Calvaris in Deutschland

Temas



Enlaces

Migración

Outros blogs

Outras webs

Novas varias

Archivos

 

Cumpreanos de Ian

20050709.jpgHoxe erguémonos Cristian e mais eu sobre as doce, para irmos ao Kaufland. Puxen a roupa a lavar e marchei para a súa casa. Fíxome agardar até o seguinte autobús porque non tiña lavadas as cousas do almorzo. Ao final fomos xa á unha. Estivemos alí unha chega de tempo porque tamén estaba cheo o Kaufland. A verdade é que merquei bastantes cousas, a ver que resultado dan.
Despois xantamos xuntos unha ensalada e cando marchou baixei a casa a traballar algo até as oito e pico, hora á que me puxen a ver Los Serrano, que por certo, me deixou fodido, porque é moi cruel deixar así á audiencia con tantas frontes abertas, o romance de Teté e Guille, a separación de Diego e Lucía... Unha merda, pero haberá que agardar, igual que con Naruto, pero moito máis tempo. Se alguén sabe cando vai comezar a seguinte tepada, por favor, que mo diga, porque o estiven a procurar na web, pero non fun quen de atopar nada.
Despois veu a traerme unha das chilenas a primeira pista do agasallo de Ian. A miña habitación era a primeira pista, que consistía nunha bolsiña de gominolas co papeliño que lle indicaba onde atopar a seguinte pista. As demais cousas foron un minitrípode para a cámara de fotos e unha luz USB para o portátil. Os IBM non precisan, nonsí? :-)
Despois baixei e traballei un pouco polo balbordo da festa, que non me deixaba durmir, até que apareceu Cristian no MSN e me comentou que ía ver Los Serrano, pero non o derradeiro capítulo. Así que decidín ir a velo con el. Ao final vimos dous capítulos co cal rematamos ás 4 e media da mañá...
10/07/2005 13:14

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.