
Hoxe tiña cita co médico cedo, así que así nos erguemos. Collemos uns pasteis e voltamos para Allmandring a traballar. Coma sempre ás doce y pico fomos para a Mensa e despois de xantar con Laura até o IFA. Ao saír fun no U1 até Vaihingen a enviar un fax e como perdín un bus aproveitei para mercar unhas cantas cousas no Kaufland. Á volta vin en
Vieiros unha nova sobre o
Gerador de poesia galega" de Aduaneiros sem Fronteiras, que me causou impacto e coa miña ansia de meter máis cousas no meu
Liferea (lector de RSS), pois tamén metín do
Aduaneiros. Estiven a fedellar un cachiño e foi onde descubrín o
Cartão Nacional de Identidade que me namorou. Está xenial e tamén ten versión
Passaporte. O carallo é que non hai ningunha versión sen datos :-( . Tamén teñen unha
lista de fontes típicas galegas moi xeitosas.
Despois traballei outro pouco no proxecto cando me chamou Jose (o da foto) para se despedir, que marchaba de volta para
Chile. O día que marchou
Ian había así coma 15 persoas para despedilo. Hoxe para Jose, só ficabamos uns 6. Triste, pero así é o conto.
Despois fun buscar a Laura, coa intención de irmos a ver o
Zahnradbahn que non puideramos ver onte correctamente, pero decidimos mellor ir a Schloßplatz, que había unha feria por alí. Tiñamos a intención de comer unha Bratwurst, pero curiosamente non había. O que sí había era moitas bandas de música, entre as cales había unha de ingleses que era un pouco paiasos, pero moi divertidos... Á volta fixen un pouco o parvo con Kash coa espada láser e baixamos con Marcus e mais el a preto do lago, que hai un festival de música que non nos vai deixar durmir. Tomamos unha Bratwurst e unha
Radler, que é unha cervexa con limón. Despois voltamos xa para casa a escribirmos o weblog e tentaremos deitarnos, aínda que con esta música non sei se o conseguiremos.
Unha cousa que lin en
El Pais sobre a Wikipedia é que contan a trasnada que fixeron no
artigo do papa Bento XVI, que ao parecer se pasou ao
Lado Escuro da Forza, aínda que eu xa achaba que estaba nel. Acabo de comprobalo, pero xa o puxeron de novo ben, que antes era a do
Emperador Palpatine."
Noutra orde de cousas, esqueceume contar onte, que boto tanto de menos a programación para
GNOME que me implementei o
g_assert, que me parece vitalísimo.