Calvaris in Deutschland

Temas



publicidad

¿Y estos anuncios?

Enlaces

Migración

Outros blogs

Outras webs

Novas varias

Archivos

 

Tortilla de pataca con sangría

20050414.jpgOnte erguínme para estar un pouco na Internet pola mañá e despois a facer tortillas de pataca con dous fineses. O carallo foi que o raiador que mercara de 5€, é do mellor que hai e tamén me levei un cachiño de dedo. Pero o conto non remata aquí, porque Jussi, tamén levou un cachiño de dedo e non contentos con iso, cando xa estabamos os dous lesionados, chegou Pasi e tamén levou un cachiño de unlla. Asi que a tortilla de patacas leva sangue finesa e galega :-) Pero tranquilos, que non caeu nada nela.
Coa tortilla había sangría para xantar, a verdade é que esta estaba suave e boa, polo cal todos colleron un pouco cagallón, pero nada grave.
Pola tarde eu tiven que ir ao centro, que tiña que cobrar os cartos de meu pai e preguntar uns temas na oficina de turismo. Á volta ía xogar ao baloncesto, pero ao final fiquei na habitación porque non sabía quen ía estar alí, así que mellor aquí :-)
Pola noite cea comunal outra vez e despoies á festa que había no pub do campus, o Unithekle. Estiven alí até case as dúas da mañá, pero marchei porque a música non era boa e ademais, había uns cantos borrachos que se dedicaban a bailar coma tolos nas cancións de rock, que non me gustaban nada. Eu facía iso tamén, pero cando tiña 15 anos...
15/04/2005 11:59

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]