puiden rematar dúas cousas que falei con Dominique e ademais, descubrín onde carallo estaban ese 100MB de memoria que estaban camiño a Cuba de memory leaks e resulta que todos os paquetes Hello que enviaba non estaban a ser ceibados. Iso quería dicir, cada nodo xeraba un paquete por segundo que se multiplicaba adecuadamente para entregalle unha copia a cada veciño, así que xa podedes imaxinar. Agora aínda teño algúns, pero de menor importancia e a maioría que creo que non son meus. Por exemplo e podo ceibar todo iso, pero cando o simulador me bota fóra un paquete sen me avisar, a memoria céibaa el, pero ao seu xeito, é dicir, os vectores que eu reservo, vanse ao carallo. Agora o único que fica por facer é enviar correctamente aos nodos a información e que estes a usen para o enrutamento, mais moito soporte para isto xa está feito.

Pois nada, que os españois novos xa están a se xuntar, así que adiviño que o van pasar moi ben todos xuntos, porque parecen moi boa xente. Eu estiven con moi boa parte deles onte no centro, ao que teoricamente iamos xogar ao bolos, pero o sitio ao que iamos estaba cheo e non podiamos agardar por dúas rúas, por sermos 15 persoas. Asi que marchamos á feira do viño, que estaba petadísima, co que só ficaba dar unha volta por aí. Rematamos a noite onde se ve na foto, que é a terraza a modo de praia da que xa falou Laura cando estivo aquí e que eu aínda non visitara. Estivemos aquí un bo cacho e despois algúns marchamos para casa, porque nos tiñamos que erguer cedo. Na foto pódense ver algúns dos novos, pero terei que facer mellores fotos. De todos modos explícovos:


  • O que está sentado na cadeira á esquerda da foto é Juan Pablo, un chileno novo.

  • Á que está de costas que se lle ven as bragas é Iris, unha que estuda arquitectura en Madrid

  • Xusto á dereita dela, está Mario, o alemán de Brandenburg, moi simpático e que parece que lle estaba a facer as beiras a ela, coma di Shin Chan, enchíalle o ollo.

  • O que está na cadeira á dereita de Mario é Juan Gabriel ao que non se lle ve a cara

  • Á dereita de Juan Gabriel está Elena, que parece que lle encheu o ollo ao polaco que está ali ao lado e que non paraba de meter fichas a ver se conseguía o premio. Eu acho que non lle ha faltar moito.



Sen seren novos, pero que aínda non presentei a ninguén, están xusto á miña dereita Jasper, un holandés un pouco raro e despois Till un suevo supersimpático, co que iremos ao fútbol para animar ao Stuttgart.

Hoxe ao saír da facultade tamén, ceei con eles, aínda que me vin antes para falar con Laura e deitarme, iso si despois de botarlle a bronca a un italiano novo, que cría que as miñas cousas eran comúns, pero non contento con iso, deixábaas alí arriba sen lavar, así que ao final entrou polo aro...

Vou ficar sen casa!

Vou ficar sen casa!

Pois iso, que á miña volta parece que vou ficar en casa... Segundo se pode ler en moitos xornais, entre eles La Opinión van urbanizar a parte de atrás dos edificios de Investigación e da FIC. Segundo se ve no plano, semella ser que non vai tocar a miña casa, pero non me fío, así que teremos que buscar outra nun prazo inferior a un ano, supoño, que non sei como van de rápido estas cousas... Eu xa sabía que isto podía pasar, pero non imaxinaba que fose tan cedo...

O veterano

Pois iso, que se me fai un pouco raro, porque nunca fun veterano. Marchei o segundo ano de Rialta, así que xa nada, pero agora comeza aquí en Allmandring a chegar a xente nova, que vai facer o curso intensivo de alemán que eu fixen en marzal. Síntome raro explicándolle a todo o mundo como ten que facer para ir mercar, os trámites burocráticos, dándolle internet coa miña tarxeta wireless a todo o que o precisa, tal Santa Tareixa de Calcula. O raro foi explicarlle as cousas a un alemán, moi simpático de Brandenburgo e que por suposto fala o seu dialecto ultrachungo, coma por exemplo decir, "iut" en vez de "gut", co cal ás veces se me fai moi complicado entendelo. Onte chegaron tamén dúas mozas que estudan en Madrid, que estarán no edificio de Cristian, co cal xa son tres españolas, ás que por suposto xa lles está botando un pouco a cana.

Pois iso, que sigo a traballar. Xa concretei moitas cousas con Dominique e seguramente poidamos entregar a fin de mes, ou o día 4 de outubro, así que ao mellor o día 7 ou así xa estou de volta :-)

Hoxe quizais vaimos xogar ao bolos, así que terei que traballar duro esta tarde e xa temos que ir entrenando para a Volksfest, que é a festa da cervexa e que comeza o día 24, e para mostra, unha canción que casualmente atopei en megaupload típica de ferias cervexeiras e que por suposto tocarán nesta ocasión.

Tempo en Stuttgart

Para que queira ver o tempo que está a haber aquí en Stuttgart basta con ver o servicio do tempo de Yahoo.

Markus

Markus

Pois nada, que onte batimos o record e ficamos Dominique e mais eu até as 22:15 da noite, iso supondo o ritmo de vida alemán, así que podedes imaxinar a alguén saíndo a facultade un venres ás doce e media da noite. Completamente tolo.

Cheguei cunha fame que xa non vía e xusto cando me dispuña a cociñar un ramen para ver cun capítulo de Naruto veume procurar o señor da foto, Markus Schneider para a festa da súa despedida. Estivemos alí un bo cacho, a falar de moitas cousas e a beber cervexa e tequila, co cal podedes imaxinar como rematei a noite...

Fomos tamén á cidade ao Schocken onde tomei outras dúas cervexas que axudaron a erguer ese estado de ánimo xa de por si alto. Collemos o bus das dúas e media de volta onde Markus ía case a durmir.

Hoxe pola mañá foi bastante complicada a despedida, porque a verdade é que Markus é unha destas persoas que se fai querer bastante, así que se pode dicir que o imos botar todos de menos, supoño que tanto coma el bota a Melisa, a súa moza mexicana, que cotilleo{parece ser que está disposta a vir vivir a Alemaña}, así que lles desexo todo o mellor. Falamos de que estou tamén invitado á súa casa durante o mundial para ver algún partido dos que sexan en Gelsenkirchen e que el virá despois facer un curso de español para poder aprender a dicirlle algo á súa namorada.

Tamén comentar que teño veciños novos, unha catalana filla de emigrantes andaluces, que coñece a Jero e Eloi, e un valencián. Teñen pinta de ser boa xente.

Hoxe ao mediodía tamén xantei con Cristian e co seu novo veciño alemán, un brandenburgués simpático que nos invitou hoxe e co que estivemos a botar unha partidiña de naipes. Despois lle ensinaremos o xogo do Tute que de seguro que lle vai gustar.

Traballo, traballo e tamén traballo

Hoxe e onte estiven a traballar con Dominique a reo. Onte até as sete da tarde e hoxe até as nove menos cuarto. O carallo é que estivemos a seguir os paquetes que maxicamente desaparecen da simulación e ao final chegamos á conclusión de que é por mor das colisións e toda esa merda, xa que os paquetes chegaban á capa de ligazón (non sei se se di así en galego, pero alomenos, tenteino), pero non á capa MAC, e aparte, ao reducirmos o número de paquetes chegaban sen problemas.

Outra merda foi o memory leak duns 100MB que teño nunha simulación de menos de 10 segundos, cousa totalmente inadmisíbel que se debe á merda de deseño do puto ns2. As cabeceiras dos paquetes non están definidas coma obxectos que se poidan estender, senón que son estruturas que ademais automaticamente inicializa a 0x0, co cal non hai posibilidade de usar os contedores da biblioteca estándar de C++. Tenteino con arrays dinámicos pero tampouco é posíbel porque as liberacións que fai ás veces non me liberan esta memoria (outra razón para facelo coma obxectos, xa que se poderían usar destrutores), así que non me quedou máis remedia que recorrer aos noxentísimos arrays estáticos, coa conseguinte limitación de capacidade, que aínda non probei con valgrind.

Tamén estivemos a falar de como será a presentación, ao parecer 30 minutos de falar eu e 15 de preguntas, pero só con el e con Rothermel, aínda que ao final non virá e o faremos con algún dos colaboradores, entre os cales poida que haxa algún español co que poderei falar no mesmo idioma. En xeral díxome que o que estiven a facer tiña moi boa pinta e que se sorprendía que que funcionase todo tan ben, así que creo que ao final terei unha boa nota.

Traballo e grella

Pois onte foi un día de traballo no que agardaba rematar o tema do enrutamento no proxecto, pero que non foi posíbel pola falla de tempo.

Erguinme cedo para ir ao médico, co que afortunadamente xa rematei, é dicir, xa non teño que ir máis e á volta púxenme a traballar até a hora de xantar, á que fun á Mensa só con Ignasi porque Cristian estaba completamente desaparecido. Á volta voltei a traballar e chamei así coma 10 veces a Cristian que non daba sinais de vida. Ao final chamoume ao Skype así coma ás cinco e media da tarde. A iso das 18:41 collemos o bus cara Vaihingen para mercarmos algo para nós para a grella que iamos preparar pola noite con Felipe, moza e demais banda. Merquei tamén fariña para a máquina que xa rematara o paquete que tiña de fariña con pipas de xirasol.

Á volta seguín a traballar até a hora de subirmos á terraza, á que me veu buscar Cristian. Non tiñamos carbón, pero afortunadamente puideron "roubalo" no edificio do lado. Ao final non estivo tan mal, é dicir, a comida resultou estar saborosa e o pan causou furor.

Estivemos tamén a fumar un chisco de pipa de auga na terraza e despois voltei baixar para seguir traballando un pouco antes de me deitar ás 3:30 da madrugada. A merda foi erguerme hoxe ás 8:10 para a cita que tiña con Dominique, á que chegei case un cuarto de hora tarde, pero non pasou nada.

Estivemos arranxando un problema que tiña dende onte, aínda que me dixo que o código tiña unha punta caralluda, así que podo estar un pouco orgulloso. Non hai nada como traballar conxuntamente con outras persoas, por exemplo nunha empresa un proxecto para aprender a codificar de xeito claro...

Wieder allein

Wieder allein

Pois iso, que onte marchou Laura e estou outra vez só. Completamente só non, porque fica Cristian e todos os meus simpáticos veciños, pero obviamente non é o mesmo.

Antonte xantamos con Cristian na miña cociña. El fixo tortilla francesa e nós Kartoffelknödel, Semmelknödel (con L, dexenerados!), en bóla e böhmischer Art O mollo que fixemos foi un que mercamos no Kaufland que resultou estar bastante bo. Mentres xantabamos, vimos a película El Año de la Garrapata, que eu xa vira, pero que como era divertida non me importou voltar a ver. Despois a traballar até a festa de Cliff.

Subimos á terraza para a festa, que estivo ben, aínda que tivemos que nos pór máis roupa por mor do frío que xa facía pola noite. Agardamos até o intre do pastel e despois xa baixamos para nos deitar, que ao día seguinte tiñamos que nos erguer cedo para o colocar as habitacións para cando viñese o Housmeister a facer as comprobacións e a recoller as chaves. Tratamos de deixar a habitación dela igual que a atoparamos, que antes pertenceu a Ian, un dos chilenos, que nos pediu que a coidasemos, así que iso fixemos.

E finalmente marchou.

Zahnradbahn, Seilbahn e pizzas

Zahnradbahn, Seilbahn e pizzas

Pois estes días tamén o único que fixemos foi traballar, porque Laura tiña as súas clases e eu tiña o meu traballo no proxecto, agás onte, que xa era fin de semana e marchamos a dar unha volta pola cidade que nos durou case todo o día.

Comezamos polo museo de Mercedes, ao que chegamos aproximadamente as 12 da mañá, onde estivemos a mercar cousas para a familia de Laura. Tamén estivemos a comprobar como non sería quen de mercar calquera dos coches que había por aí. O máis asequíbel, agás o clase B, claro, esixía o pago dunha entrada duns 13000€, uns 380€ ao mes durante 3 anos e unha clausura duns 30000€, así que a cousa está bastante fodida. Agardo que para mercar algún modelo de BMW un pouco bastante máis modesto sexa máis doado.

Ao saírmos tentamos ir xantar ao restaurante grego que teñen o prato Schwaben Teller, cun pouco de todas as delicias da comida sueva, pero estaba pechado, así que marchamos ao Anatolien a por un Lahmacun Spezial, que é unha especie de pizza con carne picada, á que tamén lle poñen carne de Döner.

Ao saírmos fomos até Marienplatz para coller o Zahnradbahn (o primeiro da foto) ou Zacke, como lle chaman aquí, até Degerloch, que é unha atracción turística polas vistas que ten durante o seu percorrido. Fomos de ida de volta, porque despois tiñamos que tomar a liña U1 do U-Bahn outra vez para coller en Südheimer Platz o Seilbahn (o segundo da foto), até Waldfriedhof que resultou ser un campo-santo precioso cunha chega de xente importante alí enterrada así coma moitos soldados das guerras mundiais. A pesar de ser un campo-santo, é un sitio precioso para pasear. Tamén tiña unha campá que me trouxo algunhas lembranzas da miña xuventude en Marín. Alí atopamos a unha señora vella, á que lle preguntei se se podía beber aquela auga, e que a raíz diso nos deu unha conversa duns 15 minutos, sobre todo o que falou ela, porque lle pillei aproximadamente un 30% :-). Falounos da Universidade, de como eles eran os únicos estudantes que pagaban impostos (estaba na universidade para maiores) e como eran os libros e as bibliotecas importantes, de como alemaña estaba chega de adolescentes maleducados. O carallo é que a vella traballou na forza aérea na Segunda Guerra Mundial.

Despois baixamos outra vez no Seilbahn para coller de novo o U-Bahn cara Vaihingen para mercar as últimas cousas e voltar a casa para traballarmos un pouco e cear.

De cea puxemos un pouco de fariña premesturada con levadura para pizzas e puxémola na máquina de pan. Custounos un chisco darlle forma coa man porque se rompía, até comezamos a usar un rolo de amasar, que como se pode ver na primeira foto, deu mellor resultado que tentar facelo só coas mans (segunda foto). Botámoslle tomate, queixo, champiñóns, carne e a unha delas un ovo estilo Pizza Calzone de Pizza Pepe. Ficaron xeniais, de verdade, estaban riquísimas, así que acabouse o tema de pedir pizzas e ir recollelas!