Calvaris in Deutschland

Temas



publicidad

¿Y estos anuncios?

Enlaces

Migración

Outros blogs

Outras webs

Novas varias

Archivos

 

Dominique

20050708.jpgOnte erguinme pola mañá moi cedo para ir falar con Dominique. Gustoulle moito o que fixen. Tamén atopamos algún problema que me preocupaba a min e incluso parece que estamos sincronizados nalgunhas cousas porque chegou a darme algunha solución na que eu xa andaba a cavilar :-) O bo foi que esta vez me comezou a corrixir faltas de ortografía, descoidos, e incluso estilo en alemán. Estiven con el dende as nove da mañá até as doce. Pero fiquei tan canso, que non fixen nada o resto do día de traballo.
Fun xantar á mensa e despois a tomar un café no Ökumenisches Zentrum, que é máis barato, pero o té que teñen non me gusta demasiado. Estivemos alí a falar de moitas cousas e a contar nos idiomas cantas palabras significan o mesmo que foder nos diferentes idiomas. Os fineses atoparon 24 e nós 20. A iso respostamos que nós nos dedicamos a practicalo en vez de procurar as verbas :-)
Despois vin Moulin Rouge, que teño que dicir que non me molou nada de nada. Menos mal que tiña un capítulo de Naruto para tirar o mal sabor da boca.
Xa ao solpor, abrín a fiestra e vin unha paisaxe de postal. Así que collín a cámara e saquei un par de fotos dende a miña habitación, mais coidei que dende a terraza sería moito mellor, como efectivamente se pode ver na foto. Ao subir, atopeime con Felipe, que tiña a cámara na man e tamén subiu. Ao chegarmos arriba, atopamos a Diego que tamén estaba facendo fotos. Estivemos alí enriba un pouco, cando tamén vimos a Huseyin dende abaixo facendo fotos, momento no cal Ian lle ensinou o cu dende arriba :-)
Despois baixei para cear con Cristian e vermos un capítulo de Los Serrano antes de nos deitar.
09/07/2005 17:08

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]