Blogia

Calvaris in Deutschland

Día de estar tirado

A verdade é que xa ía necesitando isto para descansar, pero de todos os xeitos esta fin de semana longa foi un pouco aburrida.
Hoxe erguinme practicamente para xantar. Fixemos pasta con carne que nos saiu caralluda.
Despois pola tarde non fixen nada máis ca dos deberes de alemán e buscar proxecto. Barallo varias posibilidades, pero aínda teño que buscar moito máis, algunha das máis atractivas son facer a interface contra base de datos dunha máquina de estados, no cal non descarto o uso de Fisterra, ou a mellora do Planner (antigo MrProject). Este último tería que facelo cun colega do profesor que xa me mandou a tomar polo cu, pero así tamén lle podería amosar o que se perdeu :-p .
Agora pola noite, cea de conxelados, é dicir, pizza e despois 5 minutos que paseu na festa de despedida de Elisabeta (ou como se escriba), que é unha moza italiana que marcha de volta para italia nun par de días.
E mañá outra vez a erguerme a estas horas inexistentes na vida de calquera bo galego, ás 6:45 da mañá.

Hoxe tortilla española

Hoxe tortilla española

Hoxe foi un día no que tampouco saímos do Campus, e nin falta que fai, porque con xantar aquí, ver Los Serrano (que aínda imos atrasados) e despois pola noite, morriña. Porque quedamos de facer unhas tortillas de patacas para ensinalas ao mundo. A verdade é que sendo tan doadas de facer, non sei como non se fan en todo o mundo... Ao final viñeron a vikinga (finesa) o australiano gay (Clifford) e o USAno-Portugués (co que falo en galego ;-) ). A verdade é que case me dan ganas de chorar, porque dende que marchei da Galiza que non probaba unha tortilla, e a morriña... Por suposto, as tortillas encantáronlle a todo o mundo.
Despois ficamos un pouco a falar até as 2:30 da madrugada.

Onte Serrano

Erguémonos hoxe sábado e fomos a un mercado de segunda man nalgures e que non conseguimos atopar, así que voltamos á cidade a xantar un Döner Kebap e despois un xelado en McDonnalds. Ó rematar fomos facer a compra Eloi e mais eu e despois vimos un capítulo de Los Serrano.
Pola noite ceamos un pouco arroz cun ovo e tentamos ir tomar algo aquí ao pub que hai no campus, pero estaba pechado, así que fomos ao centro, pero tentamos entrar nun pub no que que pedían ser o mesmo número de homes ca de mulleres, así que mandámolo a tomar polo cu e marchamos. Como non atopamos ningún, voltamos para o campus e puxémonos a xogar ó burro (ese xogo no que cada un ten catro cartas e vaille pasando unha carta ao da dereita e cando xunta catro iguais ten que pór a man no centro da mesa) e o que perdía tiña que beber un pouco de viño procedente dunha botella de 2 litros por 2€, é dicir, o peor do peor :-)
Despois xa nos deitamos.

Todo pechado

Todo pechado

Hoxe foi un día no que todo, estaba pechado, así que fixen de xantar unhas "Setas al ajillo con Kartofelknödel" e despois, pola tarde, Los Serrano.
Ás oito, unhas pizzas e uns panini (ou como carallo se escriba) e á festa que organizaban no edificio do lado. Bebín dúas cervexas, pero nada serio. Iso, si, Jero e Eloi colleron un cagallón de carallo. De feito non paraban de tentar ligar coa australiana ou coa finesa. A australiana non sei se ten mozo, pero a finesa si que o ten, e aínda que me gustaría que Eloi ligase con alguén posto que está só, non así Jero, que tamén ten moza. De todos os xeitos ela deixábase levar, así que realmente non sei de quen sería a culpa dunha hipotética infidelidade...
Pois nada, festa grande, pero non era o mesmo sen a persoa que máis quero no mundo...
Por certo, o que se ve na foto son os edificios que se vén dende preto do lago e a fiestra que está sinalada é a da miña habitación...

Xoves Santo, pero traballando

Xoves Santo, pero traballando

Nada, que aquí ós alemáns lles gusta moito traballar e até o día de Xoves Santo, así que pola mañá clase coma sempre. Agás porque na pausa das clases, vimos coma un coche envestía por detrás a un BMW X5 e pola esquerda a un U-Bahn! (é dicir, un tranvía). Non pasou nada grave, o que pasa que ao vello que conducía o coche pequeno, que non me lembro cal era, tivérono que levar na ambulancia, supoño que por algunha crise de ansiedade ou algo así. A verdade, non me extraña o máis mínimo, porque pensar que tiña que pagar o arranxo do tranvía e do BMW... De todos os xeitos, supoño que tería seguro.
Pola tarde fun á compra co polaco e coa a súa amiga (eu xuraría que é algo máis ca amiga) e despois a cear con Jero e Eloi unha ensalada e de postre, morangos con zume de laranxa... :-),,,,,,,
Ás dez, fomos á festa de Liisa (ou como se escriba), que é a que estaba onte de aniversario (coma se pode ver no seguinte gráfico). Como a moza esta é finesa, había fineses por un tubo na festa :-)
Despois, cando todos marcharon ó centro da cidade, Jero, que ten o pé mal e mais eu, que tiña sono e non tiña ganas de ir, ficamos aquí a ver "Los Serrano" por cortesía de "Carlos F.".

Interkulturell

Hoxe mércores clase normal coma sempre aínda que esteamos en Semana Santa (de feito mañá Xoves Santo, teño que erguerme ás 6:45). Esta profesora non me cae nada ben, porque, por exemplo, cando non sei unha palabra, dígolle que non o sei e ela dime que xa a vimos non sei cando e pasa ao seguinte. Unha borde.
De xantar Kebap en Stadtmitte que pola tarde tocaba Interkulturell Training ás 14:15, que é coma unha clase de 3 horas onde a xente conta cousas sobre os seus países, as ideas que ten sobre os demais e como reaccionan ante determinadas situacións, coma podería ser unha cea, etc... Aquí puxemos en cintura aos americanos un pouco bastante :-)
Despois cea con Cristian e a moza aquí na miña cociña e nada máis por hoxe, que mañá me teño que erguer demasiado cedo...

Hoxe cervexiña e compras

Hoxe cervexiña e compras

Hoxe tocou unha cervexiña despois de xantar, xusto na praza que se ve na foto, é dicir, Schlossplatz. Iso si, antes diso apuntei a unha nova excursión a Gutenberg, a ver que tal está esta...
Tamén atopei á miña buddy, a china que me guiou os primeiros días aquí en Stuttgart.
Despois a facer as compras, coma por exemplo unha especie de xersei moi fino que me costou 5€. Despois para casa a facer os deberes de alemán e cear unhas pizzas con Jero e Eloi.

Nova profesora

Hoxe pola mañá tivemos nova profesora. Unha tipa chunga que vén chunga bóla e tíracha cando quere que abrir algunha conversa ou algo así e despois ti pásaslla ó outro. Ademais fala mooooooi amodiño e fai a clase moi aburrida.
Pola tarde fun a que me desen o bono semestral de transporte co que me agasalla o concello de Stuttgart por ser estudante por primeira vez. Despois ó LIDL a facer a compra, pero como non había chourizo, tiven que ir tamén ó Kaufland de Vaihingen.
Ó voltar pasei pola miña facultade a mendigar algún proxecto. En principio, quería falar co meu coordinador Erasmus, pero como non estaba fun a falar directamente co director do Instituto (departamento) de Enxeñería do Software. A súa secretaria díxome que as súas horas para os alumnos comezaban a partir do día 29, ó que lle respondín que non podía agardar tanto, así que entrou e ó final si que me recibiu. Preguntoume cando comezara a estudar a carreira, canto levaba aprendendo alemán, canto tempo pensaba ficar en Alemaña e cal era a miña especialidade. Díxenlle que comezara no 1998, que levaba ano e medio estudando alemán e que en España non existían as especialidades na miña carreira, que por iso non tiña ningunha, pero que traballara nunha empresa de software facendo un ERP. Como non sabía que era díxenllo e ó final respostoume que aí os proxectos duraban seis meses (a pesar de que son 15 créditos, é dicir, 150 horas), e que era un pouco difícil, porque tiña pouco tempo, que tiña dificultades co idioma (a pesar de que tiven toda a conversa co alemán de ano e medio, entendéndolle o 95%) e ademais, puxo unha cara en plan o fulano este do terceiro mundo que non ten especilidade... pero se somos especialistas en todo, polo menos un pouco, que por algo estudamos un ano máis de carreira, que non é que sexamos burros :-) O único bo que fixo foi dicirme que na facultade había un profesor de Zaragoza, que quizais me puidese aconsellar mellor ca el.
E despois pola noite ceei con Jero, Eloi, e despois chegou Cristian coa súa moza, pero tiven que marchar cedo, porque pola mañá teño clase outra vez no quinto carallo.

Munich contraataca

Munich contraataca

Pois iso, que hoxe tocou erguerse moi cedo para ir cun Wochenendeticket para Munich. O Wochenende é un ticket que serva para viaxar en transporte urbano e tres rexionais durante unha fin de semana para 5 persoas, por 30€ en total. Está moi ben.
Alá marchamos 10 persoas para Munich, aínda que case non chegamos por culpa do Cristian, que chegou tarde. Menos mal que collemos os billetes xa na parada da Universidade porque tiñamos o tempo moi xusto en Hauptbahnhof (estación principal), de feito chegamos por dous minutos.
Despois de tres horas, chegamos a Munich onde atopamos a Johanna, que xa estaba alí e fomos cara Dachau, ó campo de concentración. Foi o primeiro, aberto 50 días (si, días) despois da ascensión de Hitler ó poder. Agás a parada do autobús, que está noutro lugar distinto, o resto case igual. Esas cousas non trocan moito :-) Iso, si, non había pedregullos no monumento do "Nunca Máis" en honra ós xudeus mortos...
Despois fomos xantar preto de Marienplatz a un restaurante que eu xa coñecía (o do camareiro simplático que nos falaba en italiano e onde tamén había Pata de Porco e Struddel ou como se escriba). Iso si, esta vez nada de camareiro simpático. Tocounos un vello que non sabía o que facía. Non se enteirou de nada nas contas, trouxo as cousas ó revés... Por suposto voltei xantar Pata de Porco e de postre, outra vez Struddel, pero a medias con Jero. De beber, auga do grifo bo baño, que os cartos non están para tiralos nunha cervexa de tres euros. Para iso, xa terei tempo...
E non fixemos nada máis, porque despois do tempo que nos levou ver o campo de concentración, eu por segunda vez, e xantar, xa non tivemos máis tempo.
Á volta tocounos facer tres transbordos, pero o tren que chegaba a Ulm, derradeiro transbordo, chegou con 5 minutos de retraso, e só tiñabamos 7, así que outra vez a correr, coma pola mañá. Tivemos "sorte", porque non outro tren chegou con 30 minutos de retraso. Incríbel isto en Alemania, pero así foi.
E por último, unha chea de Hooligans de non lembro que equipo, deixaron o tren no que nos montamos cheo de botellas e os cuarto de baño case (e sen case tamén) inutilizábeis.
Como colofón, comentar que todos os fineses que coñezo, cando me preguntaron pola miña camiseta de GPUL e lles comentei de que ía, todos dicían "Linus ist Finisch" :-)
E agora, a durmir, que mañá teño clase moi cedo.

Hoxe nada interesante

Hoxe nada interesante

Hoxe nada interesante. Durmir até tarde e despois pola tarde un pouco de facer a compra e nada máis.
Pola noite ceei con estes langráns uns Ovos á Extremeña, aínda que despois nos quedamos un intre na cociña falando e ríndonos un pouco.
Deitarse cedo, que ó día seguinte, tocaba erguerse coas galiñas para ir a Munich.

Deutschprüfung

Deutschprüfung

Hoxe pola mañá exame de alemán. Tres partes, gramática, comprensión de texto e comprensión oral. A parte de gramática empezou xa rara, porque nos fuxo preposicións por valor de 20$ máis raras ca os pelos do cu. Non podían ser as de sempre, warten auf, denken an, tiñan que ser estilo sich kümmern um ou peores. A parte de comprensión de texto foi bastante ben, agás porque ó final, me quedaron dous textos en adxudicar, que por suposto, puxen ó chou. A parte oral, foi doada porque, ó ser na aula de idiomas, puidemos repetir o exercicio nós mesmos as veces que quixemos.
Despois do exame, a profesora deixounos ir un pouco antes e fomos co mozo turco a comer uns Döner Kebap, que estaban caralludísimos.
Pola tarde tocou ir a Vaihingen a mandar o fax para Carlos e a facer un pouco de compra para cear decente hoxe á noite. Fomos cos dous polacos, cos que ceei un pouco despois. A verdade é que da miña cociña, non trago ós búlgaros, porque non sei que carallo son, pero os tres levan o pelo curtísimo e están fortes, o cal me fai pensar. Os polacos son boa xente.
Despois de ver o trailer de Star Wars Ep. III, gravei unha necromantux para o polaco, que tivo problemas co ordenador, pero creo que o seu discoduro non ten solición.
Despois liáronme para ir ó centro, pero cando me dixeron que tiña que pagar 5€ para entrar e eu só ía estar unha hora, así que decidín marchar no seguinte bus, que non tardou moito.
A foto que teño hoxe é sobre a barbacoa que fixeron estes fulanos onte, pero moi profesional, con pipas de fumar inclusive estilo mouro.

San Patricio

San Patricio

O día 17 de marzal, foi a véspera de San Patricio, pero sen piedade ningunha, clase coma sempre ás 8:00. Pero hoxe na Pausa tiven que ir facer a matrícula, que só abren pola mañá. Só tiven un problema que me levou 20 minutos solucionar. Resulta que aquí para pagar certas taxas, precisas meter un papeliño nunha caixiña do banco, pero con este sistema, non me puxeron ningún selo no recibo. Co cal, eu pagara, pero non tiña constancia, co cal tiven que ir ó banco a facer o extracto de movementos onde se vise reflexado o cargo de 68€ da universidade. E por fin descubrín para que servía o cartonciño azul que nos deran e é para meter estes papeliño que che dá a máquina dos extractos.
Despois pola tarde, véspera de San Patricio, fomos ó centro a ver se atopabamos un pub irlandés onde puidesemos tomar unha pinta, pero despois de dar un rodeo tremendo, voltamos ó do principio, que estaba ateigado de xente, o que nos fixo ir ó bar do lado a tomar unha cervexa ben boa.
De esqueda a dereita: o finés simpático, eu, a autraliana egocéntrica imbécil, o australiano tremendamente gay, pero moi bo rapaz. A australiana simpática e os tres cataláns.

Hoxe clase outra vez coa profesora simpática

Hoxe clase outra vez coa profesora simpática

Hoxe outra vez clase en Vaihingen. Menos mal, porque así podo erguerme un cuarto de hora máis tarde. Hoxe voltamos a ter clase coa profesora que aparece na foto do outro día. Fomos tamén ó laboratorio futurista, que podedes na foto adxunta.
Descubrimento de hoxe. Carolina, a moza de Sevilla tiña unha foto dun curioso "Santo" na carteira, de "San José María Escrivá de Balaguer", que quixo tapar, pero non puido. A movida foi que nos dixo que hoxe ás catro chegaba o seu mozo. Huseyin, pediulle a ver se tiña algunha foto e ela sacou a carteira, pero ó lado da foto estaba a de San José María (non Azkar, Escrivá).
Quixemos matricularnos, pero resulta que nos traducamos de horario e non puidemos ir ó final. No seu lugar fun ó centro a ver se trocaba as lámpadas que non me valen para poñer na mesiña de noite. Quixen unhas, pero as que atopei eran carísimas, así que xa buscarei outro día.
E nada máis por hoxe.

Hoxe primeira Erasmus

Hoxe primeira Erasmus

Hoxe tamén clase de alemán, pero ó final, en lugar de clase tivemos unha charla onde nos ensinaron cousas sobre a vida en Alemaña, como por exemplo, como separar o lixo.
Despois pola tarde, limpar cociña e facer un pouco o parvo ata a hora de Zapping en Radiovoz, que é algo que me estou afacendo a oír para ter un pouco máis preto Galiza e de paso, rirme un pouco. Un pouco de Los Serrano e ala, festa Erasmus. É algo tradicinal aquí reunirse os días 15 de cada mes para tomar unha cervexa e pasar un rato, así que alí fun. Volvín ás dez a casa para falar por Skype para falar coa persoa que máis quero no mundo.

Clase intergaláctica

Hoxe non tivemos clase de alemán no sitio habitual, senón no Campus, polo cal puiden erguerme un cuarto de hora más tarde. Trocamos de clase para ir á clase de idiomas. Impresionante, ordenadores con auriculares e micrófono no que se facían exercicios, de conversa non que o profesor podía intervir para corrixir ó alumno ou axudalo. Despois puxéronnos un vídeo sobre como se facía cervexa caseira, tamén de exercicio.
Despois xantar en Mensa, un dos poucos días no que houbo algo bo para xantar.
Ó rematar, tiven que tirar o lixo porque xa había formigas na cociña, co cal era un pouco noxento.
Marchamos a relacións internacionais para ver que precisabamos para a matrícula, que comeza hoxe, pero antes, tiñamos que facer a convalicación do seguro. Andaba por alí cerca, pero os moi capullos non me quexero devolver os cartos que xa paguei polo médico, din que teño que facelo ó chegar a España.
Fixemos a compra en LIDL, onde atopei moitas das cousas que merco na Coruña e ala, para casa xa.
E hoxe Laura xa me confirmou que ten os billetes para vir a verme, que será o día 20 de abril. Estou devecendo por que chegue ese día...

Ulm

Ulm

Sí, está ben escrito, é Ulm e non UML. Aquí foi a onde fomos de excursión hoxe. Recolleunos una autobús e levounos, tras unha hora de camiño ata Ulm. O primeiro que fixemos foi visitar o Museo do Pan, onde non non cheirei nin migalla de pan, pero era interesante ver curiosidades sobre o pan. Sobre todo que en Galiza e come moito pan de millo, polo que creo que levan uns cantos anos de retraso :-)
Despois a xantar, onde se sentou con nós o americano, pero o americano simpático, non o chungo.
E ala, á catedral de Ulm, dun gótico moi interesante.
De todos os xeitos, o máis interesante de Ulm non era a catedral, senón que foi a cidade onde naceu Albert Einstein e onde viviu os 15 primeiros meses.
Fixemos tamén unha rota polo casco vello da cidade onde vimos un edificio feito por Carlos V de Alemaña (e I de España) onde os cataláns se empalmaron todos porque había un escudo de Cataluña. Cando vin que non había escudo de Galiza tiven que explicar como a nobleza galega tivo unhas tiranteces coa puta da nai de Carlos V, polo cal, o Reino de Galiza foi anexionado ó de Castela.
Despois á volta, como non tiña nada para cear, fun ó centro a por un Döner Kebap.

Hoxe si que teño gripe

Hoxe si que teño gripe

Esta mañá foi chunguísima en clase, con isto da gripe non se pode... Na foto podedes ver de esqueda a dereita a Désirée, eu, a profesora de alemán e Cristian.
Nada, despois a xantar a Mensa a toda présa porque pecha ás dúas. Resulta que no sitio onde xantamos os días anteriores non era Mensa, senón a cafetería. Comín hoxe por só 3,50€, pero noxento de todo. Co que fun toda a tarde para encher a despensa. Collín o bus a Vaihingen para mercar e de paso pedir un papel na sucursal do concello de Stuttgart, que está fronte ao centro comercial. Merquei todo (ou iso pensaba) e voltei. Cando viña de volta decateime que me faltaban un par de cousas de dei a volta, así que cheguei a casa finalmente ás 19:15, que usei para facer os deberes de alemán. Agora voume deitar, xa, que quero curar a gripe dunha vez.

Eu que pensaba que deixaba de nevar...

Eu que pensaba que deixaba de nevar...

Pois iso pensaba eu, que deixara de nevar, pero cando me erguín esta mañá atopeime na miña fiestra o que vedes na foto.
Tanto foi así que só saín do edificio un pouco pola tarde para xogar coa neve, xa que Cristian e compañía colleron a bandexa do forno e usárona de trineo. A verdade é que aínda se collía unha boa velocidade, pero acababas todo cuberno de neve, así que marchei pronto para casa.
Por fin teño configurado o Skype para falar con outras máquinas, pero non para chamar a fixos. En canto o teña, que non vos sorprenda que vos chame algún día ;-)

Visita ó médico.

Visita ó médico.

Esta mañá xa non puiden aguantar máis na clase, até o profesor me dixo que fose ó médico, así que ó saír fomos xantar. Ó sairmos pasamos pola tenda de O2 (que é a miña compañía de telefonía) para arranxar o teléfono de Cristian, que estaba escarallado. Tamén solicitei a rebaixa de 5€ (ó mes, creo) que fan nos contratos ós estudantes e que non coñecía. Moi simpático o fulano que nos atendeu hoxe e decateime de que cada vez vou falando e entendendo mellor o alemán :-)))))
Pasei pola oficina de Relacións Internacionais da universidade para que me comentasen que trámites tiña que facer para ir ó médico, posto que non chega con presentar a tarxeta no médico. Hai que convalidala, ou algo así, pero estaba pechado así que fun ao médico sin facelo, que malo habería de ser...
Para atopar un médico en Vaihingen pasámolas putas. Ó final, nun otorrino, déronnos a dirección dun médico que pechaba ás catro, porque ningún outro traballaba o venres pola tarde. Chegamos ás 5 menos algo, pero o fulano atendeume igual pola pena que lle dei :-) Non puiden usar a tarxeta sanitaria, así que tiven que pagar 32,18€ de médico + 15,04€ de medicamentos, que cando convalide a tarxeta, me devolverán, ou iso agardo eu. O médico completamente informatizado, iso si, en Hasefroch, pero informatizado. Cada cousa que lle dicía, tecleábaa no ordenador e tal... Non tiven moitos problemas porque busquei no diccionario "tus" (husten) e xa non pasou nada.
O máximo foi cando chegamos á farmacia do centro comercial e comecei a escoitar o... tachán... ASEREJÉ, pero máis difícil aínda, EN ALEMÁN! Non o estribillo, pero o resto da cancion si. Con dicir que o único que entendín foi "chulería"... Teño probas de audio desfe feito, pero só do estribillo :-(
E nada, a ver se me poño mellor :-)
Skype works now!
Sobre o fulano da foto, comentar que é un tipo que se pon na rúa principal (Königstraße) á darlle á manivela con cancións interesantes coma Heide, Que será, será e outras moitas que serán típicas alemanas... O mellor da cidade.

Meine Fakultät

Meine Fakultät

Hoxe xoves tivemos profesor novo de alemán, e eu pensaba que non nos ía preguntar polos deberes do día anterior, pero si. Eficiencia alemana. Cristian directamente dixo que non os fixera porque fora ver o fútbol, pero eu díxenlle que pensaba que tiñamos que entregalos o luns á outra profesora. Nada, tamén é bo tipo, pero non deixa abrir a boca en clase, sobre todo en español O:-), así que moitas veces teño que contar en algo o que falo con Cristian.
Tamén tivemos un USAno novo na clase, pero este creo que ten algún problema que o fai virar un pouco á dereita. Porque tivemos que falar sobre o paro e empezou con que en Conneticut ou como carallo se chame, que case non teñen paro e que en parte, era porque pagabamos moitos impostos! Ó cal lle preguntei que como carallo mantiñamos entón o estado do benestar e que aquí en Europa se vivía moito mellor nese senso que en USA, pero nada, non entraba en razóns. O fulano dicía que alí todo o mundo tiña seguro e tal, e eu díxenlle que había xente que tiña un seguro que non lle cubría operacións coma as de corazón e que viñan a España a pórse chungos para seren operados aquí e púxome unha cara de que non cría nada sobre esas patochadas de países tercermundistas. Tamén me dixo que un profesor del de macroeconomía (xa me diredes que carallo de macroeconomía lle fan estudar a un Enxeñeiro Industrial, de feito, facer notar o mercantilismo do asunto, nada de cultura, só cartos) lle dixera que o sistema americano era mellor que o europeo! Por suposto eu suxerinlle que que carallo lle ía contar un profesor americano, ó que el me respondeu que viñera de Lituania. Por suposto, resentido co comunismo da URSS. Nada, non fago nada bo del.
Tivemos que ir xantar ao Mensa de Vaihingen, porque os outros cataláns tiñan que estar cedo alí para facer non sei que, así que alí fomos. Como chegamos ás 14:04 non nos quixeron deixar entrar, pero subimos á cafetería de arriba e paguei, coma sempre moito máis :-( Se tivesemos comido no Mensa da Escola de Música...
O único bo foi que atopei a Dani! Dani é o outro Erasmus da FIC que está facendo aquí o proxecto e casualmente, o seu titor é o coordinador de Erasmus da facultade, co cal me amosou directamente a facultade, onde fixen esta foto! Freak, nonsí? Pois si, que teño que buscar titor para facer o proxecto. El ofreceume algo de CAD, pero a verdade, é que as cousas de Julianen Doraden non me van, así que me buscarei outro un pouco máis do meu estilo :-)
Como colofón comentar que o meu Bundesland se chama Baden-Württenberg, pero a miña rexión é Schwaben, que en galego se di Suevia. Como podedes imaxinar, estou co pobo que fundou o noso Reino de Galiza, é dicir, o Reino Suevo. Estou coma na casa!