
Pois como supoño que teredes oído, houbo eleccións en Alemaña esta domingo. Por suposto o que eu agardaba era que a
Merkel da
CDU-CSU (Unión no gráfico e equivalente ao PP alemán) non puidese coaligarse cos liberais do
FDP, como finalmente así ocorreu, por sorte. Agora o problema está en que os socialdemócratas do
SPD con
Gerhard Schröder á cabeza e os
Grüne (Verdes) de
Joschka Fischer se deciden a pactar finalmente cos
Die Linke (postcomunistas) de
Oskar Lafontaine para polo menos formar goberno. O problema é que tando
CDU-FDP como
SPD-Grüne non se van reunir cos
Die Linke, así que non sabemos o que vai pasar.
Aquí tamén hai escano díscolo en Pontevedra, porque no bundesland de
Sachsen (Saxonia) morreu unha canditada ultradereitista (menos mal) e haberá que agardar supoño a que elixan outra candidata.
Máis información en galego en
Vieiros e en alemán no
Tageschau.

Autor: Miguel González
Nunca uno se debe alegrar de la muerte de otro ser humano, incluso aunque sea un candidato de la extrema derecha.
En otro orden de cosas, la verdad, es que a mi el Schroëder me cae como una patada en "santas sean las partes" pero entre él y la repulsiva Angela Merkel... Es como escoger entre lo malo y lo pero.
Espero que al tener que pactar con Joschka Fischer y con Lafontaine el programa de gobierno tenga (al menos) un ligero cambio a la izquierda... Parece que los europeos por fin empezamos a darnos cuenta de que los gobiernos de derechas SIEMPRE nos perjudican.
Fecha: 19/09/2005 14:15.

Autor: calvaris
Eu tamén opinaba o mesmo sobre a morte dunha persoa, pero unha vez díxome alguén: Xa morren inocentes todos os días, porque morra un cabrón de vez en cando non pasa nada...
Exactamente, hai que escoller a opción menos mala. O problema do partido de Lafontaine é que nel están os antigos integrantes do Partido Comunista da antiga RDA, represores e máis carallada, aínda que de todos os xeitos, agardo que todo sexa favorábel.
Fecha: 19/09/2005 16:10.