Calvaris in Deutschland

Temas



publicidad

¿Y estos anuncios?

Enlaces

Migración

Outros blogs

Outras webs

Novas varias

Archivos

 

As escaleiras

20050402.jpgHoxe á mañá fíxenme pasar por Cristian para ira á excursión das escaleiras na que só había 20 prazas, porque era a andar pola cidade. Pasamos pos sitios moi chulos, entre eles o mercado de segunda man onde había unha moza que me pedía 0,50€ por un raiador de ovo e outro que por un soldadiño de chumbo 18€. Rematamos arriba de todo dun monte onde había unhas vistas caralludas da cidade. Laura terá a oportunidade de velas en tan só 18 días!
Despois xantamos Kebap e fixemos algo de compra. Os fineses mercaron algo para a cea que nos fixeron á noite, que consistiu en puré de patacas con carne de reno (si, o de Papá Noel) e un pouquiño de marmelada de morango. A verdade é que estaba caralludo, sobre todo a tarta que veu despois...
Despois estiven tentando arranxar o Skype dunha das finesas, pero o programa morría cun erro fatal de que non podía conectar. Despois din que Windows é sinxelo, pois eu nin puta idea :-) Quizais sexa un problema da nova versión de Skype, porque lle quitei todos os firewalls, pero é unha cousa moi rara.
Pois nada, déitome, que mañá temos viaxe a Ludwigsburg.
03/04/2005 19:10

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]