Pois onte erguínme pola mañá para falar algo con Luara polo Skype e despois falei con estes para xantar. En principio quedaramos para facelo na miña cociña, pero coma non teñen palabra, e estaban todos os fineses na cociña de Jero ao final quixeron xantar alí. A min non me deu a gana, e fiquei aquí só. Ao rematar de xantar chameinos dúas veces por teléfono pero non me contestaron, co cal eu marchei ao súper a facer a compra, pero cando estaba no bus chamáronme por teléfono. Pedínlles se podían agargar por min un pouco, así que fixen a compra para coller o seguinte bus, iso quería dicir en 5-10 minutos. Cando cheguei ao campus chameinos por teléfono e cabreeime porque me botaban a min a culpa de non saber que ían marchar, pero que carallo ía facer eu se xa os chamara dúas veces e pensara que estaban a durmir a sesta.Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/