Calvaris in Deutschland

Temas



publicidad

¿Y estos anuncios?

Enlaces

Migración

Outros blogs

Outras webs

Novas varias

Archivos

 

Ludwigsburg

20050403.jpgHoxe erguirme cedo (10:00) para ir a Ludwigsburg. Non nos fixo falta mercar billete porque se podía chegar en S-Bahn, e agora que temos a tarxeta para toda a rede... había que usala.
Chegamos e comezamos a andar cara o castelo. Chegamos a unha praza moi chula onde había dúas igrexas, unha delas ortodoxa. Decateime cando entrei e oín ao fulano cantar en grego e facer a misa de costas.
Despois fomos ao castelo que ten esta pinta. Por dentro era bastante chulo. Foi construido polo Conde Friedrich (creo que se escribe así), que despois foi nomeado Rei por Napoleón. O fulano medía 2 metros e pesaba 200 kg.
Fóra había uns xardíns, que son os que se ven na foto e polos que había que pagar 3,30€, así que pasamos e fómonos deitar á herba que había xusto fronte a isto. Isto foi despois de xantar un Kebap, pero que non estaba tan bo coma os do Anatolien de Stuttgart.
Despois xa voltamos cara casa. Na estación eles quixeron meterse nun rexional, pero eu non sabía se coa nosa tarxeta podiamos pasar gratis, así que Désirée e mais eu decidimos agardar ao seguinte S-Bahn cara Schwabstraße, que chegou 3 minutos despois :-)
Ao final chegamos ao mesmo tempo e puiden escoitar case toda a segunda parte do partido do Depor (FORZA DEPOR) e ver como Alonso fora gañador outra vez (Forza Alonso!).
03/04/2005 23:34

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]