Calvaris in Deutschland

Temas



Enlaces

Migración

Outros blogs

Outras webs

Novas varias

Archivos

 

75 céntimos

Iso foi o que me devolveu RENFE hoxe por chegar 20 minutos tarde o tren que me trouxo á estación de Pontevedra. Podería ser un pouco máis se tivese collido o billete dente A Coruña até Pontevedra, pero para aforrar cólloo até Santiago e dente Santiago até Pontevedra, que me sae así como 80 céntimos máis barato, pero o problema é que o tren chegou hoxe a tempo a Santiago, pero non a Pontevedra, co cal só podo cobrar a indemnización de Santiago a Pontevedra. De todos os xeitos, aínda non gañando hoxe, gaño todos os días que viaxo, co cal non me arrepinto.

Outra cousa que fixen hoxe foi pór unha reclamación tamén a RENFE pola modificación da interface da súa páxina web de venda de billetes. Resulta que para pagar con Carné Xove hai que pór o número, que neste caso é igual ao DNI (xa me gustaría), pero cuxo campo está desactivado e que se debería activar ao seleccionar no despregábel a opción do citado desconto, que por suposto, non ocorre nada máis que no Exploter de Hasefroch, así que, reclamación ao canto.

Antes pasaba algo semellante, que era, que este campo estaba activo até que seleccionaba a opción do desconto, co que desaparecía, é dicir, xusto ao revés do que debería. O que facía até que o trocaron facéndoo imposíbel, era escribir primeiro o código, e despois seleccionar o desconto, e aínda desaparecendo, ese código era enviado, co cal non pasaba nada, aínda que non deixa de ser un truco un tanto noxento.

19/11/2005 00:45

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.