Calvaris in Deutschland

Temas



publicidad

¿Y estos anuncios?

Enlaces

Migración

Outros blogs

Outras webs

Novas varias

Archivos

 

Festa española

20050415b.jpgOnte foi un día bastante noxento en xeral. Pola mañá erguínme para estar un pouco na Internet. Xantei unha ensalada e despois botei unha pequena sesta porque todos os demais marcharan ao museo de Mercedes, que eu xa vin, e que verei con Laura, e que por suposto, non me apetecía ver unha terceira vez, polo cal, non me importou o de marcharen sen me avisaren.
Despois botei unha pequena sesta e erguínme para ver un capítulo de Los Serrano, que por certo, me gustou moito. Despois escoitei Zapping, porque hoxe tocaba os Mackoys (ou coma se chamen). E despois a cear uns macarróns.
Despois de falar con Laura, marchei á casa de Jero, que estaban todos alí tomando algo antes de ir á festa. Os fineses mercaran gorros de piscina coas cores finesas e uns lentes de mosca, co cal tiñan unhas pintas terríbeis, coma se pode apreciar no gráfico :-)
Por suposto, fomos á festa, que era o cumpreanos de seis mozas españolas, nun local alugado, co cal, música de Bisbal, Civera e demais. Eu marchei cedo, porque tiña sono e aproveitei que non había ninguén no edificio, xa que todos estaban alí :-)
16/04/2005 13:19

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]