Calvaris in Deutschland

Temas



publicidad

¿Y estos anuncios?

Enlaces

Migración

Outros blogs

Outras webs

Novas varias

Archivos

 

Zahnradbahn

20050804.jpgPois hoxe erguémonos tarde, e entre unhas cousas e outras xa fomos case directamente xantar á Mensa. Despois coma sempre, con Laura até as súas clases e eu de volta a traballar onde por fin puxen a andar o bendido ccache. As estatísticas que acabo de facer (sempre despois dun make clean) dánme os seguintes resultados:

  • 1:17 con todo na caché

  • 3:33 sen usar ccache

  • 4:04 coa caché baleira. Por por de ter que facer os hashes e todo iso
  • .

Como se pode comprobar o uso de ccache aforra moito traballo, sobre todo cunha configuración que non usa Automake, só Autoconf e que cada vez que troco un ficheiro de cabeceiras, fórzame a facer un make clean . Quizais poidese facer algo para arranxalo, pero co ccache xa teño unha boa solución.
Ao chegar a hora, fun buscar a Laura e marchamos a probar un novo método de transporte que descubrín no mapa do U-Bahn. Trátase do Zahnradbahn ou tren da roda dentada, que vai dende Marienplatz até Degerloch. Así que alá nos fomos e puimos comprobar que era como se ve na foto, que provén da Wikipedia. Tendo incluso na parte de atrás (ou de adiante, segundo o sentido no que o collemos nós) un remolque para levar bicicletas (só as bicis, os ciclistas teñen que ir dentro). Foi bastante interesante, lembroume un pouco á miña liña preferida de transposte da cidade, que é algo un pouco exótico. A ver se mañá levamos a cámara para facer unhas cantas fotos ás vistas...
Ao rematarmos voltamos para casa, onde nos puxemos a traballar até agora. Xa nos deitaremos en breve, que temos que erguernos moi cedo mañá.
04/08/2005 21:50

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]